Publicado por: MontePituco | 02/02/2014

2 DE FEBREIRO, DÍA DA CANDELORIA (E DOS HUMEDAIS)

Temporal no miradoiro do Monte Pituco.

“Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar”.

Miñato sobrevoando o Monte Pituco.

“A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”.

2 de febreiro, Día dos Humedais.

Na catedral do abrente

oxe cásans’ os paxaros,

con nubens de neve e ouro

está o ceo galanado.

Ficou o día ancorado

na ría donda do ceo.

Os roibens soben no lonxe

como rosarios d’ encenso.

O xantar do casamento,

roibo, na palma da man

das eiras madrugadoras

xa está arranxado no val.

Vai tocando pol-o campo

a sua zanfona o rego

e canta o vento nas farpas

sonorosas dos piñeiros.

O campo as montanas ruzas

envolve en capa pluvial

co hisopo do sol mollado

dalles a beizón nupcial.

Do casebre nugallán

soben os vivas dos galos

e na festa d’ esta noite

estrena un luar o campo.

(Luis Amado Carballo)


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: