Non é a primeira vez que o conxunto rupestre do Pornedo se tingue de cal. Denunciámolo en xuño de 2012 ante a Dirección Xeral de Patrimonio cando descubrimos que alguén repasara o contorno dos gravados con xiz. Este pasado fin de semana volveu acontecer e, inmediatamente lembramos un artigo publicado polo Instituto de Estudos Miñoranos ao rexeitar unha acción similar nos petróglifos de Auga da Laxe, en Vincios. Nese texto titulado “Ignorancia ou vandalismo?” detállanse os principais motivos polos cales cómpre erradicar estas prácticas.
Con máis frecuencia da desexada atopámonos con agresións ao noso patrimonio cultural xa sexa arqueolóxico, etnográfico ou monumental. Tamén se dá o caso co patrimonio común do mobiliario urbano e o privado que podemos ver ao pasear por calquera das rúas e parques da nosa contorna, e o patrimonio natural leva a cotío agresións que resulta difícil entender nun mundo que chamamos civilizado.
Mentres todo isto sucede vemos como se gasta moito diñeiro de fondos públicos na reparación destes danos e na reposición dos bens afectados, sen que se acaden resultados satisfactorios e, o que é peor, sen que se mellore o seu estado ou se neutralicen as agresións. Parece como se a nosa sociedade entendese que é normal que se estrague o público, porque é de todos, e alguén se encargue de repoñelo porque é a súa obriga. E se imos paseando e vemos algo deteriorado ou roto, o primeiro comentario que a moita xente lle vén á cabeza non é contra o vándalo que fixo a desfeita, senón contra o concello ou institución que ten a obriga de mantela.
Así é a nosa sociedade, malia que nos pese e tentemos agochar as nosas debilidades e fraquezas con desculpas e desviacións cara ao outro. A culpa sempre é do outro. Dun ente superior que está por riba e que ten que apandar con todo o que nós, o conxunto da sociedade, facemos mal.
Vén esta pequena reflexión introdutoria para falar das agresións ao noso patrimonio arqueolóxico máis próximo. Neste caso concreto a un dos patrimonios máis desprotexidos, os petróglifos.
Temos a sorte no Val Miñor de ter unha gran concentración de petróglifos nos nosos montes. Non só temos moitos, senón que tamén son dos mellores de Europa e de moita importancia científica pola súa variedade e conservación. Achegan datos para a comprensión da nosa historia e a nosa orixe e son unha das pezas fundamentais do noso patrimonio material máis antigo.
A pesar do grande avance que se deu nos últimos tempos na escolarización, na divulgación da nosa cultura e na educación en xeral, atopámonos con que aínda hoxe hai xente que descoñece que un petróglifo é unha obra de arte exposta ás inclemencias do tempo, que por iso mesmo, ao non estar recollida nun museo, debe ser coidada con esmero e protexida por todos nós, os visitantes, veciños e propietarios dos terreos nos que se atope.
É de todos, é o noso patrimonio cultural e foinos legado polos nosos devanceiros que os puxeron aí hai milleiros de anos, non sabemos exactamente con que fin, pero seguramente con moito máis respecto que o que hoxe lle estamos dando en moitos casos. Se non fose así, non terían chegado ata nós pasado tanto tempo.
Estase a dar o paradoxo de que petróglifos gravados hai catro mil anos nunha rocha nos nosos montes, chegaron ata nós en perfecto estado e unha vez descubertos e posto en coñecemento de todos a súa localización, son destruídos ou deteriorados con impunidade por calquera que pasa e que, como diciamos ao principio, coida que o que é de todos pode ser manipulado de calquera xeito, e danado sen o mínimo pudor.
Onte puidemos comprobar como, unha vez máis, o espectacular petróglifo de armas de Agua da Laxe, en Vincios, era riscado co que parece xiz de cor branca e azul. A superficie dos gravados foi perfilada con xiz para que se vise mellor ou para fotografala. Non sabemos con que fin exacto, mais o que si sabemos é que non é a primeira vez e este episodio tense repetido varias veces nos últimos anos.
É probable que o autor ou autores deste suceso descoñecesen que o petróglifo non se debe tocar e moito menos gravar por riba del. Ao facelo estamos afectando o risco orixinal e, sen querelo, modificando a súa propia aparencia e a propia base na que está gravado, é dicir a pedra de granito groso. Algo tan elemental suponse que é sabido pola xente e que non fai falla repetilo, mais a realidade estanos a demostrar teimudamente que non é así.
Os autores non se pararon a pensar que se cada visitante que se achega ata Agua da Laxe a ver os petróglifos e para observalos mellor se pon a riscalos, en pouco tempo o que verían os últimos en achegarse sería algo moi distinto ao que gravaron hai 2500 anos os seus autores primitivos. Tampouco tomaron conciencia de que é unha obra de arte singular que ninguén debería manipular, como non se lle ocorre a ninguén ir ao Museo Marco de Vigo ou ao Prado en Madrid a pintarlle por riba a calquera obra das que se expoñen en ditos museos.
Se alguén coida que estamos a esaxerar podemos pórlle un exemplo que os nenos máis cativos entenden perfectamente cando se lles explica. Na catedral de Santiago por riba do santo dos croques, a xente apoiaba a súa man mentres batía coa testa contra a do santo mentres pedía algún favor ou encomenda. Calquera que se achegue a Santiago pode ver por que o Cabildo da catedral prohibiu expresamente tocarlle ao santo e apoiar as mans nas columnas. O desgaste da pedra é tan notorio que, de seguir así, en pouco tempo non habería columna. Outro exemplo máis próximo podemos telo no chanzo das casas dos nosos avós, nas escaleiras das nosas solainas onde en moitas delas se ve como o paso dos anos e das chancas que antes se usaban, as máis das veces ferradas para evitar o desgaste das solas, foi desgastando e acuncando o vello granito patrucial.
Podemos crer que foi a ignorancia a que levou os visitantes ao fermoso panel de armas de Agua da Laxe, a que fixo que nun acto irreflexivo riscasen con xiz a pedra. Non por iso quedan eximidos da responsabilidade do mal feito. Se, pola contra, o que os levou a riscar a pedra foi un acto de egoísmo -podemos pensar niso ao ver dous tipo de xiz nos gravados e no propio feito de levar xiz cando se van ver os gravados- estamos ante un acto que podemos cualificar de vandálico, fose quen fose o que o fixo. Aí non caben eximentes nin desculpas.
Estamos xa ben andado o século XXI e en todo o Val Miñor podemos presumir de ter ademais dun bo clima e fermosas praias, dúas serras espectaculares que están cheas de retallos de historia e dunha natureza moi fermosa. Temos institutos, escolas e mestres e case poderíamos dicir que, cremos que en todos, os nenos saben o que é un petróglifo, grazas ao labor dos seus mestres e profesores. Tamén en tódolos concellos o saben, e o IEM ven dende hai 12 anos facendo, chegado este tempo de verán, visitas guiadas, de noite e de día, para que tódolos veciños e visitantes poidan apreciar as nosas xoias arqueolóxicas entendendo mellor os porqués da súa orixe e a súa importancia.
É un labor de todos axudar a que o noso patrimonio se valore e se respecte, e tamén cremos que podemos presumir del e do privilexio de gozar del todo o ano. Coidémolo entre todos, fachendeemos del e ensinémosllo aos que nos visitan, pero ante todo fagamos pedagoxía e divulguemos a necesidade de respectalo e, se alguén aínda non sabe como e cando hai que velos, fagamos de mestres e expliquemos que mellor ao caer a tarde cando o sol está baixo e non incida directamente neles, ou pola mañá cedo, e mellor pola noite ou ao escurecer, cunha lanterna ou un foco para pórlle luz rasante e poder admiralos en todo o seu esplendor.
E se non, tamén poden chamar ao IEM onde sempre atoparán alguén disposto a orientalos. Pero por favor, a estas altura de século, nin ignorantes nin vándalos. Hoxe non sabe quen non quere, e é vándalo aquel que non respecta, polo tanto non merece respecto. Agardemos que non se repita o incidente.
Gondomar, 28 de xuño de 2013
Seguindo as indicacións dos arqueólogos e expertos que xenerosamente nos brindaron asesoramento e que criticaron duramente esta acción, foille notificada a agresión ao Seprona. O motivo era abondo xustificado: “o carbonato cálcico pode producir descomposición química do granito”, explicaron as nosas fontes. De modo que dous axentes persoáronse hoxe no Alto do Pornedo para levantar acta dos feitos e remitirlle un informe a Patrimonio.
Ao igual que o IEM, a comisión técnica do proxecto de creación do ESPAZO NATURAL E ARQUEOLÓXICO DOS SETE CAMIÑOS está a disposición de colectivos sociais, centros escolares e particulares que queiran saber máis sobre este patrimonio. Divulgar, divulgar e divulgar. Educar, concienciar, conservar.
DEFENDE O MONTE PITUCO vén reivindicando dende hai tempo que se adopten medidas para mellorar a situación destes Bens de Interese Cultural. A pelota está no tellado da directiva da Comunidade de Montes de San Xulián, como titular do terreo comunal. Súa é a responsabilidade de autorizar cando menos a limpeza destes petroglifos catalogados. A Lei de Patrimonio é moi clara:
“Os propietarios, posuidores e demais titulares de dereitos reais sobre bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia están OBRIGADOS a CONSERVALOS, COIDALOS e PROTEXELOS debidamente para aseguraren a súa INTEGRIDADE e evitaren a súa perda, destrucción ou deterioración”.
Para min é puro vandalismo. Fai anos podíase achacar ignorancia. Hai outra forma de facer boas fotos, sen prexudicar estas reliquias, levar boas lanternas ou focos.
By: Paco on 16/07/2013
at 18:07
Coindimos contigo, amigo Paco. A estas alturas, no mundo globalizado, multicomunicado e hiperinformado, calquera cun mínimo interese pola arqueoloxía e o patrimonio histórico ten moitas fontes nas que documentarse antes de facer algo que, coma neste caso, é contraproducente. Por iso cómpre insistir nas denuncias e na concienciación, para que sexa a propia sociedade -cando a Administración e as entidades ligadas a Patrimonio están “ausentes”- a que reprobe estas prácticas. Moitas grazas por compartir a túa opinión.
By: MontePituco on 17/07/2013
at 17:12
En relación con las entradas publicadas en este blog del 15 y repetido el 20 de Julio del presente año, bajo el título de “¿Ignorancia o Vandalismo?, quiero realizar las siguientes puntualizaciones:
1º) A la vista de las fotografías publicadas, se observa que el petroglifo de Pornedo fue minuciosamente perfilado con tiza con el objeto de determinar la anchura de sus surcos. Es el procedimiento normal que realiza cualquier arqueólogo previo al levantamiento de un calco o un fotografíado detallado con intención de la adquisición de una información técnica sobre los grabados. Objetivamente no se trata de ningún ignorante ni tampoco de un vándalo. Que se sepa a día de hoy no existe otro procedimiento de acceso científico si se quiere realizar un estudio en profundidad sobre los grabados rupestres. La iluminación con luz rasante o el frotage son métodos muy espectaculares a nivel popular, o en otros dominios artísticos, pero inoperantes científicamente en los petroglifos gallegos.
2º) Que se sepa la tiza (sulfato y carbonato de calcio) es un material suave que tiene escasa o nula incidencia mecánica sobre los granitos, fundamentalmente porque los componentes del granito poseen una dureza de 6-7, mientras la tiza se queda en 2. Tampoco que se sepa tiene consecuencias erosivas. La principal causa de erosión de los granitos son los cambios térmicos, la exposición a altas temperaturas (incendios), y también el agua de la lluvia, elementos todos que contribuyen a la disgregación de sus componentes. No es pues tampoco una agresión, ni siquiera en términos objetivos. La literatura que respalda el uso de la tiza en el dibujado de los petroglifos es tan extensa que su desconocimiento o rechazo da prueba de que no se conoce la respectiva problemática. Véase por ejemplo:
– http://espanol.groups.yahoo.com/group/rupestreweb/message/2583?var=1
– http://rupestreweb.tripod.com/tizado.html
– http://www.personales.ulpgc.es/emartin.dch/tutorialCD/obligatorias/resaltar_grabados.pdf
– dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/2703874.pdf
Al uso de la tiza para la reproducción de los petroglifos no se ha escapado ningún investigador gallego de Arte Rupestre, ni de los de antes ni los de ahora. La totalidad de los planos de petroglifos gallegos publicados antaño y recientemente se han obtenido de este modo. A nivel científico no existe alternativa. Afirmar lo contrario públicamente, no tiene otra intención que la de evitar que los visitantes utilicen indiscriminadamente este método, o incluso otros peores como piedras o ladrillos. O bien se desconoce el tem, o se habla por inercia y gratuitamente.
3º) No obstante consideramos que los petroglifos no deben de ser dibujados ni con tizas ni con otros productos por personas que no lleven ánimo científico y/o no dispongan de la información o la pericia necesaria para su práctica. Creemos que incluso el caso del pintado de los petroglifos de armas de Agua da Laxe tal como se ha recogido recientemente, probablemente realizado por visitantes ocasionales, se debe evitar, pero tampoco lo categorizamos como un caso de vandalismo, sino más bien de inconsciencia.
4º) Estimamos verdaderamente exagerada una denuncia pública tal como fue expuesta por personas claramente desinformadas, no profesionales (así lo indican expresamente), con una gran agresividad verbal y conceptual, con una fuerte carga ideológica, y con una total falta de empatía o consideración, donde además se ventilan y se entremezclan intereses y conflictos políticos locales y particulares, con cierta repercusión periodística, e incluso con reiteración en otras webs, no es el mejor medio para salir en defensa del Patrimonio, sino más bien la de buscar intencionadamente crear un innecesario, injusto e injustificado clima de alarma social. Ese petroglifo probablemente fue dibujado para la elaboración de algún proyecto de investigación, una tesis o una tesina, y no por meros aficionados. La agresividad con la que procedieron los responsables de este blog no hace sino desalentar cualquier programa de investigación llevado a cabo con financiación propia, detrayendo recursos personales en beneficio público, sobre todo en estos tiempos que prácticamente han desaparecido todos los fondos públicos para apoyar cualquier atisbo de investigación. Propicia además la generalización de actitudes fundamentalistas y la consiguiente caza de brujas, como sacrificio ante el altar de un Patrimonio ideologizado y manipulado según cierto tipo de creencias de contenido supuestamente político. Traen a la memoria tristes sucesos de otros tiempos o de otros lugares.
5º) Asimismo nos gustaría que los autores del blog nos explicasen por qué se denuncia y se ataca a investigadores cuando responsables de esta asociación en post anteriores asistieron a la inauguración del petroglifo de Os Castelos (Cerdedo), en cuyas fotografías se muestra claramente a personas limpiando la roca sin control arqueológico alguno, y dibujando con tiza los petroglifos como haría cualquier aficionado.
(https://montepituco.wordpress.com/2012/07/29/visita-ao-petroglifo-dos-castelos-en-pedre-cerdedo/)
Que sepamos este acto arqueológico-folclórico no fue sin embargo apreciado como una agresión, e incluso fue divulgado con énfasis y desenfado, quizás por afinidades o relaciones fluídas entre asociaciones. No obstante el trabajo realizado en Pornedo es tenido como un acto vandálico y propio de ignorantes. A esta actitud se le llama, perdóneseme la expresión, hipocresía. En la Web existen páginas y páginas donde se muestran petroglifos dibujados con tizas perfilando los surcos, y que se sepa nadie se ha rasgado las vestiduras de modo tan violento.
Y ya para acabar, lo mejor que pudieran hacer en estos momentos los responsables de la Asociación Monte Pituco, es tratar de enmendar en la medida de lo posible el daño causado en el honorabilidad de esas personas, que con toda seguridad, no pueden ser tratados públicamente como meros delincuentes, y rogar que su lamentable iniciativa no depare consecuencias científicas irreversibles. Vemos que esta asociación está llevando una tarea de gran relieve en los Montes del Morrazo, por lo que sería deseable que este esfuerzo sostenido desde hace tiempo no se vea desacreditado por un acto irreflexivo, desconocedor y contraproducente. Una disculpa pública a tiempo, y una retirada de esos nocivos posts, siempre será bien aceptada y se agradece. Esperamos que así procedan pues lo contrario obrará en contra de su prestigio y en detrimento de la investigación del Patrimonio.
By: Emilio Figueroa on 23/07/2013
at 16:48
Verá, señor Figueroa, no hipotético caso de que se chame así, á vista de que ningún dos profesionais deste sector que consultamos -e son uns cantos- o coñece a vostede. Non nos asusta nin nos impresiona a ampla enumeración de argumentos prolixos cos que acaba de defender esa actuación que nós criticamos abertamente nese artigo e do que a prensa local -non se trabuque- se fixo eco sen que pola nosa parte houbera ningún tipo de mediación previa.
O que fixemos foi REPRODUCIR e comentar -sen faltarlle ao respecto a ninguén- un artigo que se publicara uns días antes na páxina do Instituto de Estudos Miñoranos sobre uns feitos similares que aconteceron nuns gravados rupestres da zona de Vincios. E fixémonos eco desas críticas, adheríndonos a ese xesto de protesta, porque os seus promotores son profesionais solventes e de recoñecido prestixio no eido da conservación e da promoción do patrimonio arqueolóxico. Porque estamos nun país onde existe a liberdade de expresión, e coa mesma consideración que nós podemos aceptar -que non compartir- o seu punto de vista, pedímoslle a vostede, amablemente, que RESPECTE e acepte -aínda que non o comparta- o noso.
Non lle podemos negar que o perfilado dos surcos -corroboramos que foron os surcos, non a parte fonda do gravado- fose minucioso, á vista do tempo que se debeu empregar en semellante tarefa. Pero tampouco nos pode negar -no caso de que fora vostede o autor desa acción- que os anacos de xiz sobrantes quedaron alí tirados enriba da laxe ou no espazo que separa os dous grupos de petroglifos. Aínda que, sendo rigurosos, a minuciosidade tamén se podería cuestionar, á vista de que non todo o petroglifo foi marcado, posto que quedaron sen repasar unhas cazoletas -xa desgastadas, todo sexa dito- que hai mesmo ao carón das combinacións circulares.
Tamén nos poderiamos preguntar ata que punto foi rigoroso -ou non- o autor dese procedemento tan normal, para vostede, cando non só se adicou a repasar con xiz os gravados prehistóricos catalogados, senón que tamén se molestou en perfilar -e aí vén o máis sorprendente!- unhas marcas que nada teñen que ver cos petroglifos orixinais, e que foron realizadas por José Meijón no século pasado.
Outra pregunta retórica que nos ronda é por que uns petroglifos dos que xa existen os calcos realizados por Antonio de la Peña, cómpre volver pintalos de xiz, habendo as fichas correspondentes en Patrimonio -de acceso público- que detallan a súa localización, descrición e estrutura. En todo caso, que non se interprete esta modesta reflexión como un obstáculo a que se sigan investigando estes e outros gravados rupestres, sen contar cos moitos que aínda estarán agardando por Galicia adiante a que alguén os saque á luz. A anchura dos surcos, a composición granítica, a biblia en verso… o que faga falta con tal de seguir reivindicando a importancia deste Patrimonio cultural.
En canto á conveniencia ou non do uso do xiz, haille varias opinións ao respecto. Podemos insistir no que opinan os detractores dese método: que o carbonato cálcico “pode producir descomposición química do granito” ou que as micropartículas poderían “facer dano” se reaccionan ao introducirse na pedra que, polas condicións meteorolóxicas deses días tan calorosos, podía estar “moi porosa”. Eses mesmos detractores que tamén precisan que a técnica do xiz para eses estudos quedou obsoleta e que foi substituída por talco diluído en auga, “que non é agresivo” e ao secar desaparece con tan só soprar un pouco por riba.
Pero abofé, tamén están os que consideran -mesmo os autores de moitos dos calcos existentes e os propios técnicos de Patrimonio- que se trata dun método inocuo. Admitamos “polbo” como animal de compaña, e desculpe pola frivolidade.
De aí, a utilizar ladrillos, pedras, botes de spray ou pintura, nos casos máis extremos e irreparables, hai un abismo. Pero permítame que volva apelar ao respecto polas opinións dos demais -que por forza non teñen que coindicir coa súa- cando vostede nos critica por falar “por inercia y gratuitamente”. Precisamente porque foron profesionais e expertos nesta materia os que apoiaron que procedía rexeitar tal actuación; tendo en conta, ademais, que non actuamos por simple seguidismo, senón pola reiteración no marcado destes petroglifos en alomenos outra ocasión anterior.
Apela vostede con moita vehemencia ao “ánimo científico”; un ánimo científico que debería ir parello ao cumprimento estricto de determinados requisitos formais ou administrativos, como por exemplo unha autorización de Patrimonio, ou -tratándose de petroglifos situados en terreo de titularidade veciñal- da Comunidade de Montes, cuxos directivos non tiñan constancia ningunha da realización deses estudos que supostamente se realizaron coa pericia precisa.
Pero ata iso lle pasamos por alto para non darlle a vostede o gusto e a oportunidade de volver poñer o berro no ceo. Porque en absoluto lle desexamos a odisea que estamos a pasar actualmente para conseguir que se realice unha simple limpeza da vexetación que medra arredor deste conxunto arqueolóxico; para que a Comunidade, Patrimonio e todas as entidades competentes dean a súa conformidade a unha actuación necesaria e urxente e que desexamos que se leve a cabo “con todas as da lei” para evitar suspicacias de xente que, coma vostede, bota man do recurso fácil do corporativismo.
Seguro que é vostede plenamente consciente da existencia de toxos, de fentos dunha altura ben considerable, da presenza de árbores que están medrando coas súas raíces practicamente enriba da laxe principal. Mentres o autor das marcas de xiz se afanaba en repasar concienzudamente os perfís, sen escatimar en marcar a fondo os seus trazos, a outros preocupáballes que xestións había que facer para corrixir o deficiente estado de conservación destes gravados no seu conxunto.
Tamén sería desexable que fose vostede máis flexible e que, así como descarga toda a súa verborrea académica para xustificar esa actuación, se poña no lugar das persoas que acoden ao Pornedo e que, por culpa de atopar os petroglifos cubertos de trazos de xiz, non poden contemplar o gravado no seu estado natural.
Ten vostede a desfachatez de vir a esta “casa” a MANIPULAR informacións publicadas neste mesmo blog sobre actividades de divulgación da arte rupestre como as realizadas por colectivos que, como Capitán Gosende -cuxa filosofía, por todos coñecida, está á marxe do “sistema”- tiveron a iniciativa e o mérito de recuperar uns petroglifos no monte de Pedre. Uns petroglifos que NON estaban catalogados e arredor dos cales se fixo unha actividade PUNTUAL, con carácter didáctico.
O que máis nos molesta do seu comentario non é o tono despectivo, nin tan sequera o ánimo velado por xerar un conflicto de intereses entre colectivos que “simpatizan” ou tan sequera se seguindo a pista mutuamente dende o respecto e a cordialidade. O máis reprobable é a parcialidade interesada coa que enfoca o seu ataque, aludindo a que esas persoas estaban “dibujando con tiza los petroglifos como haría cualquier aficionado”.
A diferenza entre eses “investigadores” polos que vostede intercede e eses “afeccionados” aos que vostede se refire con tanto desdén é que os primeiros marcaron a pedra, fixeron as súas fotos, os seus informes ou o que estimaran oportuno, e marcharon por onde viñeron sen máis, mesmo deixando as tizas tiradas de calquera maneira; mentres que os segundos reuniron a un grupo de veciños, explicáronlles a historia que había detrás daquel gravado, as súas pescudas para volver localizalo dende que perderan as referencias da súa exacta localización, o proceso de traballo que seguiron para limpar o contorno da broza que impedía o acceso ao mesmo, a problemática que compromete a conservación dese elemento rupestre afectado polas obras do AVE, marcaron con trazos suaves e superficiais o contorno do petroglifo para facilitar que o público apreciara a forma… E BORRARON AS MARCAS, de xeito que non quedou nin a máis mínima evidencia de que alí houbera unha visita guiada que, por certo, foi moi interesante, e que repetiriamos mil e unha veces.
Para que lle conste, mal que lle pese, ínstolle a que volva sobre o artigo e se fixe dos pés de foto, onde poderá ler: “As marcas realizadas tanto na Laxa das Filloeiras como no petróglifo dos Castelos foron borrados posteriormente con auga para que o cal do xiz non magoara a pedra”. Velaí a diferenza, señor Figueroa.
Non ten vostede nin idea do tempo, do esforzo e da implicación deste colectivo veciñal por defender o Monte Pituco da ameaza urbanística que supón o proxecto de instalación dun polígono industrial -ou dunha área loxística, no peor dos casos- nesta zona, catalogada como Espazo Natural Protexido dos Montes do Morrazo. Poderá ser -ou representar a- un investigador, un científico, ou un técnico do nivel que sexa, pero a súa sensibilidade co material que ten entre mans está máis que entredito dende o momento en que neste furibundo comentario vai exclusivamente ao seu: xustificar egoístamente unha acción que outros -libremente, e no noso dereito estamos- valoramos como inconvinte logo de INFORMARNOS con profesionais e expertos.
Despois de largarnos un rollo impresionante, resulta que o argumento no que fai maior fincapé é o simple DESPRESTIXIO, ou o que é o mesmo, o insulto gratuito, tildándonos pouco menos que de ignorantes, intrusos, violentos, sectarios, sensacionalistas e alarmistas. Porque se algo o caracteriza a vostede é a capacidade para contar as cousas con certa floritura para atacar, pero en plan fino, como se os “desinformados” destoutro lado da pantalla non souberamos o que nos está chamando veladamente entre liñas.
Lamentamos que adopte esa posición de superioridade, como se nos contemplara dende unha torre de cristal académica, inalcanzable para os que profesionalmente nos dedicamos a outros oficios -tan respectables coma o seu, por certo- e que segundo vostede non merecemos estar á altura do seu coñecemento ou da súa lexitimidade para defender un Patrimonio público que está EN PERIGO.
En perigo porque a urbanización da zona aféctalle á área de CAUTELA legal dos petroglifos do Pornedo. En perigo porque -e así nolo recoñeceron esta mesma semana no servizo de Patrimonio- o estado de conservación é francamente mellorable á vista da vexetación e do arborado que medra ao redor. En perigo porque ata non hai moito tempo había instalado nesa mesma ladeira un circuito ilegal de motorismo cuxos usuarios non tiñan nin o máis mínimo coñecemento do valor que ten esa humilde laxe, e aínda que tal circuito foi erradicado, non sen pouco esforzo, hai un camiño polo que se segue transitando con vehículos.
Entra vostede neste blog “coma elefante en cacharrería”, culpándonos pouco menos que das dez pragas de Exipto, advertindo de non se sabe que consecuencias sobre non se sabe que proxectos de suma importancia, clamando polo tempo e os gastos de non se sabe quen, como se o tempo e os gastos deste colectivo en informes topográficos, ambientais e -si, tamén!- arqueolóxicos, non existiran. E vén reclamando rectificación e rehabilitación do que semella ser a súa dignidade ferida, cando quen ATACA, SOBREDIMENSIONA e CRIMINALIZA é vostede só porque non está de acordo -insistimos- coa reprodución dun artigo publicado previamente noutra web.
Un último apuntamento, xa que -á vista dos reiterados comentarios cos que nos vén azoutando nos últimos días- semella que lle tardaba ver plasmada a súa incendiaria pegada nesta modesta bitácora. Os comentarios publícanse previa moderación da persoa que administra esta páxina; por unha simple cuestión de seguridade e para evitar, como foi o caso, que se sobrepasen os límites da discrepancia en termos de respecto e cordialidade, aínda que vostede tivera a habilidade de revestir as súas palabras cunha capa de falsa corrección. Non tendo vostede participado nunca antes neste blog -nos máis de tres anos que leva en funcionamento, e por conflictos relacionados coa defensa do Patrimonio que non fose!-, a súa primeira intervención necesariamente tiña que ser dada “de alta”. Vostede non é quen para marcar os tempos do administrador deste blog, porque calquera ten máis cousas que facer que estar pendente dun comentario feito a touro pasado, e moito menos de facelo público e contestalo cando vostede “ordene e mande”, xa que cita tempos pretéritos que non viña a conto mentar para nada. Este blog non está ao servizo do afán de notoriedade de ninguén. E o que vostede chegou a tildar de censura simplemente non existe; do contrario, non se lle estaría dando cumprida resposta.
By: MontePituco on 31/07/2013
at 03:29