Publicado por: MontePituco | 23/10/2014

CASTRO DAS CROAS, EXEMPLO DE RECUPERACIÓN+PROMOCIÓN DO PATRIMONIO

Faro da Cultura (Faro de Vigo), 23 de outubro de 2014.

Artigo do arqueólogo Alberte Reboreda no suplemento Faro da Cultura:

“No ano 1991 os comuneiros da parroquia de Salcedo (Pontevedra) daban unha lección de civismo, cultura e sensibilidade. Na vez de darlle sebo ás canelas, comunicaron ás autoridades e ao Museo de Pontevedra a aparición dunha pedra gravada no transcurso dunhas obras que realizaban nuns terreos da súa propiedade co obxecto de construír un campo de fútbol…”

“Visitas guiadas, participación das asociacións veciñais da parroquia, voluntariado, rexistro audiovisual, charlas divulgativas dos responsables da excavación e de antropólogos como Buenaventura Aparicio e Rafael Quintía, a campaña que vén de rematar nas Croas destacou polo seu enfoque participativo, divulgativo e transversal, unha tríada que calou con forza na arqueoloxía galega de hoxe e que serve para que a cidadanía no seu conxunto, especialmente a local, tome conciencia do patrimonio cultural que é seu. Como di Fernando Pintos, o presidente da CCMM de Salcedo, “descubrimos que hai algo importante que temos que conservar, recuperar e custodiar”.

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: