Publicado por: MontePituco | 17/08/2011

O MONTE DO SEIXO, 10 ANOS DESPOIS

O Monte do Seixo sucumbiu hai xa dez anos á epidemia dos muíños eólicos que agora ameazan o lugar de Pedras Negras no Morrazo, ou a Serra do Galiñeiro no Val Miñor. Daquela, un grupo de persoas comprometidas coa conservación do patrimonio material e inmaterial da zona traballaron arreo para que non se cometera esa agresión ambiental e cultural: recolleron lendas e toponimia, afondaron no estudo dos elementos etnográficos, conseguiron o apoio da veciñanza, publicaron os seus traballos en libros e revistas, impartiron conferencias divulgativas e gravaron un interesante documental para deixar constancia de toda esa riqueza.

O Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca non conseguiu impedir que as torretas e as aspas mecánicas invadiran este monte máxico, pero fixo un traballo moi louvable para dignificar este legado do que se encapricharon as poutas da especulación.

Unha década despois, diversos colectivos únense para organizar unha subida reivindicativa ao Monte do Seixo, o próximo sábado 27 de agosto. O punto de encontro será ás 10:00 horas na igrexa de Cerdedo para achegarse en coche ata o propio monte, onde se realizará unha andaina, o ritual do Lugnadad e xogos populares. A xornada rematará cun xantar que, en caso de mal tempo, se trasladaría ao bar O Meu Lar.

Encabeza esta iniciativa o colectivo Rato Rabisaco, co apoio da Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, a Asociación de Mulleres Espadela (Cerdedo), a Asociación Cultural Canón de Pau (Cotobade), a Asociación Cultural Trentinán (A Lama), Amigos da Cultura (Pontevedra), Vaipolorío (Pontevedra), o Centro Social Lume (Vigo) e o Instituto Galego de Estudos Célticos.

(Ver artigo titulado: A MAXIA DO MONTE DO SEIXO, de outubro de 2010).


Responses

  1. Eu, Alberto Malvido, galego, veciño de Bueu, pido a medalla Castelao para o insigne Calros Solla. Obrigado pola extraordinaria xornada de onte.

    • Grazas pola visita ao blog, Alberto, e por participar nel co teu comentario. Abofé, foi un roteiro ben interesante, cun espléndido guía como Calros Solla, e coas observacións non menos enriquecedoras de André Pena. Esta semana faremos a nosa crónica da andaina. Agardemos que esteas aí para compartir connosco a túa impresión.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: