O titular é totalmente desatinado e non responde ao texto do que se toma a información. A creación da Fundación Lago de Castiñeiras non é hipocresía; de feito, no artigo dise que “ogallá” na asemblea de comuneiros de San Xulián -cando por fin se aborde esta medida- sexa aprobada. E que sexa para ben, con rigor na xestión forestal e con honradez na xestión dos fondos económicos que reciba esa nova entidade. A hipocresía e a incoherencia que se critica é a dos concelleiros da Corporación marinense que votaron a favor de apoiar a creación da Fundación Lago de Castiñeiras, mentres que o Monte Pituco -que tamén posúe riqueza cultural e patrimonial, valores medioambientais, importancia paisaxística e potencial turístico- foi clasificado no PXOM marinense cos votos deses concelleiros.
Publicado por: MontePituco | 19/11/2014
PARA O FARO: A HIPOCRESÍA É DOS POLÍTICOS
Publicado en Denuncias, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Concello de Marín, Monte veciñal, Prensa
Deixar unha resposta