Publicado por: MontePituco | 21/08/2013

INAUGURACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO EN PONTEVEDRA

Recital de Amancio Prada na inauguración do Edificio Sarmiento.

Despois de tres anos en obras, o Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra volveu abrir as súas portas totalmente rehabilitado. O cantautor Amancio Prada amenizou a inauguración con pezas do seu repertorio clásico, no que a obra de Rosalía de Castro estivo moi presente.

O Edificio Sarmiento, construído entre 1695 e 1714, foi a sede do colexio da Compañía de Xesús e dende 1981 pertence ao Museo de Pontevedra. No seu interior pódense ver fondos prehistóricos e arqueolóxicos de Galicia, coleccións de olaría popular galega, materiais de orfebrería, coleccións de alfarería tradicional e louza de Sargadelos, cerámica celta, parte da colección Sánchez Mesas. Tamén conta con salas de fotografía e de instrumentos musicais galegos.

A colección permanente divídese en varios apartados:

• Prehistoria e antigüidade: Nas salas de arqueoloxía atópanse representadas todas as etapas que compoñen a Prehistoria e a historia antiga de Galicia, con obxectos do Paleolítico, época galaico-romana ou coleccións de aras, estelas e miliarios; estes últimos conforman a serie máis numerosa pertencente hoxe en día a un museo español. Entre as demais coleccións sobresaen as mostras de pintura rupestre de dolmens de hai 6.000 anos (as máis antigas expostas nun museo), a maior acumulación de ouro de occidente europeo (o tesouro de Caldas de Reis), así como obxectos da Idade do Bronce.

No Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.

• Alta Idade Media: Destacan entre elas a colección de capiteis, algún de mármore autóctono, laudas de estola, lápidas de sepulcros.

• Séculos do Románico: Capiteis, tímpanos, antefixas, dovelas, epígrafes e esculturas exentas ou entregas conforman a excepcional serie de obras de filiación románica. Tamén posúe traballos escultóricos sobre pedra usuais na Galicia da época, entre os que destacan o tímpano de Palmou, labrado en torno aos anos 1150-1160.

No Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.

No Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.

• Cerámica de Sargadelos e Pontecesures: A sala adicada á cerámica de Sargadelos do s. XIX amosa unha escolma de case 600 pezas, unha das máis importantes que existen consagradas á produción da factoría fundada en 1804 por Raimundo Ibáñez no municipio de Cervo (Lugo).

En canto á cerámica de Pontecesures, xurdiu en 1925, baixo a denominación de Cerámica Artística Galega, tomando como referencia a de Sargadelos pero buscando temas autóctonos. Foi un proxecto curto, pois pechouse en 1926, o mesmo ano no que arrinca a súa segunda etapa que, co nome de Cerámica Celta, abarcou ata 1968.

No Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.

No Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.

• Cerámica española: Unha selección das olerías nacionais máis representativas, procedentes de Manises, Paterna, Sevilla, Toledo e Talavera.

• Legado Sánchez Mesas-Fernández de Tejada: En 2010 incorporáronse ao Museo as coleccións de arte contemporánea e asiático-oriental doadas polo diplomático Víctor Sánchez-Mesas e a súa dona, Sofía Fernández de Tejada. A colección de arte contemporánea permite ver a evolución da creación artística española desde a década de 1940 ata 1980. A colección de arte asiática-oriental consta de 90 pezas de porcelana procedentes, na súa maioría, de China, mais tamén de Tailandia, Birmania ou Xapón, situadas cronoloxicamente entre os séculos XV e XIX. A sección de escultura desta colección está formada por obras de estilo greco-búdico procedentes do antigo reino de Ghandara (s. III-IV) e pezas de arte tibetanas, camboianas e chinesas do s. XVI ao XIX.

Claustro do Edificio Sarmiento e Igrexa de San Bartolomeu.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: