Publicado por: MontePituco | 17/03/2013

ANDAINA POLOS SETE CAMIÑOS (I)

Unhas 30 persoas participaron na andaina organizada pola Asociación Cultural Almuinha de Marín e a comisión técnica do proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. O roteiro partiu do Monte Pornedo, na parroquia de San Xulián de Marín, e percorreu diversos puntos dos montes veciñais de Lourizán e Salcedo, para voltar ao punto de saída. Os petroglifos do Pornedo e dos Sete Camiños, de Regato dos Buratos-Outeiro da Mina e da laxe da Moura, as mámoas dos Sete Camiños e do Catadoiro, os miradoiros naturais dos montes Catadoiro e Pornedo, foron algúns dos lugares visitados. Ao longo do itinerario prantáronse varios exemplares de carballo para conmemorar simbolicamente o Día Forestal Mundial que se celebrará este vindeiro 21 de marzo. Os participantes na andaina -procedentes de localidades como Marín, Pontevedra, Moraña e Vigo- portaron bolsas coas que se recolleron envases plásticos, latas e botellas que ao remate da andaina se depositaron nos contenedores oportunos, contribuíndo así a manter o monte máis limpo. O obxectivo deste roteiro, que se repetirá en vindeiras ocasións, é dar a coñecer a riqueza ambiental e cultural deste espazo, ameazado en parte pola construcción dun polígono industrial.

Os carballos, antes de ser plantados.

Andaina polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

No petroglifo dos Sete Camiños.

No petroglifo dos Sete Camiños.

Na encrucillada dos Sete Camiños.

Na encrucillada dos Sete Camiños.

Na mámoa dos Sete Camiños.

Empregando as novas tecnoloxías para sinalizar a ruta.

Calmando a sede na Fonte da Prata.

No conxunto rupestre de Regato dos Buratos-Outeiro da Mina.

Subindo cara ao miradoiro do Monte Catadoiro.

Por Lourizán, de camiño hacia o Monte Pornedo, en San Xulián.

Tamén reparamos nos petroglifos modernos de Pepito Meijón.

Nos petroglifos do Monte Pornedo.

Celebrando por anticipado o Día da Árbore, plantando carballos ao longo do itinerario.

Celebrando por anticipado o Día da Árbore, coa plantación simbólica de varios carballos no itinerario do roteiro.

Unha pequena parte da gran cantidade de lixo que se retirou do monte.

…Moitas grazas a tod@s, ata a próxima andaina…


Responses

  1. […] este pasado fin de semana, un roteiro polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, tres anos despois do último percorrido que os promotores desta entidade cultural convocaran en marzo de 2013 polos […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: