Publicado por: MontePituco | 30/07/2014

PETICIÓN AO CONCELLO PARA QUE SE ACONDICIONEN AS CUNETAS

Escrito presentado no Concello de Marín, 30/07/14.

DEFENDE O MONTE PITUCO presentou este escrito dirixido ao concelleiro delegado de Xestión das Parroquias do Rural, Pablo Novas.

Nas cunetas da estrada de San Xulián, á altura dos lugares de A Bouza e A Pena, acumúlase unha masa de vexetación importante, que obstaculiza o tránsito dos peóns. Nalgúns puntos, a maleza invade a propia calzada e tapa a sinalización horizontal; noutros, a broza ten medrado tanto que mesmo cobre os quitamedos.

Trátase dunha zona que carece de beirarrúas, cun trazado moi sinuoso e cheo de curvas, e onde o espazo para que as persoas poidan desprazarse a pé é moi estreito. A estes factores engádese o feito de que moitos conductores circulan por aquí a unha velocidade inadecuada. Ao apreciarmos que actualmente existe un problema de inseguridade vial, esta Asociación diríxese ao Concello coa seguinte solicitude:

-Que xestione ante a Deputación de Pontevedra, titular da estrada, a limpeza das marxes desta estrada cos medios materiais e humanos dos que dispoña o organismo provincial.
-Que sexa o propio Concello de Marín o que actúe, en colaboración coa Administración que estime convinte.
-Que, en caso de ser necesario, se contacte cos propietarios das parcelas lindantes coa estrada, se a estes lles corresponde adoptar algunha medida para que a vexetación que medre non poña en perigo o paso dos peóns.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: