Publicado por: MontePituco | 15/04/2012

VECIÑ@S DE SAN XULIÁN, QUE NON VOS ENGANEN

Advertisements

Responses

  1. Que expertos serán os que aconsellan á Asociación Virxe dos Remedios?
    Que estudos terán consultado para pensar que o Pornedo é un lugar idóneo para poñer un polígono industrial?
    Cantos veciños con dous dedos de fronte poden apoiar semellante barbaridade?
    Eu recoméndolle á vecindade de San Xulián que se informen ben antes de tomar decisións

    • O que plantexas é moi serio, como todas as reflexións que fas nesta páxina. Que profesional está disposto/a a asinar un informe feito “á medida” dos intereses dun particular ou dun colectivo, terxiversando datos, chuzando con calzador non unha, senón dúas! urbanizacións industriais -coas súas correspondentes vías de comunicación- nun espazo con tantos inconvintes a nivel técnico, paisaxístico, patrimonial? Que técnico pode “manchar” as súas mans en semellante despropósito, cuestionando a súa ética profesional? Que clase de “mercenario” pode enzoufarse nun asunto tan espiñento, cando levamos tanto tempo informando dos inconvintes da orografía natural do Pornedo?
      Temos moitas ganas de saber que empresa ou enxeñeiro/a foi quen de avalar que entre o Pornedo e os Sete Camiños poden encaixonarse un polígono comercial e outro industrial. Primeiro, para plantificarlle diante da napia os nosos dous informes, moito máis solventes e rigorosos, seguro, ámbolos dous absolutamente negativos dende o punto de vista técnico. Están á disposición de quen os queira consultar, empezando pola Xunta, que xa os recibiu no prazo de alegacións ao Plan Sectorial de Solo Empresarial. Segundo, para suxerirlle que vaia coñecer o Pornedo sobre o terreo e que logo se dea unha volta por Combarro para comprobar un concepto denominado “intervisibilidade” e que a alguén coa súa formación non lle debería soar demasiado raro. E terceiro, para regalarlle unha caixa de bombillas para paliar a súa falta de “luces”.
      Do promotor ou promotores do “estudo” en cuestión -léase Asoc. Virxe dos “Remendos”- preferimos non dicir nada.
      Grazas pola visita e polo comentario, sempre tan oportuno.

  2. ¡La que nos faltaba! Con este caballo de Troya -desinformado y egoista-no queda más remedio que gritar: ¡que les zurzan!. Para, a continuación, decir que habrá que seguir insistiendo, allí donde se toman las decisiones, con la razón y los datos, que Monte Pornedo no es la solución idónea para solucionar el problema de suelo industrial de Marín.

    • Efectivamente, Erasmo: desinformado e egoísta. Pero non se trata dunha desinformación inxenua, en absoluto. Quen promove estas iniciativas sabe perfectamente que Defende o Monte Pituco ten moitas razóns de peso para xustificar o seu rexeitamento ao polígono industrial, cousa que vai en contra dos seus “intereses”. De aí que isto se convertera nunha cuestión “pseudopersoal” pola súa parte, un “erre que erre” que o impulsor deste despropósito está empeñado en levar adiante dunha forma absolutamente terca, a base de manipulación e mentiras, como se o seu empeño particular estivera por enriba das circunstancias desfavorables do terreo, do impacto ambiental, dos mananciais dos veciños (dos seus propios mananciais!) e doutras moitas cuestións que non pode apreciar porque carece da máis mínima sensibilidade fóra do que son os cartos e as relacións de poder.
      Graciñas (enésimas) polo apoio, e adiante coa defensa do Pornedo!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: