O vindeiro domingo 21 de decembro -ás 4 da tarde en primeira convocatoria e ás 6 da tarde en segunda convocatoria- celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria da Comunidade de Montes de San Xulián. Na orde do día, segundo se anticipou nos avisos distribuídos en diversos paneis informativos, hai seis temas:
-Lectura da acta anterior
-Informe de contas
-Creación da Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo entre as comunidades de montes de San Xulián, San Tomé, Vilaboa e Santa Cristina
-Censo de comuneiros
-Informe de xestión
-Pregos e preguntas
Bótanse en falta varias cuestións importantes:
-As negociacións que mantivo a directiva da Comunidade de Montes de San Xulián co Concello de Marín e con ACUAES para definir o trazado da nova rede de abastecemento de auga que atravesará parte do noso monte veciñal e conlevará a construcción dun depósito de auga en Pardavila
-A reorganización de cargos na directiva da Comunidade de Montes e a posibilidade de convocatoria de novas eleccións
…Haberá que agardar ao ‘día de autos’ para comprobar que temas se poñen sobre a mesa, que polémicas xorden polas obras e os cartos, que proxectos se anuncian.
Deixar unha resposta