Diario de Pontevedra:
“La Xunta se compromete a adecentar el entorno del Lago de Castiñeiras”
“Ao longo da próxima semana a Administración poñerá a disposición do persoal de mantemento un tractor para limpar un pouco a zona. Tamén se comprometeron a reparar o peche de madeira e recompoñelo e, en relación co tema do lixo, vanse instalar máis contedores e sinais para que a xente demposite o lixo neles”, indicó José Luis López. El presidente de la Comunidad de Montes de Vilaboa comentó que “hai vontade por parte da Xunta para acadar unha solución á deixadez do parque, un abandono que eles ao principio non aceptaban como tal, pero que posteriormente recoñeceron debido á falta de medios e persoal”.
Diario de Pontevedra:
“Un técnico del área de Medio Ambiente inspecciona el entorno del Lago de Castiñeiras”
Dende que hai un ano -ou máis- os usuarios do contorno da Lagoa de Castiñeiras comezaran a alzar a voz alertando do preocupante deterioro deste contorno, nin a Xunta, nin os Concellos de Marín e Vilaboa, nin as Comunidades de Montes, deran o paso de adoptar as medidas correctoras necesarias para frear e invertir esta tendencia. Por fin semella que comezan a virar as tornas, xa que nos últimos días os responsables da Administración “perden o cu” por “escenificar” o seu interese, con declaracións públicas e foto incluída.
…O tempo dirá se “lo tuyo es puro teatro” ou se dunha vez poderemos volver pasear por Castiñeiras sen que nos caia a alma aos pés.
………………………………………………….
Ver anteriores artigos relacionados:
–Queixas polo mal estado da Lagoa de Castiñeiras (20 setembro 2013)
–Queixas polo mal estado da Lagoa de Castiñeiras (II) (23 setembro 2013)





Deixar un comentario