Xa hai algún tempo que non nos cadra ver grupos de cabalos ceibes pastando no val do Pornedo, aínda que sabemos que seguen frecuentando a zona porque as pegadas dos seus cascos quedan marcadas nos camiños de terra. Esta semana cómpre alegrarse porque Protección Civil de Marín vai continuar desenvolvendo a súa campaña pioneira de liberación de animais maltratados con pexas, trancas, cadeas e outros instrumentos de tortura que dificultan a súa mobilidade. Grazas e adiante nese labor, malia as mensaxes amenazantes que recibiron ao principio os voluntarios por parte -supostamente- de certos propietarios de gando mostrenco que, por riba de vulnerar a lei, pretendían impedir o seu cumprimento.
Deixar unha resposta