Publicado por: MontePituco | 25/11/2014

OUTRO 25-N NO MONTE PITUCO: MULLERES, SEMPRE…

25-N no Monte Pituco.

Muller, fún mar. Mar
silenciada
por costumes que chegan da "Caverna".

Estática e caudal xa desde a cima
do sangrar remansado lúa a lúa
do fuxitivo Tempo. Os meus sentidos
                         dobréganme.
Só muller, só Airón. Vívido anceo.

Soamente muller ande a ansiedade
vestía de arcoiris e luceiros.
De túneles de noite. Iconos doces.
Lascivas lúas. Sede encarcerada.
Pebeteiros en claves plenilunios...

Só o rescaldo son. Muller transida
de mar, cinzas sereas e orballadas.
Alicerce ás nostalxias que amamanto.
Un amarelo mar con luz de enigma.

Ou, a mar desvivida nas lembranzas.
Desfollo os nonmeolvides. As corolas
daquelas margaritas en conxuro
que ó pé de tí meus dedos desfollaban.

O "si" e o "non" sumerxen a tenrura
nun surtidor de fábulas e olvidos.

Pura Vázquez: "Man que escribiu no mar" (1993)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: