Publicado por: MontePituco | 01/08/2014

O MONTE PITUCO, NO FOLLETO TURÍSTICO DE MARÍN

Folleto turístico 2014 do Concello de Marín.

“Pero Marín es mucho más que mar: el lago de Castiñeiras, paraje de una riqueza botánica y faunística sin igual. Los montes Pituco-Pornedo, Penizas, Gagán, Sobareiro, que nos darán diferentes vistas sobre nuestra ría. Su arte popular, cruceiros, molinos, hórreos… O sus yacimientos arqueológicos, dólmenes, petroglifos, castros…”

[Folleto turístico do Concello de Marín, 2014]

O Concello de Marín inclúe o Monte Pituco (Pornedo) entre as paraxes de interese recomendadas no seu folleto turístico deste verán 2014.

En DEFENDE O MONTE PITUCO celebramos que o Concello lles propoña aos visitantes coñecer o Monte Pituco pola importancia que ten este enclave dende o punto de vista paisaxístico, en plena fachada da ría, polas fabulosas vistas que se observan dende o seu miradoiro natural.

Pero chama a atención que o Concello teña clasificado este espazo como solo industrial -saltándose a catalogación do Monte Pituco como Espazo Natural dos Montes do Morrazo- malia os seus méritos evidentes para terse consolidado como un referente natural, enriquecido cun valioso patrimonio arqueolóxico pola presenza dos petroglifos catalogados de Pornedo, Sete Camiños, Pinal de Caeiro, e as mámoas de Sete Camiños e Catadoiro a pouca distancia.

Tampouco é de recibo que o Concello non teña minimamente acondicionado este contorno, con indicadores que faciliten a chegada dos visitantes, con sinais que marquen a situación dos gravados rupestres e dos monumentos megalíticos, con sinxelos paneis explicativos que informen o público sobre a orixe e as características deses elementos.

Benvido sexa este recoñecemento do Concello de Marín ao Monte Pituco.

Porque DEFENDE O MONTE PITUCO continuará a súa loita incansable a prol da promoción deste Espazo Natural, organizando rutas de sendeirismo, dando a coñecer a súa fauna, flora e patrimonio prehistórico. Como tamén seguirá rexeitando o proxecto de polígono industrial previsto polo Concello e pola Xunta.

Porque un polígono industrial é INCOMPATIBLE coa conservación do patrimonio, co respecto pola cultura e pola natureza, coa promoción do turismo. POLÍGONO NON!

Folleto turístico 2014 do Concello de Marín.

Folleto turístico 2014 do Concello de Marín.

Artigo sobre a inclusión do Pituco nun folleto turístico de 2013:

O Monte Pituco na guía turística do Diario de Pontevedra“.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: