O blog DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) segue medrando. Ao apartado sobre os elementos da “arte rupestre” que atesoura este lugar, súmanse tamén dúas novas páxinas -situadas adicadas na parte inferior da imaxe que encabeza os artigos- a amosar a “fauna” e a “flora”. Son páxinas abertas á participación dos lectores, que poden enviar imaxes dos animais e das prantas que atopan nos seus paseos polo monte, ou comentarios técnicos sobre as especies ás que pertencen, os usos ou as cualidades que posúen. Entre todos e todas, imos crear a fotogalería deste espazo privilexiado.
…Moitas andainas. Con sol e calor, con choiva e vento, con néboa ou co ceo azul. Milleiros de pasos. A experiencia sempre é diferente: a intensidade da luz, o sentido do aire, un son, un aroma. Os sentidos, receptivos a todo tipo de sensacións. E velaí está ese paxaro, ou esa flor, ou ese insecto, ou ese arbusto. Bechos e herbas son os habitantes “anónimos” do Monte Pornedo. Seres vivos que se asoman a esta fiestra virtual como mostra da riqueza natural e da biodiversidade deste espazo que merece perdurar.
PÁXINA SOBRE A “FAUNA” DO MONTE PORNEDO
PÁXINA SOBRE A “FLORA” DO MONTE PORNEDO
Deixar unha resposta