Publicado por: MontePituco | 30/06/2014

ANDAINA POLOS MONTES DE MEIRA (MOAÑA)

Miradoiro dos Parientes, Moaña.

Comezamos a andaina dende as proximidades do adro da igrexa de Santa Eulalia de Meira, divisando ao lonxe un dos obxectivos da ruta: o Miradoiro dos Parientes estivo a piques de ser cercenado polo trazado do Corredor do Morrazo. Ao seu pé distínguese perfectamente o corte na montaña, que sinala que a estrada discorre na parte inferior, a unha consideble altura.

Viaducto do Corredor do Morrazo.

Muíño no río da Fraga.

Facemos unha primera parada no muíño do Río da Moa, que é un dos nomes cos que se identifica o río de Meira. Recentemente restaurado, consérvase un peculiar acueducto para a conducción da auga. Nembargantes, o abandono comeza a ser notorio e urxe que os responsables da conservación deste patrimonio tomen medidas para frear o seu deterioro e, por tanto, evitar que o investimento económico realizado na súa recuperación se desperdicie.

Muíño no Río da Fraga, Moaña.

Muíño do río da Fraga, Moaña.

Muíño do río da Fraga, Moaña.

Avanzamos por unha pista forestal. A flora e a fauna típica dos camiños contrasta coa presenza de especies invasoras, especialmente acacias. A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo denuncia que na construcción do Corredor plantáronse acacias para fixar os taludes. Actualmente hai xa unha terceira especie desta árbore que medra progresivamente na súa extensión.

Centaurea, Montes de Meira, Moaña.

Silene.

Área recreativa a carón do miradoiro dos Parientes, Moaña.

Preto do Miradoiro dos Parientes atopamos un merendeiro dotado de mesas e bancos de pedra, fontes e árbores que dan sombra. Todo está desbrozado, coidado. Nin rastro de lixo. Unha auténtica envexa fronte os destrozos e o abandono que presentan outras áreas recreativas situadas en lugares moito máis transitados.

Vista de Moaña dende o Miradoiro dos Parientes.

Dende o Miradoiro dos Parientes admírase unha ampla panorámica da ría de Vigo, coa cidade olívica na outra beira. Aos nosos pés, a enseada de Meira e ao seu carón a praia da Xunqueira. Entre as dúas, a antiga illa de Samertolameu, que agora está unida á terra. Antano, esta zona da beiramar era un valioso banco marisqueiro que se acabou perdendo por culpa dos recheos.

Vista desde o Miradoiro dos Parientes, Moaña.

Vista dende o Miradoiro dos Parientes, Moaña.

Na Pena Furada.

Outro punto singular do itinerario polos Montes de Meira é a Pena Furada: a erosión labrou una oquedade no seu interior, na que se formaron “alveolos” ao xeito dun niño de abella. Trala vaga de lumes, a zona foi reforestada cunha plantación de piñeiros.

Pena Furada, Montes de Meira, Moaña.

Interior da Pena Furada, Montes de Meira, Moaña.

Ademais do seu impacto visual, as obras do Corredor do Morrazo deixaron una forte afección no patrimonio arqueolóxico, levando por diante numerosos gravados rupestres ou afectando a área de cautela de varios xacementos. Un deles é o conxunto rupestre de Pozo Garrido, con polo menos dúas estacións: unha a base de cazoletas e unha figura zoomorfa, e outra cun curioso serpentiforme.

Este último foi noticia no ano 2008 debido a que a empresa de excavacións Excongal realizou un vertido de terra nas súas proximidades que, co arrastre provocado polas chuvias, sepultou o xacemento. A Dirección Xeral de Patrimonio sancionou a agresión cunha multa de 130.000 euros, que a empresa recorreu.

Petroglifos de Pozo GArrido, Moaña.

Petroglifos de Pozo Garrido, Moaña.

Un vertido entierra los petroglifos de Moaña

El petroglifo moañés de Pozo Garrido sigue abandonado a pesar de la multa de la Xunta

Vista dende o Monte de A Torre, Meira, Moaña.

No último treito da andaina achegámonos á aldea da Torre, dende onde tamén se divisa unha fantástica paisaxe da ría.

Neste punto enchemos dúas bolsas de lixo.

Vista da ría de Vigo dende os Montes de Meira, Moaña.

Cerca do Monte da Torre, Meira.

Hórreo no lugar de A Torre.

Hórreo no lugar de A Torre, Meira.

Non marchamos de Meira -onde no pasado había familias que se dedicaban ao traballo artesanal da cordelería- sen deternos a observar algúns elementos da igrexa parroquial, do seu cemiterio anexo, do cruceiro.

Igrexa de Santa Eulalia de Meira, Moaña.

Igrexa de Santa Eulalia de Meira, Moaña.

Cemiterio anexo á igrexa de Santa Eulalia, Meira.

Cruceiro da igrexa de Santa Eulalia, Meira.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: