Publicado por: MontePituco | 17/06/2015

ESTE SÁBADO, HOMENAXE A XAN MONTENEGRO

Homenaxe a Xan Montenegro

Este sábado ás 12:30h, diante do monumento de homenaxe a Xan Montenegro, no lugar do Carballal, en San Xulián, celebrarase un novo acto de lembranza a este benquerido veciño da parroquia, con motivo do seu 4º cabodano. Como pasa o tempo!

Para a Asociación Monte Pituco, este encontro terá unha significación especial, trala creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, que abrangue o patrimonio ambiental e prehistórico do Monte Pituco (Pornedo), que Xan Montenegro tanto contribuíu a promocionar e defender das agresións que sufría, fronte á incomprensión das Administracións, e á insensibilidade de propios e estranos.

Quen sabe se algún día sexamos quen de recuperar, de desenterrar da vergoña e do esquecemento, o petroglifo que Xan Montenegro intentou protexer cando as obras da Variante de Marín converteron a fermosa carballeira e o regato do Pornedo nun antiestético terraplén e nun recheo de áridos que levou por diante un anaco da nosa historia, que quedou sen catalogar…

Faro de Vigo, 26 de xuño de 2011. Artigo de Álvaro Arizaga sobre Xan Montenegro.

[Artigo do arqueólogo marinense Álvaro Arizaga, publicado no Faro de Vigo, 26 de xuño de 2011]

Pero ademais dunha persoa que entregou unha parte importante do seu tempo a loitar pola mellora da parroquia a través da Asociación de Veciños de San Xulián -que nunca voltou ser o mesmo sen o seu liderado-, un firme defensor do monte veciñal, un divulgador do noso patrimonio e un promotor da nosa cultura, Xan Montenegro destacou tamén polo seu compromiso coa protección da ría.

Precisamente, a Asociación Pola Defensa da Ría​ -da que era socio- vaille dedicar a Xan Montenegro a Marcha contra Celulosas que se celebrará esa misma tarde, con saída ás 19:30h dende as alamedas de  Marín e Pontevedra. O alento e a enerxía de Xan impulsará os pasos dos asistentes a esta mobilización, para reclamar a recuperación da ría para a explotación racional e sostible dos seus recursos pesqueiros e marisqueiros, do seu potencial turístico e paisaxístico.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: