Publicado por: MontePituco | 07/04/2014

POR ONDE PRETENDEN FACER PASAR A TUBARÍA DE ACUAES

Seguimos “dixerindo” o trazado que viñeron presentar a directora e os técnicos de Acuaes hai unha semana. Un trazado que non podía ser máis desafortunado para DEFENDE O MONTE PITUCO e para a comisión técnica do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

Ao goberno local de Marín e á directiva da Comunidade de Montes de San Xulián aínda lles debe durar a dor de barriga das risas que deberon botar mentres elucubraban sobre o plano -rotulador en ristre-  a maneira de adiantarnos pola dereita aos colectivos que rexeitamos a construcción do polígono industrial e reivindicamos a conservación dun monte incluido nun Espazo Natural -os Montes do Morrazo- con méritos abondo para ser un referente medioambiental e cultural.

Pendentes de manter un encontro nos vindeiros días co delegado de Acuaes, a valoración de DEFENDE O MONTE PITUCO e mais da comisión técnica do Espazo Sete Camiños é negativa e así se fará constar no periodo de alegacións. A primeira vista, cuestionamos que o proxecto conte cos preceptivos estudos de impacto ambiental e impacto arqueolóxico, polo que xa partiría con defectos de forma que haberá que  esixir.

Precisamente, unha veciña preguntou na xuntanza se o novo depósito previsto en Pardavila tería algún perxuízo a nivel medioambiental ou visual, ao que o técnico contestou afirmando que habería unha partida orzamentaria para contrarrestar eses posibles efectos. Iso mismo asegurou Alberto Núñez Feijóo cando era conselleiro de Política Territorial con respecto ás obras da Variante de Marín, comprometéndose a instalar pantallas vexetais para minimizar o ruído dos vehículos preto das vivendas. A realidade, anos despois, é que nin están nin se esperan.

Tampouco pareceu servir de moito a información enviada ao técnico do proxecto sobre a incidencia do trazado no gravado rupestre catalogado de Pinal de Caeiro, que dende o verán non houbo maneira de incorporar ningunha medida correctora. Como se a máxima fose ‘tirar para adiante’ sen ter en conta as especificidades do Monte Pituco, malia que xa nas primeiras alegacións ao proxecto inicial, este colectivo plasmou a súa rotunda negativa a que as excavadoras irromperan neste espazo, supeditado a un dictame xudicial sobre o recurso presentado por DEFENDE O MONTE PITUCO contra a súa catalogación no PXOM como chan industrial.

Lembramos por onde pretenden instalar a tubaría, procedente do monte veciñal de Lourizán, onde tamén teñen manifestado o seu desacordo co trazado.

Trazado que propón Acuaes para a instalación da nova rede de abastecemento de auga.

A tubaría atravesaría a estrada xeral e penetraría na pista forestal do Monte Pituco.

Trazado que propón Acuaes para a instalación da nova rede de abastecemento de auga.

No primeiro cruce, viraría á dereita, en dirección á antiga área recreativa de mesas e bancos de pedra que foi desmantelada pola Comunidade de Montes de San Xulián.

Trazado que propón Acuaes para a instalación da nova rede de abastecemento de auga.

Esta parte do trazado xa pertence á área afectada polo proxecto do polígono industrial. Se o máximo interese de DEFENDE O MONTE PITUCO era rexeitar que as máquinas posibilitaran a instalación dunha canalización para un posible colector que no futuro puidera darlle servizo ao hipotético parque empresarial, agora resulta que non serve de nada que Acuaes tivera aceptado esa alegación inicial, posto que O SEGUNDO TRAZADO ATRAVESA DIRECTAMENTE O MONTE. É unha burla e unha provocación.

Trazado que propón Acuaes para a instalación da nova rede de abastecemento de auga.

O trazado segue polo sendeiro de terra, no recheo construido para a Variante. Neste recheo foi sepultado un gravado rupestre que estaba pendente de catalogación.

Trazado que propón Acuaes para a instalación da nova rede de abastecemento de auga.

En vez de continuar pola pista de cemento paralela á Variante pola parte de superior, a tubaría é conducida cara ao túnel, pasando por diante do depósito de auga que abastece os veciños do Caeiro. Os técnicos de Acuaes foron advertidos por escrito e verbalmente para que non se produzan desperfectos no cruce desas novas conduccións.

Trazado que propón Acuaes para a instalación da nova rede de abastecemento de auga.

Trazado que propón Acuaes para a instalación da nova rede de abastecemento de auga.

Segundo explicaron os técnicos, as tubarías pasarían baixo o túnel, furando debaixo da Variante. Tense valorado algún posible problema de estabilidade e seguridade deste paso ao remate das obras?

Trazado que propón Acuaes para a instalación da nova rede de abastecemento de auga.

Vista desde o Alto do Pornedo, a panorámica é a seguinte. En vermello, un bosquexo do trazado.

Bosquexo do trazado da tubaría de Acuaes a través do Monte Pituco.

…Algunha xente respirará aliviada porque as tubarías xa non lles ocupan as súas fincas particulares. Igual é iso o que se busca, que a cidadanía observe este trazado cun espírito acrítico e permisivo. A fin de contas, é monte, camiños. No fondo, supón un motivo máis de ameaza para o Monte Pituco na súa loita contra un polígono industrial agresivo coa posta en valor do patrimonio, incompatible co respecto polo medio ambiente e inviable dende o punto de vista técnico e económico.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: