Publicado por: MontePituco | 08/08/2014

O DOMINGO 24 DE AGOSTO, ANDAINA POLO PITUCO

Andaina polo Pituco, 24 de agosto ás 10:30h.

Amigos e amigas do Monte Pituco

Como quen non quere a cousa, un pequeno grupo de afeccionados ao medio ambiente, o patrimonio e a cultura demos en organizar unha andaina polo Monte Pituco o vindeiro 24 de agosto, con saída ás 10:30h dende a arboreda situada a carón do propio monte, preto do cruce co Regueiriño.

Queremos facela aberta a todas as persoas que teñan interese en pasar unha mañá en contacto coa natureza, admirando arte rupestre, percorrendo camiños, curiosando plantas e animais, escoitando antigas lendas sobre estrañas luces e fermosas mouras, relaxándose cunha paisaxe incomparable da ría, apreciando o interés dun lugar que non merece acabar convertido nun polígono industrial como pretenden algunhas Administracións e algúns colectivos interesados no suxo proveito económico a costa dun Espazo Natural incluido nos Montes do Morrazo.

Agardámosvos!

https://montepituco.wordpress.com


Deixar un comentario

Categorías