Publicado por: MontePituco | 01/07/2014

A LAGOA DE CASTIÑEIRAS: O DETERIORO QUE SE ACENTÚA

Diario, 29 de xuño de 2014.

El pulmón de la comarca de Pontevedra pierde su encanto“, unha reportaxe de Carolina Sertal publicada no Diario de Pontevedra do domingo 29 de xuño de 2014.

…Un pulmón, por certo, que non se pode permitir que a pouca distancia se constrúa -no ámbito municipal marinense- un polígono industrial que, ademais dun impacto visual en plena fachada litoral, provocaría tamén unha labazada paisaxística na panorámica do Concello máis próxima ao fondo da ría.

«Non é normal que agora estean mellor coidados os límites de Cotorredondo que o propio parque. Candos se lle cederon os terreos á Xunta de Galicia non foi para que o tiveran en tal estado de abandono. Os cabalos entran no perímetro establecido, os peches están rotos, o ano pasado o lago quedou sen auga por unhas fisuras no fondo, os cervos que antes se podían visitar xa non están, a Aula da Natureza non está funcionando… Non queda nada». La nueva junta directiva de la Comunidade de Montes de Vilaboa critica la evidente dejadez de Castiñeiras y la intención del actual presidente de los comuneros, José Luis López, es exigir a la Xunta medidas de protección para el espacio natural”.

Fala ben o novo presidente dos comuneiros de Vilaboa. O contorno da Lagoa de Castiñeiras é un Espazo Natural que se extende dende a serra de Domaio e continúa polo interior ata o Monte Pornedo pasando polo Alto da Encavada. Existe un contacto visual clarísimo entre estes puntos, na súa condición de corredor ecolóxico que cómpre protexer e conservar nas mellores condicións.

“César Blanco es el presidente de la Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres, parroquia de Vilaboa hasta la que se extienden las 70 hectáreas de Cotorredondo. En torno al año 2005, este colectivo amplió la cesión de los terrenos del parque a la Administración autonómica a través de un convenio que está a punto de rescindir. «Está claro que Castiñeiras precisa dunha intervención urxente. No interior do parque é necesario realizar tarefas de poda, desbroce e rareo. Tendo o parque en condicións, a xente volvería, e tendo xente, o parque xa se mantén só; é fundamental reactivalo».

Tantos investimentos como se teñen feito para que Castiñeiras se convertese no punto de encontro de tantas familias da bisbarra e de visitantes procedentes de numerosos puntos da provincia, non poden diluírse pola deixadez das Administracións. Habendo interese por parte das Comunidades de Montes e dos Concellos, a Xunta ten que sumarse inexcusablemente.

Do bo estado deste Espazo Natural depende a viabililidade doutras iniciativas como o proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, que tiña a súa continuidade na Lagoa de Castiñeiras a través de dous ramais que conectarían os elementos de interese dos montes de San Xulián, Lourizán, Salcedo e Vilaboa, con esta zona onde tamén existe un valioso patrimonio megalítico e medioambiental.

“El presidente de la Comunidade de Montes de San Xulián, Manuel Estévez, no tiene dudas a la hora de afirmar que la principal problemática que se da en el enclave natural es «la falta de limpieza y desbroce». Manuel no entiende cómo puede haber instalaciones que a día de hoy están en desuso «después de todo lo que se invirtió en ellas, como el Aula da Natureza”.

En que se basea a Comunidade de Montes de San Xulián para falar de limpeza, desbroce, investimentos, cando hai tantos puntos do monte veciñal da parroquia -o Pituco, sen ir máis lonxe- onde hai anos que non se fai unha actuación global de acondicionamento e reparación das eivas que presenta e que lle foron reiteradamente comunicadas á directiva. 

Pola contra, a situación é de desmantelamento das poucas infraestruturas que tiña, coa supresión da “área recreativa” polo traslado das mesas e dos bancos de pedra que estaban a mercede dos vándalos; de empeoramento galopante da pista forestal que cada vez dificulta máis o tránsito dos vehículos; de deterioro dos sinais que prohíben os verquidos de lixo e o acceso motorizado a zonas restrinxidas ao tráfico; de abandono dos xacementos arqueolóxicos que a Comunidade de Montes ten a obriga de conservar e protexer na súa condición de titular dos terreos…

“En Santomé de Piñeiro, el presidente de la comunidad de montes, Daniel Rosales, apunta que «agora que a cesión de terreos que se asinou nos anos 90 está a piques de finalizar, temos que sentarnos a falar para revitalizar este parque e darlle o uso social que corresponde, acondicionalo e valorar se isto se fai de xeito conxunto entre as catro comunidades, cada un na súa parte, ou se a Xunta decide xestionalo en condicións».

En Santomé plantexan dúas posibilidades: ou que os titulades dos terreos se responsabilicen de cadansúa parcela, cousa que podería ter resultados óptimos se as catro comunidades de montes compartisen unha mesma “filosofía”; ou que a Xunta espabile e se comprometa a desenvolver un plan de xestión que lle devolva uo esplendor perdido a este espazo.

Por desgraza, a primeira opción non ten trazas de ser posible: mentres comunidades como Vilaboa e Santomé se caracterizan pola súa defensa e posta en valor do monte veciñal, pola explotación sostible dos seus recursos naturais e patrimoniais, e polo impulso de accións complementarias ao aproveitamento meramente madeireiro, a Comunidade de Montes de San Xulián destaca por facer do monte un “negocio”. Velaí a súa traxectoria de descapitalización progresiva e constante no tempo: liña de alta tensión, variante de Marín, cesión de terreos á Brilat, cesión de terreos á futura rede de abastecemento de auga… e como “guinda”, a súa aposta interesada e mesmo partidista pola construcción dun polígono industrial que privará a parroquia dunha superficie moi significativa en extensión e moi valiosa en riqueza medioambiental, patrimonial, forestal e acuícola. O Monte Pituco NON se vende!

“Estas cuatro comunidades no están dispuestas a permitir que la dejadez continúe en Castiñeiras, por lo que ya han solicitado una entrevista con el jefe de servicio de Medio Ambiente para acordar entre todos una solución a esta problemática”.

“Recientemente, el PSdeG-PSOE inquirió a la Xunta de Galicia por las actuaciones que contempla la Consellería de Medio Ambiente en lo tocante a la recuperación de los valores naturales, turísticos y patrimoniales del lugar y presentó una propuesta de recuperación integral del parque de Cotorredondo. Uno de los principales responsables de que este tema fuera llevado al Parlamento fue el alcalde de Vilaboa, Luis Poceiro. «Castiñeiras é estratéxico para Vilaboa, porque non só é un espazo no que se pode visitar o lago, senón que tamén conta co mirador de Cotorredondo, varias mámoas e é unha paraxe emblemática da comarca, non se pode perder».

Con todos os respectos polo alcalde de Vilaboa, que fai o PSOE -o maior inimigo do Medio Ambiente, da Cultura e do Patrimonio, polo menos no que respecta á agrupación socialista marinense, coa complicidade dos seus ex-socios nacionalistas- falando de “valores naturais, turísticos e patrimoniais”. Se foron os principais promotores do adefesio de polígono industrial proxectado polo PXOM no Pituco.

Se o ex-alcalde socialista Francisco Veiga negouse sistematicamente a recibir a Defende o Monte Pituco sequera para dar unha explicación política ou técnica de semellante decisión. Que fan nese partido enchendo a boca con palabras que lles veñen grandes, que evidencian a súa incoherencia entre os ditos e os feitos, se a hipocresía, a demagoxia e o electoralismo son o motor que os move.

“La alcaldesa de Marín cree que «Castiñeiras ofrece grandes posibilidades de explotación y con la llegada del buen tiempo se podrían potenciar como alternativa turística, pero hay algunos aspectos en los que es necesario intervenir». María Ramallo hizo referencia a que se podría tratar de acondicionar la zona mejorando las tareas que se estuvieron realizando hasta ahora. «No hace falta que se realicen grandes inversiones. Tengo la esperanza de que en cuanto haya medios se invierta en la recuperación de la zona».

A alcaldesa María Ramallo, sempre tan hábil para responder co que á xente lle gusta escoitar: explotación dos recursos, alternativa turística… Música de anxos celestiais. Se o Goberno local de Marín tivese a ben atender a proposta de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, o Concello contaría cun novo elemento de dinamización do territorio. Unha actuación que, como a propia rexedora apunta, non precisa grandes investimentos. Por desgraza, a palabra máxica é “medios” (económicos). Cando haxa fondos, vén dicir. Habelos hailos. O que non hai é vontade. E así, uns por outros, e a casa sen varrer…

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: