Publicado por: MontePituco | 28/10/2013

CHAN INDUSTRIAL BALEIRO (IV)

O solo empresarial que a Xunta ten sen vender triplica a superficie das sete cidades

David Lombao

Houbo un tempo no que os parques empresariais e polígonos industriais agromaban como cogumelos case en cada comarca de Galicia. Con ou sen industrias, urbanizadas ou sen urbanizar, as parcelas eran presentadas como sinónimo de progreso económico para o país, inauguración e corte de cinta mediante. Os anos de bonanza pasaron e moitos destes polígonos non tiveron quen os quixera. Aínda que a Xunta ten en marcha diversos plans de incentivos para que “os emprendedores” se asenten nestes equipamentos públicos, a superficie pendente de vender aínda ten unha notable amplitude, tanta como para, practicamente, triplicar a área xeográfica ocupada polas sete grandes cidades galegas.

A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ferrol suman unha superficie de 982,67 quilómetros cadrados. Segundo vén de admitir a Xunta nunha resposta parlamentaria ao BNG “na actualidade” dispón de “2,8 millóns de metros cadrados de solo empresarial dispostos para a súa venda”, isto é, case tres veces a superficie dos concellos urbanos de Galicia. Estes 2.800 quilómetros cadrados distribúense nunhas 1.000 parcelas de 50 parques industriais diferentes.

A Xunta ten máis de 1.000 parcelas á venda e no que vai de ano foi quen de colocar 23

O traballo que aínda lle queda por diante á Administración para desfacerse deste stock de solo industrial é posible ilustralo tamén cos datos das vendas que conseguiu pechar nos últimos anos. No pasado 2012 o Instituto Galego da Vivenda e Solo e as catro Xestur foron quen de colocar 70 parcelas en 20 concellos, unhas operacións que derivaron nuns ingresos de 16,5 millóns de euros. Ata o 30 de setembro deste 2014 os resultados son máis discretos, toda vez que nos primeiros nove meses do ano o Goberno vendeu 23 parcelas en 14 concellos, ingresando 7,4 millóns de euros.

Malia estes datos dende San Caetano insístese en que “a pesar do descenso da actividade económica, existe demanda de solo industrial”, en palabras do propio Feijóo, que asenta a súa afirmación en que “en 2012 se vendeu maior superficie que en 2011”. O Executivo “abarata os prezos” e “ofrece facilidades de pagamento” para “involucrar a todos no obxectivo de que os que queiran investir en solo empresarial en Galicia saiban onde poden facelo e que, neste momento, é máis barato que nunca”.

[Feijóo, na inauguración dun parque industrial en Mos]

La Voz, 27 de outubro de 2013.

Nantes no contará con subestación antes de agosto del 2014

El parque empresarial de Nantes difícilmente echará a andar a todo rendimiento antes de agosto del año que viene. Para entonces debería estar concluida la subestación que Fenosa va a construir en la zona y que dará servicio al polígono tras años de espera.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: