Publicado por: MontePituco | 25/03/2013

POST-DÍA DA ÁRBORE

Plantando unha cerdeira no monte veciñal de Salcedo.

Toño Vázquez e Rafa Quintía, da SAGA, con Miguel, da Comunidade de Montes de Salcedo, coa cerdeira que plantaron con motivo do Día Forestal Mundial.

Rosalía Rodríguez e Xosé Feijóo, da SAGA, plantaron un carballo no Monte da Fracha, en Pontevedra.

A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) celebrou o Día Forestal Mundial cunha acción simbólica a prol do medio ambiente, da recuperación dos bosques e da paisaxe tradicional: a plantación dunha árbore autóctona en cada unha das catro provincias galegas.

Foi unha iniciativa plural, extensiva a toda a cidadanía sensible co medio ambiente e coa cultura. No blogue da SAGA aparecen diversos testemuños gráficos das experiencias que se levaron a cabo en distintos puntos da nosa xeografía.

Un carballo no Monte Meda, Alto Támega, Ourense..

Fiz, Anxo e Miguel Losada plantaron un carballo no Monte Meda, Alto Támega, Ourense.

David Outeiro e Bran, cun teixo na zona de Bullón, Lugo.

David Outeiro e o seu can, Bran, plantaron un teixo na zona de Bullón, Lugo.

Eugenio Karkallon plantou un carballo no Monte das Arcas, na Coruña.

Eugenio Karkallón plantou un carballo no Monte das Arcas, provincia da Coruña.

No Monte Pornedo hai tempo que plantamos o noso símbolo da resistencia: un carballo que, como a vida, foi experimentando as súas vicisitudes, pero que aí sigue, anclado coas súas raíces á terra, facendo a súa humilde contribución a purificar o aire que respiramos, e segregando nel o aroma da dignidade dun grupo de veciños e veciñas que defendemos este monte da barbarie destructiva e da cobiza irracional dos que se queren lucrar a costa da ilegalidade e da inmoralidade.

...E o noso pequeno carballo, de volta no seu fogar, a Terra Nai

En abril de 2010.

Monte Pornedo, novembro de 2011.

En novembro de 2011.

O carballo do Monte Pornedo (Pituco), plantado en 2011.

En abril de 2013.

Pero o Monte Pornedo non é o único foco de resistencia. Os bosques autóctonos e a paisaxe tradicional galega, sobre os que se forxaron mitos e lendas ancestrais, e que conforman a nosa historia e identidade colectiva, atópanse nun momento de debilidade ante diversos proxectos produtivos e de infraestruturas que agreden a súa integridade e a súa pervivencia.

Neste sentido, a SAGA pretende saír na defensa destes espazos naturais e implicar nesta corrente solidaria a toda a cidadanía.

En Ourense, X.R. Reigada; X. L. Lozano; P. Carballo; R. Castro; E. Castro; C. Videferre.

Plantación de especies autóctonas en Ourense, con X.R. Reigada, X. L. Lozano, P. Carballo, R. Castro,E. Castro e C. Videferre.

Nipis, cunha aveleira no regato de Rivas no val do Támega, en Ourense.

Nipis, cunha aveleira no regato de Rivas no val do Támega, Ourense.

En Vilar de Barrio, Ourense.

En Vilar de Barrio, Ourense.


Responses

  1. “Cando penso que un soio home, armado únicamente dos seus recursos físicos e morais, foi capaz de facer xurdír dun ermo esta terra prometida, convénzome de que, a pesar de todo, o xénero humano é admirable”.
    (Jean Giono)
    O home que prantaba árbores


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: