As I Xornadas para a Defensa e Valorización do Patrimonio que organiza Queremos Galego Marín neste mes de abril van contar con dúas actividades relacionadas co proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños: a presentación do documental “Sete Camiños, encrucillada o tempo”, o venres 26 ás 20 horas na Biblioteca Municipal, e un roteiro ata o Espazo Sete Camiños para ver os petróglifos do Pornedo raiando o solpor e despedir a xornada no miradoiro natural dende o que se contempla a ría.
Unha das ameazas que comprometen a posibilidade de crear o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños é o proxecto do Concello de Marín de construir un polígono industrial no Monte Pornedo; unha infraestrutura incompatible coa conservación deste enclave pertencente aos Montes do Morrazo, catalogados como Espazo Natural Protexido polas Normas Subsidiarias e Provinciais de Planeamento.
…POLÍGONO no Pornedo e nos Sete Camiños, NON!




Deixar un comentario