Publicado por: MontePituco | 07/05/2014

NA AXENDA DO MOVEMENTO BENS COMÚNS

Miradoiro do Monte Pituco.

O futuro do Monte Pituco, coas ameazas urbanísticas que planean sobre este espazo natural por culpa da voracidade da Xunta, do Concello de Marín e da Comunidade de Montes de San Xulián, entre outros partidarios ‘na sombra’ da construcción dun ou varios polígonos empresariais, xa forma parte da axenda de traballo do Movemento Veciñal a prol dos Bens Comúns de Marín. Este colectivo pronunciarase proximamente nun comunicado para amosar a súa preocupación pola conservación do patrimonio arqueolóxico, da riqueza medioambiental e dos demais valores intrínsecos desta zona tan castigada por sucesivas agresións ou proxectos de infraestruturas incompatibles coa protección dun enclave tan sensible da xeografía marinense.

Por primeira vez, o Movemento Bens Comúns incluíu a situación do Pituco no seu ámbito de acción e iso é unha boa nova para este monte e os seus valedores, nun momento no que o Goberno galego vén de aprobar unha nova condena ao incluilo como opción de parque empresarial no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais, ignorando todas as alegacións dos colectivos -Defende o Monte Pituco, Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, Asociación de Veciños de San Xulián, Asociación Almuinha, Grupo Cultural Ronsel, entre outros- que rexeitaban semellante proposta argumentando razóns económicas pola forte pendente do terreo, a afección aos xacementos catalogados, aos mananciais, á fauna e á flora con especies vulnerables, ou o dano irreversible e inxustificado a unha área incluida no ámbito do Espazo Natural dos Montes do Morrazo (Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento) onde en teoría non se permiten os usos industriais.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: