As beiras da estrada de San Xulián á altura dos lugares do Caeiro e da Pena xa locen outro aspecto, logo de que se procedera á limpeza da vexetación con maquinaria pesada.
De momento, os traballos de desbroce detivéronse na Pena e non continuaron pola beira da estrada de Figueirido ata o cruce do Regueiriño.
Un vial que necesita novamente unha urxente actuación para eliminar o exceso de vexetación é a estrada que conduce aos lugares do Casal, Laxe e Arealonga. A un lado e outro, as xestas, as silvas o outros arbustos sobrepasan demasiado os quitamedos e os valados, e apiques están de invadir os carrís de circulación.
Deixar unha resposta