Publicado por: MontePituco | 11/09/2014

PRESENTACIÓN DA FUNDACIÓN LAGOA DE CASTIÑEIRAS-COTORREDONDO

Tarefas de desbroce en Cotorredondo a carón da lagoa de Castiñeiras

O pasado xullo citábanse na Lagoa de Castiñeiras a alcaldesa de Marín e o seu homólogo de Vilaboa co delegado da Xunta en Pontevedra para anunciar a adopción dunha serie de medidas que pretendían mellorar o estado -bastante deficiente- no que se atopaba a Lagoa de Castiñeiras. Un mes despois deuse a coñecer que as comunidades de San Tomé e San Xulián de Marín, xunto coas de Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, máis os dous concellos implicados, a Deputación de Pontevedra e a Xunta, constituirían unha fundación para xestionar as 70 hectáreas de terreo que abrangue o contorno de Castiñeiras e o miradoiro de Cotorredondo.

Mañá pola mañá, na Casa de Montes de San Xulián, vaise escenificar a presentación desa Fundación.

Entendemos que se trata é unha manobra política do PP e da alcaldesa de Marín pola sintonía ideolóxica coa directiva dos comuneiros; mais tamén como unha acción -a todas luces propagandística- de promoción da “imaxe” dunha comunidade de montes que non se caracteriza precisamente pola xestión sostible dos recursos forestais, nin polo respecto ao patrimonio histórico e cultural -como fan outras comunidades “intelixentes”: Salcedo, Mourente, Tourón, Santa Cristina da Ramallosa, Lantaño, Combarro, Amoedo…- ante a reiterada negativa por parte de San Xulián a poñer en valor os numerosos xacementos arqueolóxicos existentes no seu ámbito territorial. 

Outro exemplo criticable -por máis que o defendan como unha demanda veciñal- é a recente remodelación/destrucción dun antigo camiño de carro cos seus elementos etnográficos. Por non falar do “posicionamento” da directiva veladamente a prol do proxecto de construcción dun polígono industrial no Monte Pituco, ou a progresiva descapitalización do monte comunal de San Xulián: cesión de terreos para a circunvalación, o tendido eléctrico, as obras da rede de abastecemento de auga, o campo de manobras militares da Brilat.

Nin todo o branqueante do mundo pode mudar -no que dura unha simple rolda de prensa- unha traxectoria tan negativa cara ao monte veciñal que en teoría deberan defender.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: