Publicado por: MontePituco | 11/02/2014

SETE MESES DESPOIS… INFORME SOBRE OS PETROGLIFOS PINTADOS

Gravados rupestres do Pornedo, agredidos con xiz.

Unha dotación da Policía Local de Marín desprazouse esta semana ata o conxunto rupestre do Pornedo. Non se trataba de constatar o seu precario estado de conservación pola falta de atención malia estar catalogados. Non se trataba de ampliar a rede oficial de coñecemento do patrimonio arqueolóxico do Monte Pituco ata os gravados do Pinal de Caeiro, afectados agora polo proxecto da rede de saneamento, tal e como se lle advertiu ao Concello nos últimos días a través dun escrito formal.

…Do que se trataba era de verificar se os petroglifos do Pornedo aínda estaban pintados con xiz. SETE MESES DESPOIS de ter cursado unha denuncia ante o Seprona por uns feitos que se produciron en pleno verán, en xullo de 2013. Moito choveu dende entón, no sentido figurado e literal da expresión, sobre todo nas últimas semanas de cicloxénese tras cicloxénese.

A lentitude da Administración e da burocracia é algo asumido con resignación pola cidadanía. Que hai trámites que se demoran porque o persoal é escaso, o volume de traballo elevado… pode resultar comprensible. O rexeitable sería atopar circunstancias que paralicen ou obstaculicen o ritmo “normal” dunha tramitación. E aí DEFENDE O MONTE PITUCO non consentiría endexamais que ningunha man negra se ría deste colectivo freando a solución aos problemas graves e a atención ás reivindicacións lexítimas que se plantexen.

…Daba tempo a que volvesen pintalos outras sete veces máis…


Responses

  1. O que me parece raro e que tardaran tampouco en presentarse alí; eu persoalmente nin caso vos faría, sobre todo porque, simplemente qué denuncíastedes?, que uns arqueólogos estiveron estudando o petroglifo?, ou a vosa necesidade de notoriedade política?.
    Non é a miña intención convencer a persoas que opinan sobre o que non saben do que falan nin de lonxe, pois se tívésedes un mínimo coñecemento do tema, saberíades que o deseño con xiz é o único modo admitido de estudar científicamente un petroglifo. Todos os arqueólogos que traballan e traballaron nos petroglifos proceden deste xeito. Ademáis, está máis que demostrado que o emprego do xiz delimitando o suco (do xeito que amosades na foto) en absoluto é un método destructivo, pois o efecto mecánico é nulo. O que realmente derteriora os petroglifos, ou mellor dito, os granitos, é a agua da chuvia.
    En resumidas contas, esa dotación policial foi confirmar que eses petroglifos non sufriron dado algún, e de paso, lembrarvos, que para opinar con propiedade hai que enteder da materia, e non usar calquera cousa con intencionalidade poítica ou buscando a toda costa notoriedade pública.
    O mellor que poderíades facer é recoñecer o error que cometestes con esa denuncia, admitir o voso descoñecemento do asunto, e non sería raro, tratar de reparar o dano moral que ocasionástedes ós arqueólogos que honestamente e posiblemente con total desinteres traballan para que tanto vos como eu, algún día saibamos máis dos nosos devanceiros, e pedir humildemente disculpas.

    • Mire, sóbralle un pedaciño de soberbia, dito sexa con todo o respecto -tanto como o que vostede parece ter pola actuación deste colectivo-. E confúndese vostede de xente: isto é un modesto grupo veciñal, non temos compromiso político con nada nin con ninguén, todo o contrario, nin aspiración política ningunha. Iso para empezar.
      O que se denunciou foi precisamente o que nos ACONSELLARON os arqueólogos e expertos que consultamos, que foron varios, por certo. Porque, en efecto, non somos profesionais na materia, nin pretendemos selo, pero contamos co apoio de persoas que si o son, e ben recoñecidos no sector, todo sexa dito.
      Que non sexamos titulados non nos inhabilita para exercer xa non só o dereito, senón mesmo o deber de defender o patrimonio colectivo. E na nosa humilde contribución a esa causa estamos orgullosos de ter conseguido, polo menos, que os petroglifos do Pornedo, dos Sete Camiños e do Pinal de Caeiro sexan máis coñecidos, porque ata agora, salvo polas súas respectivas fichas de Patrimonio e pola publicación “Petroglifos e outras prehistorias”, en poucos máis sitios eran mencionados. Agora son visitados en rutas de sendeirismo e a súa existencia, a súa situación e a súa acuciante problemática polo proxecto urbanístico que lles afecta ten trascendido a través da rede. E iso que segundo vostede somos uns instrusos e uns ignorantes.
      E malia sermos uns instrusos e uns ignorantes, temos coñecido polo miúdo outros xacementos noutros concellos, temos asistido a moitas visitas guiadas e a demostracións de como se estudan cientificamente os petroglifos nas que os arqueólogos utilizan métodos alternativos ao xiz para obter os perfís dos gravados. Métodos de calco que non inciden directamente sobre a laxe e permiten aos visitantes poder apreciala no seu estado natural. E aínda utilizando marcas de xiz nalgunha ocasión que tamén cadrou, eses expertos -que pode ter a seguridade de que están á altura dos seus coñecementos- en ningún caso deixaron as marcas de xiz senón que as borraron; por algo sería. Nin deixaron tampouco ciscados no solo os anacos de xiz sobrantes, como quen deixa ciscados os restos dun “picnic”… porque así foi como nos atopamos o panorama, para a súa información.
      En resumidas contas -parafraseando as súas palabras-, non temos nada que rectificar nin desculpas que pedir porque obramos conscientemente e seguindo, insisto, recomendacións profesionais. As dotacións tanto do Seprona como da Policía Local, por sorte ou por desgraza, non confirmaron nin desmetiron nada porque os axentes -aquí si que vale o seu argumento- non están facultados para emitir ningún xuízo de valor sobre se houbo ou deixou de haber dano, cousa que lle correspondería a un titulado/a que lamentablemente non foi requerido a tal efecto. No exercicio das súas funcións, os axentes limitáronse darlle curso a un simple procedemento administrativo.
      E non lle imos dar máis explicacións porque xa llas demos sobradamente á quen no seu día decidiu plantarse neste blog para montar un “cristo” por este mesmo motivo, con “palabros” moi técnicos e rimbombantes. Sexan vostedes “colegas” ou a mesma persoa, sentimos dicirlle que están cortados polo mesmo patrón: un patrón cun perfil un tanto “talibán”, no sentido fundamentalista da palabra, que se cren en posesión da verdade absoluta polo mero feito de ter un certificado universitario que seica debe darlles carta branca para obrar ao seu antollo.


Deixa unha resposta a Xulio Fernández Pintos Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: