Publicado por: MontePituco | 18/06/2015

O MONTE PITUCO, DENDE O MEDIO DA RÍA

Hai uns días tivemos a oportunidade de navegar pola ría de Pontevedra a bordo dun veleiro, pasando fronte o porto de Marín, o paseo Alcalde Blanco e a Escola Naval. Puidemos obter imaxes da fachada litoral da vila, co Monte Pituco (Pornedo), coroando o núcleo urbán. Contemplando estas fotografías resulta incomprensible xustificar o interese da Xunta, do Concello de Marín e dos seus ‘aplaudidores’ incondicionais por esnaquizar o Monte Pituco co polígono industrial proxectado no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais e no PXOM.

Habendo leis que protexen a paisaxe e o medio ambiente, é inconcebible que alguén con sentido común poida avalar semellante disparate. Habendo interese por parte do Goberno local de desenvolver un Plan Turístico municipal, resulta demencial que un responsable político poida estragar de forma irreversible a ‘postal’ que poida conservar na súa retina calquera persoa que veña visitar Marín. Habendo tanto potencial no sector náutico, con usuarios de alto nivel adquisitivo que viaxan nas súas embarcacións dende países como Inglaterra, Francia ou os países nórdicos atraídos -a través do simple boca a boca- pola beleza da ría de Pontevedra, é ilóxico e contraproducente que, en vez de potenciar a imaxe do Concello con accións de protección e conservación dos recursos naturais, se destrúa con taludes, recheos e formigón unha parte tan sensible da xeografía marinense: nin máis nin menos que o ‘balcón da ría’.

Vista do Monte Pituco dende a ría.

Desde calquera ángulo é perceptible a vista do Monte Pituco: diante do porto comercial, diante das grandes naves de almacenamento, diante da avenida de Ourense e do Edificio Raimundo Vázquez, diante da terminal cuberta de Ceferino Nogueira, máis lonxe, ou máis preto… o Monte Pituco e o Alto da Encavada presiden a fachada marítima do centro urbán do Concello de Marín. É obxectivamente indiscutible. O contrario é non ter ollos na cara, ou negarse a quitar a venda da senrazón, ou directamente defender o indefendible porque si.

Vista de Marín dende a ría.

Vista do Monte Pituco dende a ría.

Vista do Monte Pituco dende a ría.

Vista do Monte Pituco dende a ría.

Vista do Monte Pituco dende a ría.

Vista do Monte Pituco dende a ría.

A continuación seguen imaxes da ruta marítima completa, que partiu do porto de Combarro.

[Premer na ligazón Ler Máis]

Navegando pola ría de Pontevedra.

Saída dende o porto de Combarro

Navegando pola ría de Pontevedra.

Navegando pola ría de Pontevedra.

Vista hacia Campelo, Poio

Navegando pola ría de Pontevedra.

Vista hacia a desembocadura do Lérez, con Ence ao fondo

Navegando pola ría de Pontevedra.

Illa de Tambo

Navegando pola ría de Pontevedra.

A carón da illa de Tambo cruzámonos co iate Valoria, do fundador de Inditex, Amancio Ortega, que fondea habitualmente nestas augas. Un dos empresarios máis ricos do mundo, na ría de Pontevedra

Vista de Marín dende a ría.

 

 

Vista do porto de Marín

Navegando pola ría de Pontevedra.

Vista da desembocadura da ría de Pontevedra

Navegando pola ría de Pontevedra.

A illa de Tambo, co faro de Tenlo

Vista de Marín dende a ría.

Vista da Escola Naval de Marín

Vista do Monte Pituco dende a ría.

 

Marín, ao fondo

Vista de Marín dende a ría.

Vista de Marín, hacia a zona das praias

Navegando pola ría de Pontevedra.

Polígono de bateas en augas de Poio

Navegando pola ría de Pontevedra.

Navegando pola ría de Pontevedra.

Navegando pola ría de Pontevedra.

Volta a Poio, pasando a illa de Tambo

Navegando pola ría de Pontevedra.

Navegando pola ría de Pontevedra.

Navegando pola ría de Pontevedra.

Navegando pola ría de Pontevedra.

Parte posterior da illa de Tambo

Navegando pola ría de Pontevedra.

Navegando pola ría de Pontevedra.

Navegando pola ría de Pontevedra.

Punta Tenlo, co faro

Navegando pola ría de Pontevedra.

Vista de Marín, co porto en primeiro termo

Navegando pola ría de Pontevedra.

Tambo, Tenlo e Pontevedra ao fondo

Navegando pola ría de Pontevedra.

Navegando pola ría de Pontevedra.

Deixando atrás Tambo, co iate Valoria fondeado a carón da illa

Navegando pola ría de Pontevedra.

Esta viaxe pola ría non tería sido posible sen o veleiro No Celulosas, patroneado por Juan Carlos Pérez.

Moitas grazas!

A APDR no veleiro No Celulosas

Este sábado, Marcha contra Celulosas organizada pola Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra. Saída ás 19:30h dende as alamedas de Marín e Pontevedra.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: