Publicado por: MontePituco | 06/09/2013

O MONTE PITUCO, NAS XORNADAS SOBRE PATRIMONIO E NATUREZA DE UDRA

Xosnadas SintE-Udra, o sábado 14 de setembro.

O vindeiro sábado 14 de setembro, a partir das 20:00 horas, a aula de natureza de Cabo Udra, en Bueu, acolle as xornadas SinteE-Udra, que combinan diversas intervencións arredor da poesía, a musica, o patrimonio e a natureza.

Entre os participantes nesta actividade vai estar a Asociación Defende o Monte Pituco (Pornedo) para expoñer -nunhas cantas pinceladas- a riqueza da flora e da fauna neste Espazo Natural Protexido dos Montes do Morrazo, para dar conta da importancia dos gravados rupestres catalogados existentes neste espazo, para resaltar o valor paisaxístico deste auténtico balcón da ría, que nos brinda marabillosos solpores e vistas panorámicas coas illas Ons e Tambo. Porque a pesar de todos estes motivos para protexelo e conservalo, o Monte Pituco está ameazado polo proxecto de construcción dun polígono industrial. E quizais porque non se aposta por protexer nin conservar o que non se coñece, animanos a toda a cidadanía a “descubrir” este lugar, incluido no proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

Dende o Monte Pituco, grazas a Miguel A. Fernández e a Anxo Rajó por facer posible esta colaboración e contribuír á difusión dos valores do Monte Pituco.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: