Publicado por: MontePituco | 13/02/2015

NOS MONTES DE CUNTIS E CAMPO LAMEIRO XA SE PREPARAN CONTRA OS INCENDIOS

Foto da visita.

[Visita do delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, aos montes de Cuntis e Campo Lameiro. Tamén acudiron o alcalde de Cuntis, Antonio Pena, os presidentes da comunidade de montes, o xefe territorial de Medio Rural e do Mar, Miguel Dubois, e o xefe do Servizo de Incendios, Manuel Francisco].

Dúas comunidades de montes de Cuntis e outras dúas de Campo Lameiro veñen de realizar diversas obras de prevención contra os incendios forestais, que foron sufragadas con axudas económicas da Consellería de Medio Rural e do Mar.

Concretamente, traballouse na limpeza de 40 hectáreas de monte, cun investimento de 21.865 euros, dos cales a Xunta achegou 13.824, procedentes -en parte- de fondos europeos. O novidoso desta actuación é que a petición da subvención presentárona conxuntamente as comunidades de montes de Gontade e Cequeril, de Cuntis, e de Cimadevila e Casiñas, de Campo Lameiro. Así, de forma agrupada, foi posible que a iniciativa contara cunha maior puntuación na valoración do proxecto para a concesión da axuda.

Precisamente, a Xunta acaba de anunciar a convocatoria de dúas subvencións, cun orzamento global de 8 millóns de euros, fronte aos 3,3 millóns que houbo dispoñibles en 2014. Estarán dirixidas a apoiar accións de control selectivo de vexetación en devesas, faixas auxiliares de pista, rexenerado forestal, roza, rareo e eliminación de restos, así como á construcción de puntos de auga. Deste xeito, pretenden reducir a carga de combustible no monte, e crear zonas de discontinuidade horizontal e vertical, reducindo o risco de propagación de incendios e minimizando os danos que puideran causar as lapas.

Como novidade, a liña de axudas ábrese este ano a tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras, ademais de selección de abrochos en rexenerado de eucalipto e eliminación de acacias. Poderán optar a esta convocatoria todos os montes veciñais en man común de Galicia, agás aqueles consorciados coa Administración, que poderán facelo sobre a superficie non consorciada. A superficie mínima por expediente será de 100 hectáreas.

Segundo os datos da Xunta, o ano pasado na provincia de Pontevedra investiuse un millón de euros en 110 actuacións de prevención e loita contra o lume, con achegas do 80% por parte do Goberno galego. Construíronse 17 pozos de auga e limpáronse 1.825 hectáreas de terreo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: