Esta mesma semana aparecía na prensa local unha noticia breve sobre a tramitación do proxecto de Acuaes:
Acuaes modificará el trazado de una tubería en Louredo, Lourizán
02.12.2014
La empresa pública Acuaes ha aceptado la petición de unos vecinos de Louredo, en Lourizán, para modificar el trazado de la red de abastecimiento de agua a Marín y Vilaboa que transcurre por la parroquia. La tubería afectaba a varias fincas particulares. La directora territorial de Acuaes, Isabel Pérez Espinosa, explicó personalmente a los vecinos el nuevo trazado.
Comezamos este mes de decembro visualizando o avance das obras de instalación da nova rede de abastecemento de Acuaes dende terreos de Pontevedra cara a territorio marinense. As máquinas xa despexaron de arboreda, pedras, maleza e outros obstáculos o trazado polo que van discorrer os tubos, que xa foron trasladados ata o lugar onde se van abrir as zanxas para ser soterrados.
Estas imaxes foron tomadas na estrada de Figueirido, na curva anterior ao desvío ao campo de fútbol de Salcedo, en territorio da Comunidade de Montes de Lourizán.
A franxa de terreo que foi acondicionada polas máquinas ocupa uns 20 metros de ancho. Neste punto do trazado chegará un momento -cando as obras se poñan en marcha- que a estrada quedará cortada para que os operarios poidan picar o asfalto e avanzar en dirección á fronteira con Marín.
En Marín o proceso de alegacións rematou a finais de novembro. DEFENDE O MONTE PITUCO reclamou para rexeitar o trazado das tubarías atravesando o Monte Pituco.
Son varias as obxeccións que presentou este colectivo ao itinerario elixido finalmente por Acuaes, en colaboración necesaria co Concello de Marín e coa Comunidade de Montes de San Xulián:
-Por unha banda volven castigar o Monte Pituco cunha nova obra de infraestruturas, por se non houbera abondo anteriormente coa liña de alta tensión ou a variante. Por se fose pouco, Acuaes contradise de forma flagrante porque no periodo de alegacións anterior ACEPTARAN a alegación deste colectivo para que fose descartada a instalación dunha canalización entre a estrada de Figueirido e a pista forestal, á altura da arboreda do Pituco. Se daquela estiveron de acordo en non cometer esa agresión, por que nesta ocasión deciden que os tubos pasen precisamente ao longo da pista forestal e logo atravesen a zona da antiga área de lecer ata enlazar coa pista de servizo da variante.
-Se no primeiro trazado estaba previsto que os tubos pasaran pola ponte sobre a variante, a carón do desvío aos lugares de Souto e Arealonga, como é que nesta ocasión xustifican que as Administracións públicas propietarias desas estradas non autorizan o paso por estes viais, o que motivaría como alternativa que as tubarías vaian pola pista forestal. Por que no primeiro proxecto tiveron permiso deses organismos e agora deciden variar o paso alegando que carecen desa autorización.
-Á vista do ancho da franxa aberta en Lourizán, dubidamos que o conxunto rupestre de Pinal de Caeiro, en Marín, a carón da vía de servizo da variante, non sufra danos irreversibles, por moito que no proxecto se contemple a protección destes gravados arqueolóxicos catalogados como Bens de Interese Cultural. Tamén cómpre chamar a atención sobre o movemento de terras que se fará na antiga área de lecer do Monte Pituco, onde foi aterrado un petroglifo que estaba pendente de catalogación.
En DEFENDE O MONTE PITUCO agradeceriamos que Acuaes tivera a mesma deferencia cos veciños dos lugares de Pena e Caeiro, igual que a tivo cos habitantes de Lourizán, para explicarlles se as súas alegacións ao proxecto foron aceptadas ou non, cal sería o trazado definitivo, e o plan de obra en canto a prazos de execución e medidas de seguridade.
Quedamos á espera. E sentados.
Deixar unha resposta