Publicado por: MontePituco | 02/04/2013

‘HERDEIROS POLA FORZA’, ESTE XOVES EN MARÍN

Presentación de "Herdeiros pola forza", este xoves en Marín.

O arqueólogo Xurxo Ayán e o xornalista Manuel Gago presentarán este xoves 4 de abril, a partir das 20:00 horas na Biblioteca Municipal de Marín, o libro “Herdeiros pola forza”, publicado por 2.0 Editora. A actividade forma parte das I Xornadas sobre Patrimonio organizadas por Queremos Galego Marín.

“O gran desafío será ensinar a ler, coa ollada dos homes do século XXI, o que nos conten todos estes espazos, combinar o alento encantador da vella tradición oral cun relato desde o presente, desde a ciencia e a nosa percepción do mundo; se non o conseguimos, todo o que preservemos non valerá de nada. Penso no fracaso reiterado dos monumentos de autoestrada pagados indecentemente coa lei do 1% cultural; horrendos armatostes neses non-lugares que son as rotondas das autovías e as súas cunetas. Monumentos sen vínculos co mundo, cheos de óxido e fentos, monumentos sen nome, sen historia que contar. Cando nunha década vaian caendo, non haberá ninguén que os poña en pé”.

[Herdeiros pola forza: Xurxo Ayán e Manuel Gago. 2.0, 2012]

"Herdeiros pola forza", de Xurxo Ayán e Manuel Gago (2.0 Editora, 2012).

…Neste Monte SI hai CULTURA…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: