Publicado por: MontePituco | 10/02/2014

UN VERQUIDO MENOS

Eliminado polo Concello de Marín o verquido nas Presas.

Eliminado polo Concello de Marín o verquido nas Presas.

[Agora]

O pasado 23 de xaneiro DEFENDE O MONTE PITUCO presentou un escrito dirixido á Concellería de Medio Ambiente solicitando que se retirara un verquido contaminante no lugar das Presas, sobre o que xa pesaba desde 2013 unha sanción contra a empresa responsable do mesmo. A semana pasada recibimos a chamada dun técnico municipal que trataba de orientarse no Monte Pituco na procura dese montón de lixo que a piques estaba de ser “engulido” pola vexetación. Cunhas poucas indicacións, foi posible que dese con el ao pé da pista de servizo da Variante e se comprometera a ordear a súa retirada para esta semana… Como así foi!

Verquido nas Presas, xaneiro de 2014.

Verquido ilegal no lugar das Presas.

[Antes]

Ademais de agradecerlle á Concellería de Medio Ambiente a retirada dese verquido que afectaba por proximidade a un regato que se aproveita para regar fincas, os operarios municipais tamén tiveron o detalle de recoller un moble vello e uns restos de obra que se acumulaban dende había tempo a carón do túnel baixo a Variante. O agradecemento, por tanto, é dobre.

Eliminado o verquido de mobles e cascallos a carón do túnel da Variante.

[Agora]

Verquido a carón do túnel da Variante.

[Antes]

Como nos dicía hai poucas horas un axente da Policía Local marinente, é inaudito que haxa persoas capaces de ciscar todo tipo de residuos no monte -ou en calquera outro lugar inapropiado- habendo un servizo municipal gratuito para a recollida de enseres. Falta cultura, falta educación, sobra… [poña cada quen a palabra que estime oportuno].


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: