O aspecto do contorno da lagoa de Castiñeiras evidencia o paso -e peso- do tempo: nos valados de madeira os troncos están gastados, rotos ou faltan algúns treitos que non foron repostos; a vexetación cobre os paneis informativos, algúns dos cales están apodrecidos; hai enormes troncos de madeira talados e abandoados ao redor do antigo refuxio de animais. En canto á lagoa, hai anos que se vén comentando a progresiva perda de auga na tempada estival a causa de posibles filtracións; se a iso se engade a intensa sequía deste verán e o aproveitamento que puideron facer os medios aéreos de extinción de incendios da pouca auga que quedaba, é “comprensible” que o nivel sexa mínimo e os patos non teñan máis que unhas poucas cuartas de auga para poñerse a remollo. Aínda así, son moitas as visitas que recibe: familias que van xantar, pasar a xornada, coñecer o patrimonio arqueolóxico que rodea a contorna. Precisamente porque se trata dun espazo público, un dos pulmóns verdes da bisbarra, merece que as partes implicadas na súa conservación non se crucen de brazos e fagan todo o posible por poñer ao día o mantemento das deficiencias existentes e por garantir a súa conservación futura.

















[…] -Queixas polo mal estado da Lagoa de Castiñeiras (II) (23 setembro 2013) […]
By: LAGOA DE CASTIÑEIRAS: O DETERIORO QUE SE ACENTÚA (III) | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 09/07/2014
at 07:50