Publicado por: MontePituco | 27/03/2013

LIMPEZA DA CURVA DA PENA

 

Curva da Pena trala actuación dos operarios da Deputación.

Di a Axencia Estatal de Meteoroloxía que este mes de marzo podería ser o máis lluvioso dos últimos 66 anos. En 1947 caeron 135 litros por metro cadrado; a cantidade que máis se lle aproximou foron os 125 que se recolleron en 2001. Os expertos cren que este ano superarase esa cifra. E abofé que leva chovido moito durante o inverno e no que levamos de primavera. Entre o Caeiro e a Pena, pola canle na que baixan as augas pluviais dende o monte non para de discurrir un caudal que varía en función da intensidade das precipitacións. O rego lateral da estrada acumulara moita terra e moita vexetación caída das árbores pola acción do vento.

Neste punto, precisamente, a auga xa rebordaba e cruzaba o asfalto ata a outra beira, facendo que o firme se volvera esbaradizo para os vehículos que circulan por esta zona. Así foi que a semana pasada desprazáronse ata este lugar un grupo de operarios da Deputación, que estiveron limpando as marxes da broza que cubría as canalizacións.

Curva da Pena trala actuación dos operarios da Deputación.

Curva da Pena trala actuación dos operarios da Deputación.

Curva da Pena trala actuación dos operarios da Deputación.

Curva da Pena trala actuación dos operarios da Deputación.

Semella unha actuación puntual que probablemente non se volva repetir ata que pase bastante tempo, cando o desexable para a veciñanza da zona sería que eses traballos de limpeza se reforzaran con algunha medida para reforzar a seguridade vial neste treito de curvas pechadas e con pouca visibilidade.

A escalinata verqueaugas resultou ser unha chapuza: os propietarios da parcela colindante queixáronse de que a cauga caía fóra da canaleta e inundaba a finca. E a ras da estrada, a auga do rego que discurre polo arcén atascábase porque a escalinata cortáballe o paso; un problema que atallaron cunha medida ao estilo “Pepe Gotera&Otilio” facendo un burato lateral que, á vista da imaxe, non evita que a auga siga empozada.

A ver canta máis chuvia nos depara o ceo. Seguiremos informando.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: