Publicado por: MontePituco | 29/10/2013

TRANSPARENCIA vs. OPACIDADE NA NEGOCIACIÓN POLO CANON DA BRILAT

FARODEVIGO

Defensa niega el detallado preacuerdo debatido por los comuneros de Salcedo

Fuentes del ministerio subrayan que no se han acabado de perfilar el número de hectáreas que necesitarán, el canon, la revisión de precios y la duración del contrato

B.M. | Pontevedra 29.10.2013

Defensa negó ayer la existencia de un preacuerdo con la comunidad de montes de Salcedo y desmintió todos y cada uno de los puntos que integrarían dicho pacto y que fueron expuestos por el presidente de la organización, Fernando Pintos, en la asamblea celebrada el pasado sábado. Precisamente esta asamblea vecinal había sido convocada, en principio, para votar el esperado acuerdo de arrendamiento de parte de los terrenos mancomunados que ocupa la base General Morillo, sede de la Brigada de Infantería Ligera Brilat “Galicia” VII y en ella se explicó que el documento estaba pendiente de la resolución de unos “flecos” . De hecho la reunión finalizó emplazando a todos a una nueva asamblea, que esperan definitiva, a finales de noviembre.

Fuentes ministeriales indicaron que están “muy molestos” por las filtraciones de la negociación que está en marcha y subrayaron que “todavía no han alcanzado ningún principio de acuerdo” en cuestiones tan básicas como: el número de hectáreas de los vecinos de Salcedo que ocupará la base del Ejército en el futuro, el canon a pagar por el arrendamiento, como se articulará o si habrá una cláusula de revisión del precio de alquiler y la duración del contrato.

El propio Fernando Pintos aludió a todos estos puntos en la asamblea para decir que quedaban “flecos” por cerrar para poder oficializar el acuerdo y plasmarlo en un documento que, por otro lado dijo, es de una gran complejidad ya que cuenta con una parte que coincide para las cuatro comunidades implicadas en el proceso -además de Salcedo (Pontevedra), las de Figueirido y San Martiño (ambas en Vilaboa) y San Xulián (Marín)- y otra individualizada para cada una de ellas.

Los comuneros de Salcedo conocieron por boca de su presidente que el Ejército está haciendo mediciones y un nuevo levantamiento topográfico para delimitar el terreno ocupado y cuál pertenece a cada comunidad y valorar, en su caso, hasta donde reducen las hectáreas ocupadas. Asimismo indicó que Defensa planteaba un alquiler por 75 años pero esta pretensión choca con la Ley gallega de montes que autoriza plazos máximos de 30 años y con un planteamiento inicial de los vecinos de alquiler “por tiempo indefinido”. Por su parte, Pintos explicó a los vecinos que el Ministerio, al igual que había informado en su día la Comunidad de Vilaboa, plantea un alquiler de 0,18 euros por metro cuadrado (1.800 euros la hectárea) lo que ahora niega tajantemente Defensa.

A asemblea dos comuneiros de Salcedo comezou cunha anécdota doméstica: instalouse recentemente un proxector no teito que non estaba correctamente configurado, os directivos non tiñan nin idea de como facelo funcionar sen que as imaxes se visen do revés na parede traseira. Con total naturalidade, ao iniciarse a sesión, un dos tres -só tres!- dos directivos que estaban no escenario encabezando a xuntanza pediu a colaboración dalgún veciño entre os asistentes, con coñecementos de informática, capaz de arranxar o problema técnico. E alí saíu á palestra un deles, que entre breves consultas ao seu móbil, axustes nos botóns do trebello e no software instalado no ordenador, fixo que o proxector arrancase con normalidade. Mentres trataba de buscar a solución, o público atendía -sen dar mostras de impaciencia- as explicacións do presidente que, para evitar perder máis tempo, foi debullando os primeiros asuntos. Cando ao pouco a pantalla grande xa alumbraba, os directivos déronlle as grazas publicamente ao voluntario e alegráronse de que a súa colaboración fixese posible contar co apoio gráfico das imaxes que prepararan para ilustrar as explicacións correspondentes a cada punto da orde do día.

Esta introdución podíase aforrar, pero paga a pena dar conta da educación dun colectivo de persoas, do respecto mutuo e da comprensión ante un simple incidente técnico. Nalgún outro lugar, ante un fallo deste tipo, oiríase un murmurio de voces, de risas sarcásticas; non faltarían comentarios despectivos e burlescos: Inútil, paspán, non se ve, non se oe, vai ou non vai, veña que vai ser noite…

Segunda cuestión: a prensa tivo acceso libre á asemblea, non houbo ningún impedimento para que tomasen nota, rexistrasen as explicacións e fixeran fotos da xuntanza, ninguén lles chamou a atención por asistir a un encontro ao que non estaban formalmente convocados máis que os comuneiros da parroquia.

Nalgún outro lugar observaríase con recelo a presenza dos medios de comunicación, protestaríase ante o feito de que quedase constancia das intervencións, e mesmo se criticaría a asistencia de comuneiros doutras parroquias aínda que só fose como meros espectadores que, no hipotético caso de ousar tomar a palabra, serían duramente reprobados e mesmo insultados.

Terceira observación: aos comuneiros de Salcedo notificóuselles por carta a celebración desta asemblea e a súa orde do día, como marca o regulamento da Comunidade de Montes. A data da xuntanza fora publicada na prensa local con bastante antelación, o mesmo que o motivo principal da convocatoria: o debate sobre a negociación do canon polos terreos da Brilat. Dende hai tempo, os directivos de Salcedo protagonizaron numerosas páxinas dos xornais, minutos de emisión radiofónica e televisiva, contando -ata onde puideron- os pormenores dos cinco encontros que mantiveron con representantes do Ministerio de Defensa nos últimos meses.

Os comuneiros de Vilaboa tamén mantiveron polo menos unha reunión sobre este polémico asunto, o pasado 29 de setembro. Os de Figueirido fixeron o mesmo o día 12 dese mes. Pola contra, en San Xulián non se celebrou ningunha reunión formal aberta aos comuneiros para explicar o proceso negociador, nin pedir a opinión da masa social sobre o importe do canon que se barallaba, nin para informar da extensión nin ubicación da superficie obxecto do posible convenio.

A diferenza dos comuneiros de Salcedo, de Vilaboa e de Figueirido, que tiveron información de primeira man dos seus representantes, os comuneiros de San Xulián carecen de explicacións concretas sobre a evolución dos acontecementos, os medios de comunicación e os veciños das outras parroquias son as fontes da que van recibindo datos a contagotas.

Este comportamento parece ir en consonancia coa pauta que marcan os interlocutores do Ministerio de Defensa que, polo visto, están “muy molestos” porque os directivos da Comunidade de Montes de Salcedo informaron abertamente aos seus socios e á opinión pública de algúns pormenores do convenio que se está negociando coas catro comunidades e coa de Salcedo en particular. Transparencia vs opacidade. Información vs descoñecemento.

Por último, cabería destacar as consideracións do presidente dos comuneiros de Salcedo, Fernando Pintos, sobre a xestión que -sobre este asunto tan complexo- vaian a facer as demais comunidades: “Esperamos que as outras comunidades fagan as cousas ben”. Nesa advertencia, Pintos aconsellaba aos seus homólogos de Vilaboa, Figueirido e San Xulián que sexan rectos, rigurosos e serios no cumprimento do regulamento que rexe en cadanseu colectivo. Que ningunha irregularidade poida dar pé a que un comuneiro disconforme co tratamento das negociacións interpoña un recurso que arruine un convenio que, como expuxo Fernando Pintos, afecta a cada comunidade en particular, pero ás catro en conxunto. Calquera erro, premeditado ou por descoido, complicaría moito unha solución satisfactoria para as partes.

Isto vén, por certo, dende unha comunidade que está colaborando co Concello -de Pontevedra, no seu caso- na recuperación do patrimonio etnográfico e arqueolóxico da parroquia: os muíños do Batán, cos cuadrillas de veciños traballando cóbado con cóbado cada domingo na rehabilitación destas construccións tradicionais; o castro das Croas, para o que van facer unha cesión temporal do terreo no que se ubican os restos desta poboación prehistórica para investir fondos europeos na súa excavación; nos petroglifos do Outeiro das Mouras que van quedar liberados do ámbito militar para que poidan ser visitados, como xa o están sendo en sucesivas andainas…

As palabras de Fernando Pintos foron máis ou menos estas: “Trátase de DEFENDER o noso monte, o seu PATRIMONIO, de deixarlles aos próximos que veñan un LEGADO do que estean orgullosos”.

Nalgún outro lugar esta declaración de intencións tería sido contestada con desprezo, con abucheos, con expresións de desaprobación e rexeitamento: “As pedras non dan de comer, o monte non vale nada, hai que poñer empresas para dar traballo á xente, esas pedras do 2000 solo molestan, que o leve o polígono antes de que o leve a Brilat pola cara…”


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: