Publicado por: MontePituco | 30/03/2014

ANDAINA ATA CASTIÑEIRAS BORDEANDO O RÍO LAMEIRA

Andaina bordeando o río Lameira.

A Asociación Cultural Almuinha organizou unha andaina ata a lagoa de Castiñeiras seguindo a senda do río Lameira. Fíxose o percorrido inverso ao sentido da auga: dende a desembocadura ata cerca do seu nacemento. E na Ponte Zapal de Marín pasamos a carón do último treito descuberto, onde o río aínda conserva parte da súa esencia; porque dende aí ata o mar discorre soterrado, oculto coma a vergoña e convertido por desgraza nunha máis que presumible cloaca.

O roteiro continuou a bo ritmo en dirección á senda fluvial do Sequelo, acondicionada con cartos europeos. Agardábannos imaxes de moita beleza, nas que non se repara habitualmente. Pero paga a pena ir deténdose a observar certos detalles, facer algo máis que camiñar, poñer os sentidos alerta: observar, escoitar, sentir aromas, texturas…

[Preme en “ler máis” para ver as imaxes e o artigo completo]

Senda fluvial do río Lameira, no Sequelo.

Flora do río Lameira, no Sequelo.

Flora de ribeira no río Lameira: a flor amarela da imaxe é espadana (Iris pseudacorus), lirio en castelán. Florece entre maio e xullo en regos, charcas, lagoas e beiras de correntes de auga nas zonas baixas e medias de Galicia. É velenoso para o gando.

Vexetación fluvial do río Lameira, no Sequelo.

Antigas construccións a carón do Lameira. Un muíño?

Unha vella construcción abandoada a carón do río. Máis arriba visitaríamos a carón do colexio do Sequelo o que é actualmente o único muíño urbán en funcionamento.

Hortas urbanas no Sequelo.

…As hortas urbanas, cheas de cultivos.

Senda fluvial do Lameira na zona do Sequelo.

Senda fluvial do Lameira na zona do Sequelo.

Tantos miles de euros como se gastaron no proxecto Arela, e non houbo posibilidade -ou sensibilidade?- para retirar as tubarías do cauce fluvial, que quedaron á vista. Fraco favor á estética urbana e á calidade do medio ambiente.

No muíño do Sequelo.

O muíño do Sequelo segue trillando cereais a cotío en pleno século XIX. A estrutura da edificación xa non conserva totalmente a esencia tradicional, xa que ten varios engadidos a base de cemento e materiais de construcción contemporáneos. Pero é unha sorte que siga en pé. Ten a moa tapada para que a fariña non se cisque arredor e caia directamente nun recipiente.

No muíño do Sequelo.

No muíño do Sequelo.

Lavadoiro no río Lameira.

Prímula acaulis, coñecida como primavera, preto do Lameira.

Primula acaulis, en galego cáncaro e en castelán, primavera. Florece entre abril e maio en prados frescos e sombrizos.

Flores do xénero das violáceas, preto do Lameira.

…Tamén as violáceas son típicas ao comezo desta estación.

Igrexa de San Xulián dende O Carballal.

Chegamos a San Xulián logo de subir a costa do Carballal. Paga a pena observar esta perspectiva frontal da igrexa e da reitoral, co Alto da Encavada no monte, ao lonxe. Polo menos, de momento, o polígono industrial proxectado -que se extendería dende a zona do monte Pituco- aínda non é unha realidade que acabe por estragar de xeito irreversible esta paisaxe rural… Seguiremos loitando para preservar este espazo natural fronte aos intereses especulativos e a senrazón!

Andaina a Castiñeiras seguindo a senda do Lameira.

Pasando as últimas casas, comeza a parte máis agreste do itinerario, con varios saltos de auga debidos ao desnivel. Inscritos nas pedras do camiño fomos atopando moitos gravados modernos de Pepito Meijón.

Andaina a Castiñeiras seguindo a senda do Lameira.

A senda do Lameira, un acacial.

Desafortunadamente, o que debería ser un bosque autóctono foise convertendo co paso do tempo nun acacial e nun eucaliptal. Sentíase ao lonxe o ruído dunha motoserra que nos fixo lembrar os recentes casos de roubo de madeira no monte veciñal… O resto do camiño será en parte máis doado grazas a que os organizadores da andaina acondicionaron o paso retirando a broza que dificultaba o acceso.

No camiño ata Castiñeiras atopamos varios verquidos ilegais.

…Imposible permanecer alleos aos problemas: bolsas de lixo de contido indefinido, restos de obra en pequenos montóns cubertos pola vexetación.

Canalizacións do río Lameira.

Fronte aos verquidos ilegais e a presenza do formigón, río arriba agardaríannos imaxes de moita beleza, espazos cunha maxia especial que paga a pena coñecer.

Hacia Castiñeiras seguindo a senda do Lameira.

Hacia Castiñeiras seguindo a senda do Lameira.

As acacias invaden a senda do Lameira.

…Pero seguía o predominio de acacias invasoras.

Hacia Castiñeiras seguindo a senda do Lameira.

Hacia Castiñeiras seguindo a senda do Lameira.

Hacia Castiñeiras seguindo a senda do Lameira.

Hacia Castiñeiras seguindo a senda do Lameira.

Hacia Castiñeiras seguindo a senda do Lameira.

Pasaron moitos anos dende a instalación destas pontes de madeira, algunhas nun dubidoso estado de conservación pola ausencia de mantemento e a acumulación de restos vexetais que aceleran o deterioro destes pasos sobre o río.

Hacia Castiñeiras seguindo a senda do Lameira.

Hacia Castiñeiras seguindo a senda do Lameira.

Hacia Castiñeiras seguindo a senda do Lameira.

Hacia Castiñeiras seguindo a senda do Lameira.

Hacia Castiñeiras seguindo a senda do Lameira.

Hacia Castiñeiras seguindo a senda do Lameira.

Hacia Castiñeiras seguindo a senda do Lameira.

Malia estar marcada como unha ruta de sendeirismo, a senda do Lameira está nunhas condicións francamente difíciles para transitar por ela: hai madeira seca cortada e tumbada interrumpindo o paso das persoas, a follaxe das acacias cobre o camiño e faino esbaradizo, o desnivel a carón do río obriga a pisar con moito coidado para evitar caídas.

Hacia Castiñeiras seguindo a senda do Lameira.

As enchentas e rebordamentos do río que causaron os últimos temporais fixeron que moitos plásticos e envases foran arrastrados cara abaixo pola corrente. Recolleríase moito lixo se algúnha entidade pública ou privada tivera a iniciativa de limpar o cauce fluvial.

Hacia Castiñeiras seguindo a senda do Lameira.

Outro risco que deixaron os temporais é a inconsistencia dalgúns treitos do camiño: a forza da corrente de auga escavou a terra e ensanchou algúns recodos do río creando pequenas grutas. Cómpre poñer os pés onde non haxa perigo de que o chan se derrumbe.

Hacia Castiñeiras seguindo a senda do Lameira.

Hacia Castiñeiras seguindo a senda do Lameira.

Xa no camiño de volta, a cara e a cruz.  A cara, a capacidade rexeneradora da natureza a través das flores de abrótega (Asphodelus lusitanicus). Atópase entre abril e xuño, en terreos degradados que arderon previamente. A cruz, a acción destructiva da humanidade empeñada en converter o monte nun vertedoiro: uralitas con amianto e outros materiais contaminantes, e máis residuos que irían aparecendo: inodoros, neumáticos, caldeiros vellos…

Verquido contaminante na baixada dende a lagoa de Castiñeiras.

Foi moi positivo ter sido partícipes deste percorrido pola senda fluvial do Lameira, da man de Almuinha. Pola oportunidade de achegarnos a un espazo bastante descoñecido, moi falto de divulgación e necesitado de coidado. O Concello de Marín e a Comunidade de Montes de San Xulián, na parte que lles corresponda, deberían colaborar na mellora e na posta a punto deste espazo tan interesante.


Responses

  1. […] río Lameira e chegaba ata o Lago de Castiñeiras. Repetíase un itinerario no que xa participamos en 2014, convocado pola mesma […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: