[Praga de herba da Pampa no Monte Pituco, a carón da Variante de Marín, antes do tratamento con glifosato realizado pola Comunidade de Montes de San Xulián]
[A zona na que se localizan as plantas da herba da Pampa, trala aplicación de glifosato, un herbicida clasificado como produto “potencialmente canceríxeno” pola Organización Mundial da Saúde]
[Detalle das plantas trala aplicación do herbicida]
A Asociación Vaipolorío organiza este sábado 30 de maio unha xornada práctica sobre a erradicación da herba da Pampa, que se vai realizar nas marxes do río Tomeza (Gafos).
O punto de encontro para as persoas interesadas en coñecer a experiencia deste colectivo ambiental é diante da Estación de Autobuses de Pontevedra, ás 10:30 horas.
Vaipolorío facilitaralles aos participantes as ferramentas necesarias para realizar os traballos indicados. Na xornada van colaborar alumnos e alumnas do Programa de Voluntariado Europeo Erasmus+.
Deixar unha resposta