Publicado por: MontePituco | 06/01/2014

ARTIGO DE XESÚS LÓPEZ NO DIARIO

Lendo un artigo de Xesús López Fernández titulado “Ence i Elnosa, mala hora ambiental“, que se publica no Diario de Pontevedra e que o autor reproduce no seu blog, lembrámonos da visita que fixeron tres eurodiputados ás rías de Vigo, Ferrol e O Burgo en febreiro de 2013 para comprobar o seu estado: o francés Philippe Boulland (PPE), a austríaca liberal Angelika Werthmann e a letona dos Verdes/ALE Tatjana Zdanoka. Como resultado daquela visita aprobouse un informe que recoñeceu a existencia de graves agresións ambientais: residuos tóxicos de orixe industrial, deficiente saneamento, presenza de instalacións potencialmente perigosas a escasa distancia de núcleos habitados…

Mais o partido no goberno logrou saír coa súa toda vez que o dictame alude aos esforzos e avances realizados pola Administración para minimizar os impactos. PP e PSOE aplaudiron coas orellas esa valoración, salvando así as súas vergoñas pola responsabilidade que teñen e tiveron. Tivo que ser un eurodiputado vasco o que advertiu que ese acordo era pouco menos que unha milonga, compadecéndose de que unha vez máis as institucións europeas desoian as queixas da cidadanía.

La Voz, 18 de outubro de 2013.

Viendo el caso de la Ría de O Burgo es evidente que ha habido corrupción

«No puedo decir si se han invertido bien o no los fondos europeos, pero viendo casos como los de la ría de O Burgo y Reganosa es evidente que ha habido corrupción», asegura la eurodiputada Tatjana Zdanoka.

Xesús López tamén alude na súa reflexión a esa visita na que os eurodiputados terían feito moi ben en incluir unha inspección ao fondo da ría de Pontevedra. Aínda que finalmente, como foi o caso, todo quedara en “agua de borrajas”.

Comecemos pola referencia á visita inspectora de varios eurodiputados ás rías galegas. Según informaban os medios con data 14.02.2013, os homes marchaban con moi mala impresión aínda aceptando melloras na xestión ambiental. Poderiamos traer aquí algunhas das súas frases ou referencias ós puntos quentes do seu periplo polas rías do Ferrol, O Burgo e Vigo e que, se nalgún caso a tarxeta de visita viña se-la estampa dun mariscador coas botas engulidas polo lodo, noutros era un pantalán asentado nun vasto tremedal, espacios abióticos ou rías que mantiñan a capacidade de producción en sóo un 21 por cen. O curioso é que non visitaron a ría de Pontevedra, onde a contaminación pode ser superior ás que lles marcaron como paradigmas do horror, da agresión ó medio natural. Demasiados anos pasados con esa asignatura abandonada, solapando datos sobre diversas enfermedades que poden te-la súa orixe na contaminación industrial, como supoñemos en Pontevedra.

Algunha das diputadas foi crítica coas afirmaciós sobre depuración das augas residuales que lles quixeron colar. E así a austríaca Angelika Werthmann, en relación con fotos do escándalo ambiental, chegou responder con esta afirmación: “Non podo falare de que estas fotos non sexan realidade, comprobada neste very very very bad trip. E se capturan marisco e a xente o come, eu estaría preocupada”. A diputada debería ter perguntado en Pontevedra, onde non chegou, e poderiámola ter informado de cousas, así como doutras que precisan ser investigadas, pero a política do avestruz parece é máis rentable prá casta política. A visita foi como unha especie de placebo, que nada parece se vaia facer no preciso sentido da recuperación ecolóxica. Tiña razón Julio Sacristán, alcalde de Culleredo, queixoso de que non convocaran ós concellos afectados, pra poderen traballar xuntos.

O lider da expedición, Philippe Bouland, chegaría manifestar no Ferrol cousas como: “Temos constatado a existencia dunha forte contaminación e que están ameazadas zonas de explotación de marisco, aínda que se teña afirmado que xa se lle dera solución ó problema”. É decir, notariaba a mentira coa que se tapaba o problema. Pero hai máis, porque o home visitou Mugardos, nas proximidades da pranta de Reganosa, comprobando o incorrecto da súa localización i escoitando as queixas dos veciños que viven en permanente peligro. “Queremos saber, dixo, por qué despois de se ter declarado a súa imprantación como ilegal polo Supremo, non se ten atopado outra posible localización máis axeitada”.

Esto queda dito moi en breve. Non parece que haxa unha vontade decidida da UE prá solución dos problemas ambientales que ten Galicia. Seguramente o señor Bouland teriase escandalizado se visitase Pontevedra e puidese comproba-las actuaciós de total irracionalidade que aquí se levan producido. Contaminación industrial i enfermedades derivadas, a ría estáse a perder prá pesca e o marisqueo. Mentres parece se manteñen lonxas menores como as de Bueu e Portonovo, en Marín van a menos os barcos, e a actividade da lonxa esmorece. As descargas, 10000 toneladas de peixe subastadas no 2001, baixarían nunha década, e menos de 3000, sendo a razón principal a de que os barcos do Gran Sol descargan agora na lonxa de Vigo, máis rentable. Parece que o porto de Marín, en definitiva, é de cada volta menos porto pesqueiro. Futuro sen futuro coa mariña desnaturalizada, convertida en solar pra industrias que poden non ter relación co mar, como acontece tamén coas industrias de vertedeiro de Lourizán, en dominio público marítimo terrestre que, por diversas sentencias, entendemos están xa fóra de prazo, que se lles acabou o tempo. Mesmo a Edar construída con diñeiros de Europa carece de concesión, así como o tubo emisario. Mantere esas actividades lesivas pró medio natural é, simplemente, algo sen sentido, no que debe prevalecere a decisión da Xusticia antes que a vaina sociopolítica de lles dare corda pra un novo tempo. Queda moito por decir.

[Xesús López]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: