Publicado por: MontePituco | 09/09/2013

O LUME VOLVE CERCAR O MONTE PITUCO

Os restos do incendio, esta tarde, en Lourizán.

O lume volveu rondar esta tarde o Monte Pituco. Xa lle andivo relativamente cerca o pasado 15 de agosto a causa doutro incendio forestal no monte veciñal de Salcedo. Nesta ocasión ardeu en Lourizán, na zona do Regueiriño. As lapas prenderon arredor das 13:30 horas pero “afortunadamente” a man criminal que ousou facer este dano -porque semella ser provocado, como a inmensa maioría dos que se teñen rexistrado nas últimas semanas- non conseguiu de momento o seu propósito de arrasar unha superficie importante. A veciñanza da zona ten comentado que os medios de extinción actuaron axiña. Os equipos desprazados foron un axente forestal, dúas brigadas e unha motobomba.

O Pituco non está a salvo dos incendios. Malia que a pista forestal foi desbrozada, parte da broza retirada quedou acumulada na cuneta. Hai moito tempo que a masa forestal do monte presenta un estado caótico, tanto na parte particular como na comunal. Existe un volume descontrolado de biomasa equivalente a perigoso combustible. E os conxuntos rupestres catalogados como Bens de Interese Cultural e protexidos pola Lei de Patrimonio están nun clamoroso estado de abandono e indefensión pola desidia deliberada da entidade propietaria dos terreos, que non só se nega a autorizar unha simple tarefa de limpeza da vexetación -con fentos que acadan nalgúns puntos os dous metros de altura- senón que tamén rexeita realizala por conta propia, argumentando erroneamente que a responsabilidade é da Administración autonómica.

Non hai peor mentalidade que a do avestruz que agocha a cabeza debaixo da ala; ou peor aínda, non hai peor irresponsabilidade que a de quen xestiona o poder dunha entidade que se instrumentaliza para beneficiar ou perxudicar a según quen, dependendo da súa afinidade/discrepancia, convertendo o monte nunha moeda de cambio, é dicir, nunha vítima.

logo

Un conato de incendio obliga a intervenir a los brigadistas en Lourizán

Un agente forestal, dos brigadistas y una motobomba fueron movilizados esta tarde en el lugar de O Regueiriño (Lourizán) al declararse un conato de incendio en una parcela relativamente cercana a un grupo de casas. La rápida actuación de los servicios de extinción hizo que no hubiese riesgo alguno para los habitantes de la zona. El fuego quedó controlado en cuestión de minutos y los vecinos del lugar pudieron recuperar la tranquilidad (Foto: Guille López).


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: