Publicado por: MontePituco | 09/12/2014

FRANCISCO CARBALLO, IN MEMORIAM

Sermos Galiza, decembro 2014.

Hai 10 días produciuse o pasamento do ‘padre’ Francisco Carballo, que será soterrado este sábado na súa Maceda natal. Este venres celebrarase un funeral na súa memoria na igrexa parroquial de San Xulián, ás 18:00 horas.

O mundo da cultura, da literatura e da política galega veñen loubando a calidade humana de Francisco Carballo, o seu compromiso coa xustiza e coa igualdade, a súa fidelidade ideolóxica co galeguismo, a súa destacada contribución no eido intelectual.

Se Maceda foi o seu berce, en Marín botou parte das súas raíces, non só no sacerdocio, senón tamén na docencia. Os seus fregueses, alumnos e veciños estrañamos a súa figura vitalista, a intensidade da súa voz, o seu discurso firme, o seu carácter xeneroso.

No número 125 de Sermos Galiza son varias as firmas que repasan a súa traxectoria vital, con reflexións e recoñecementos ao seu legado.

“Francisco Carballo, grazas por teres sido tan digno galego: por unires ciencia, fe cristiá e patriotismo. Oxalá que sexamos merecentes do teu exemplo”. (Pilar García Negro, profesora da USC e escritora)

“Nada que tivese que ver co coñecemento da nosa biografía colectiva lle foi alleo. Soubo escoitar no toldado rumor dos séculos, soubo ler nas pegadas do camiño do retorno da longa noite dunha historia que nos foi imposta. Soubo darnos o noso rostro antigo, a ollada transparente das pupilas do noso pasado. Nada que mancara ao ser humano que nos habita aos galegos lle foi alleo. Tiña un corazón co tamaño da nosa esperanza, no que cabían todos os soños dun pobo cuxo destino era o seu propio destino humano”. (Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega)

“Activista e intelectual, o perfil de Francisco Carballo debúxase desde a proximidade da confianza da que facía gala até a altura da dignidade e honestidade que mantivo sempre, vertida tanto nos seus traballos como investigador como nos seus posicionamentos políticos e vitais”. (Carme Vidal, xornalista)

“Gañábase o respecto porque sabía oír. Unha das palabras que máis se repite nos seus escritos é “inculturación”. Falaba con calquera, e sempre cun sorriso transmitindo unha imaxe que o fixo eternamente mozo. Ter a Carballo ao lado dábache unha especie de impulso moi positivo. Moita xente o sentiu como exemplo”. (Xan Carballa, coautor -con Santiago Prol- do libro Conversas con Francisco Carballo)

Descanse en paz, ‘padre’ Carballo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: