Publicado por: MontePituco | 31/07/2014

PARA QUE SE POÑA EN VALOR O PATRIMONIO RUPESTRE DO PITUCO

Escrito ao Concello solicitando a protección do patrimonio arqueolóxico do Pituco.

Ao transcurrir dous meses da reunión na que a alcaldesa de Marín, María Ramallo, nos informou de que ía producirse unha xuntanza entre os redactores do PXOM e os responsables da Dirección Xeral de Patrimonio na que lle entregarían un informe elaborado por arqueólogos independentes alertando das graves eivas que presenta o Planeamento marinense a respecto da clasificación do patrimonio arqueolóxico (localizacións xeográficas erróneas, identificación de petroglifos prehistóricos con fotos de gravados feitos por Pepito Meijón, entre outros disparates), DEFENDE O MONTE PITUCO presentou esta semana un escrito no Rexistro municipal solicitando unha entrevista coa Concelleira de Cultura para saber o resultado dese encontro, no caso de que chegara a producirse…

Reproducimos a continuación o texto da instancia.

Este colectivo vén demandando dende hai tempo que se realicen accións de limpeza, sinalización e posta en valor do patrimonio arqueolóxico situado non só no ámbito do Monte Pituco (conxuntos rupestres de Pornedo, de Sete Camiños e de Pinal de Caeiro; mámoas de Sete Camiños e Catadoiro), senón tamén noutros puntos da parroquia de San Xulián (petroglifos de Champás e da Carrasca).

Todos estes xacementos forman parte dun proxecto denominado Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños que enlazaría -cunha ruta de sendeirismo conectada coa Lagoa de Castiñeiras- diversos elementos de interese histórico, cultural e etnográfico pertencentes ás parroquias de San Xulián (Marín), Lourizán e Salcedo (Pontevedra) e Vilaboa; unha iniciativa que xa se lle presentou á Concelleira, sen que polo momento se perciba interese por parte do Concello de Marín en impulsala, ao contrario que os municipios veciños de Pontevedra e Vilaboa.

Nun recente encontro coa alcaldesa de Marín, Dna. María Ramallo, trasladóusenos o compromiso do Concello de realizar xestións coa Comunidade de Montes de San Xulián, propietaria dos terreos nos que se atopan estes xacementos, para adoptar medidas conxuntas que garantan o mantemento e conservación destes vestixios prehistóricos, tal e como establece a Lei de Patrimonio de Galicia.

Cómpre destacar algún exemplo recente de localidades próximas a Marín que se ocupan de velar polo estado de conservación deste valioso legado, ao entender que petroglifos e mámoas contribúen a enriquecer a súa oferta turística:

-En Pontecaldelas instalouse sinalización e editáronse folletos explicativos para promocionar o petroglifo coñecido como Pedra do Cervo, situado no monte veciñal de Cuñas.

-O organismo Terras de Pontevedra -ao que está adscrito o municipio marinense- vén de anunciar que a promoción da arte rupestre será un dos eixes da súa nova programación turística.

-A celebración en Pontevedra das “Xeiras do Patrimonio”, que se complementan con visitas guiadas a lugares de interese no rural.

Non se cuestiona o labor que realiza o Concello de Marín na promoción dos petroglifos de Mogor, a través de accións como o próximo convenio coa Consellería de Cultura para a instalación dunha plataforma sobre a área arqueolóxica e paneis explicativos anexos. Tampouco se subestiman as accións vencelladas á difusión do recuperado Castro da Subidá.

La Voz, 29 de xullo de 2014.

Diario, 29 de xullo de 2014.

A Asociación Monte Pituco insiste unha vez máis na necesidade de darlle un pulo a outros xacementos non menos valiosos que os anteriormente citados.

Gravados rupestres como os do Pornedo, Sete Camiños, Pinal de Caeiro, Champás e Carrasca están catalogados e teñen o mesmo rango de protección -como Bens de Interese Cultural- que os petroglifos de Mogor. Este colectivo demanda, pois, un maior esforzo por parte do Concello de Marín, en colaboración coa Administración competente en materia de Patrimonio, e en coordinación coa Comunidade de Montes de San Xulián -que vai comezar a percibir 33.000 euros anuais correspondentes ao canon pola cesión de terreos á Brilat-, para que estes xacementos cheguen a ter, á maior brevidade posible, o mesmo recoñecemento; un logro que pasa necesariamente pola adopción de medidas urxentes de limpeza, acondicionamento e posta en valor.

A Asociación Monte Pituco entende que a situación de desprotección na que se atopan pon en perigo a súa conservación: localización xeográfica e identificación gráfica erróneas no PXOM de Marín que cómpre revisar e corrixir de inmediato; abundancia de materia vexetal –combustible– nas inmediacións dos gravados, que pon en risco a súa supervivencia en caso de incendio; presenza de árbores que, coas súas raíces, ameazan a integridade da laxe na que se atopan os petroglifos; ausencia de balizamento que evite posibles danos asociados a determinadas tarefas forestais, como talas de madeira, recollida de esquilme con medios mecánicos ou tránsito de vehículos de gran tonelaxe.

Ante os argumentos expostos, Defende o Monte Pituco diríxese á Concelleira de Cultura coa seguinte SOLICITUDE:

-Concertar unha entrevista coa Concelleira de Cultura -coa asistencia de profesionais da Arqueoloxía que colaboran con esta Asociación- para expoñer a situación actual deste patrimonio, afondando en cada elemento concreto, e as medidas urxentes que require a súa protección en cada caso.

-Coñecer o resultado das conversas mantidas entre os redactores do PXOM e os técnicos da Xunta en materia de Patrimonio sobre a corrección das eivas que presenta o catálogo de bens arqueolóxicos do Concello; unhas conversas das que nos informou a Sra. Alcaldesa na última entrevista que nos concedeu.

-Presentar os orzamentos dos que dispón este colectivo facilitados por diversas empresas do sector para a realización de traballos de limpeza e sinalización dos petroglifos situados no Monte Pituco.

-Presentar unha proposta de visitas guiadas aos petroglifos da parroquia de San Xulián e a edición dun folleto informativo da ruta ou rutas posibles, para a súa promoción na caseta de turismo, nos establecementos hoteleiros e nos centros educativos de Marín.

-Comentar a posibilidade de extender certas medidas de posta en valor do patrimonio arqueolóxico aos gravados “modernos” de Pepito Meijón, que son abundantes nos montes de San Xulián, atendendo ás recomendacións de expertos en Arqueoloxía e Historia, que avogan polo estudo e catalogación do labor realizado por este singular marinense.

Para completar esta solicitude, inclúese un anexo con fotografías dos conxuntos rupestres citados, así como un dossier informativo coas accións de promoción desenvolvidas en términos similares en concellos veciños encamiñadas á promoción do patrimonio arqueolóxico.

Nese dossier fotográfico figuran os elementos patrimoniais situados no ámbito do Monte Pituco e dos montes de San Xulián, que se relacionan na sección Arte Rupestre deste blogue.

En canto aos exemplos dos que o Concello de Marín pode tomar nota, atópanse próximos. Algúns son mesmo do propio signo político do actual Goberno Local marinense: é o caso do alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, que recentemente visitou o petroglifo de Cuñas, acompañado polo historiador Buenaventura Aparicio, para comprobar a sinalización e o panel informativo instalados no ámbito deste gravado rupestre.

O Concello de Ponte Caldelas emitiu a seguinte nota informativa:

EL CONCELLO DE PONTE CALDELAS PROMOCIONA EL PETROGLIFO DE “PEDRA DO CERVO” CON LA EDICIÓN DE FOLLETOS Y COLOCACIÓN DE SEÑALES INDICATIVAS

La Oficina de Turismo distribuye dípticos con las características de este emblemático grabado rupestre y un croquis para su fácil localización

Ponte Caldelas, 24 de julio de 2014

Operarios del Concello de Ponte Caldelas acaban de instalar señales indicativas de la ubicación del petroglifo conocido como “Pedra do Cervo”, en el monte comunal de Pé da Múa, en Cuñas, para promocionar de forma adecuada su visita por parte de aquellas personas que quieran admirar una de las piezas más emblemáticas del arte rupestre en el municipio.

Simultáneamente, el Concello de Ponte Caldelas ha editado unos folletos explicativos de las características de este emblemático grabado y que cuentan también con un croquis y un mapa de ubicación para una fácil localización por parte de los visitantes. Estos dípticos están siendo distribuidos desde la Oficina de Turismo quien aprovecha la presencia de turistas para ofrecerles la posibilidad de conocer este petroglifo así como el área arqueológica de Tourón.

El petroglifo “Pedra do Cervo” fue objeto hace unos meses de una actuación de recuperación y puesta en valor llevada a cabo por la Diputación de Pontevedra y el Concello de Ponte Caldelas que supuso la limpieza del Petroglifo llevada a cabo por el servicio de arqueología de la Institución provincial, y que culminó con la colocación, por parte de operarios municipales, de un cierre perimetral del espacio que rodea este grabado rupestre y un gran panel explicativo para una mejor comprensión de esta obra de arte pétrea.

A Pedra do Cervo es un petroglifo que, a pesar de los años y la acción del hombre y la climatología, se mantiene en perfecto estado de conservación y con una muy buena definición que puede ser apreciada a simple vista por el visitante gracias a los trabajos realizados por el Servicio de Arqueología de la Diputación de Pontevedra, en colaboración con el Concello de Ponte Caldelas, que hacen que este grabado rupestre se pueda contemplar en su toda su amplitud.

La “Pedra do Cervo” es una de las manifestaciones más singulares que existen en el arte rupestre en Galicia puesto que la precisión plástica de la técnica empleada así como su gran tamaño (es una de las piezas de ciervo más grandes de las que se conservan en la Comunidad Autónoma) la hacen especial.

Para los expertos, la importancia de esta piedra no sólo reside en la belleza intrínseca del grabado y al misticismo que transmite sino al poder de captación de la atención del que la contempla. Seguramente, también fue esto lo que le sirvió de indulto ante la acción destructiva de un cantero anónimo que inició en su día trabajos de perforación en la piedra, pero al percatarse de las graves consecuencias de su actuación, decidió cesar en su empeño para que pudieran disfrutar de este cuadro pétreo las generaciones futuras.

O alcalde de Ponte Caldelas no petroglifo de Cuñas

Sinalización en Ponte Caldelas para o petroglifo de Cuñas.

Marín é un dos concellos que, xunto con Pontevedra, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade e Campo Lameiro, conforma o organismo Terras de Pontevedra que, na súa última xuntanza, acordou facer da promoción da arte rupestre o eixe da súa estratexia de promoción turística.

Diario, 15 de xullo de 2014

Como proba do interese que suscita o patrimonio arqueolóxico, a valoración dos turistas sobre xacementos próximos que xa están musealizados: o parque arqueolóxico de Campo Lameiro e o conxunto rupestre da Caeira, en Poio.

La Voz, 17 de xullo de 2014.

Tamén en Poio, a Comunidade de Montes de Combarro vén de anunciar con entusiasmo a localización de varios gravados rupestres dos que se descoñecía a súa existencia.

Diario, 27 de xullo de 2014.

“A nosa Comunidade ten habilitados algúns roteiros polo noso territorio e sería positivo extender os percorridos ata estes xacementos para que a xente os poida admirar”.

Claudio Quintillán, presidente da Comunidade de Montes Rega dos Agros, de Combarro

Outra Comunidade de Montes exemplar no tratamento do patrimonio arqueolóxico é a de Salcedo, que dende hai dous anos vén organizando a Saída polo Monte en colaboración co Concello de Pontevedra, para dar a coñecer o valioso legado existente no seu ámbito territorial, e sensibilizar a veciñanza sobre a importancia de coidalo e respectalo.

Temos asistido con admiración e envexa a alguna destas actividades, das que se ten dado conta en diversos artigos publicados neste blogue:

II saída polo monte de Salcedo

Roteiro das mouras por Salcedo

Ruta polo monte de Salcedo

Son moitos os exemplos e os argumentos que apoian a reivindicación de DEFENDE O MONTE PITUCO. Agardamos atopar receptividade na Concellería de Cultura para que se senten as bases para a posta en marcha de medidas de recuperación e promoción do patrimonio prehistórico no Pituco en particular e por extensión en San Xulián; posiblemente a parroquia marinense con maior densidade de vestixios arqueolóxicos.

 


Responses

  1. Estimados amigos, despois de ler esta entrada do blog solicitando das administracións públicas unha intervención respecto a riqueza rupestre de Marín, como investigador das Gravuras Rupestres Galegas síntome obrigado a confesar a miña discrepancia sobre as políticas tendentes á divulgación incontrolada de este tipo de bens.
    É unha obriga do Estado, certamente, informar ós cidadáns sobre a súa riqueza patrimonial, e así se ten feito nos últimos anos respecto de certas estacións rupestres. As consecuencias desta política, ó non estar acompañada doutras medidas preventivas, e sen contar co a actitude de moitas persoas que actúan cunha manifesta irresponsabilidade, están tendo consecuencias desastrosas para moitos petroglifos.
    Valen de exemplo os petroglifos de Teo ou Redondela, todos sinalizados, e todos riscados polos visitantes con pedras. Sirven tamén de exemplo A Laxe das Lebres de Poio ou a Pedra dos Mouros de Marín, que de tanto pasar por riba a xente teñen xá pulimento, desgastando gravemente a superficie e máis as gravuras. O mesmo camiño levan outros petroglifos do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.
    Debemos recoñecelo, unha gran de parte dos cidadáns non están debidamente concienciados e se comportan vandálicamente contra estes bens patrimonias. Paradóxicamente teñen afectado máis negativamente as políticas de divulgación colectiva (visitas guiadas e/ou nocturnas, sinalizacións, parques arqueolóxicos, etc), nas condicións de conservación dos petroglifos que a tradicional desidia e abandono das Administracións. É unha situación moi triste pero certa.
    Creo que calquera iniciativa neste sentido debe contemplar sempre o tipo de auditorio ó que vai dirixido, o modo en que se divulga e con que medidas de control conta. Do contrario, podemos quedar satisfeitos de contribuir e acelerar á sua desaparición.
    Mírese como se queira, pero os tempos non son aínda chegados…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: