Mañá sábado, a partir das 21:30 horas no Colexio Carballal (Viñas Blancas), celébrase o XV Festival Folclórico Virxe dos Remedios que organiza a Asociación Cultural Airiños de San Xulián. Van actuar o grupo de danzas Ximalveira, de Hío, en Cangas; a agrupación folclórica Vides Novas, de San Salvador de Poio; o grupo de pandereteiras de Fentos e Frouma, de San Xulián; e o grupo de baile e a banda de gaitas Airiños, tamén de San Xulián, que van actuar conxuntamente con Fentos e Frouma.
Publicado por: MontePituco | 26/08/2011
XV FESTIVAL FOLCLÓRICO EN SAN XIÁN
Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: Cultura, Parroquia de San Xulián
Deixar unha resposta