Publicado por: MontePituco | 07/07/2011

PREMIO SUNSHINE

O noso amigo e compañeiro Rafa Quintía, a través do seu blog Á sombra de Bouza Panda, tivo a amabilidade de obsequiarnos cunha distinción que, máis que un recoñecemento, é unha luminosa cadea de esforzos e vontades. Dámoslle as grazas polo seu xesto xeneroso, e felicitámolo polo traballo de divulgación histórica, cultural e antropolóxica que fai a cotío na súa interesante bitácora. Recibimos este Premio Sunshine non só con gratitude, senón tamén con moita ilusión, e tomámolo como un estímulo para seguir traballando a prol da defensa e da conservación da riqueza natural, histórica e cultural do Monte Pornedo fronte ás ameazas que lle afecten.

En cumprimento das normas do premio, cumprimos coas seguintes pautas: amosar a distinción neste blog, pór un enlace á páxina da persoa da que se recibiu o galardón, facer partícipes desta distinción a outros 12 blogs do meu interese, publicar o seu enderezo, e comunicarlles a concesión do Premio Sunshine. Os escollidos por Defende o Monte Pituco (Pornedo) para continuar esta cadea de soles son:

–BreaSeixo: recentemente deixou de actualizarse, pero o seu contido é un exemplo de constancia, de loita e de inxenio, onde tamén atopamos simpatía e alento para a nosa causa.

–Rurales & Urbanitas: non é propiamente un blog, senón o foro de “Erasmo” que, aínda vivindo fóra de Marín, sente e preocúpase na distancia polos acontecementos da súa vila como se vivira nela os 365 días do ano; tamén lle agradecemos o seu apoio ao monte Pornedo.

–Asociación Cultural Almuinha: un colectivo puxante, creativo e entusiasta, sempre a prol da lingua e da cultura galega, intentando dinamizar a vida social marinense con charlas, cursos, proxeccións audiovisuais, roteiros, xantares… actividades con moita imaxinación e recursos limitados; ánimo.

–Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños: aínda que xa recibiron un Premio Sunshine, outro máis vai de reforzo, para que non esmoreza a ilusión deste colectivo na súa teima de crear un entorno que aúna medio ambiente, cultura, historia, desenvolvemento rural, turismo…

–Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo: acaba de comezar a súa andaina, pero a súa causa, a prol da protección dos Montes do Morrazo contra os parques eólicos, industriais e as infraestruturas que ameazan a súa riqueza, merece este pulo; máis ánimo.

–Instituto de Estudos Miñoranos: pola súa sólida traxectoria, por axudarnos a coñecer a arte rupestre con outra perspectiva, pola súa defensa irreductible do territorio, por enriquecer a bagaxe da cultura galega coas súas investigacións.

–Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común: en agradecemento polo apoio a Defende o Monte Pituco, polos consellos recibidos; polo seu traballo na promoción do carácter multifuncional do monte veciñal; por recoller tanta información de interese sobre as comunidades de montes galegas.

–Xoán Arco da Vella: por camiñar, por compartir con todos e todas as paisaxes e as historias de tantos lugares que visita, captando con fermosas imaxes a beleza inmensa de Galicia enteira, e atesourando un patrimonio audiovisual que merece o noso máis sinceiro recoñecemento.

–Grupo Cultural Ronsel: un tributo máis a Xan Montenegro, polo seu compromiso con Marín, pola súa lealtade e amizade; e para que os seus compañeiros continúen con máis entusiasmo, se cabe, a súa actividade de difusión do patrimonio marítimo e rural.

–Patrimonio Galego: por aunar vontades a través da rede, creando un tecido de colaboracións que farán posible inventariar o noso patrimonio material e inmaterial, cunha atención especial aos elementos que se atopan en perigo

–Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca: pola súa adicación meticulosa na investigación da historia, da cultura, da tradición oral dos pobos e dos lugares cunha trascendencia mítica, que deu lugar a publicacións e documentais rigurosos e interesantes; bo traballo.

–Paco do Martelo: compartindo imaxes e experiencias sobre o seu pobo, sobre o monte veciñal, contribuíndo a dar a coñecer a paisaxe e a paisanaxe da bisbarra do Barbanza; un aliado na rede, un exemplo de sinerxia virtual.


Respostas

  1. Avatar de Pasaba por aquí...

    Eu felicito efusivamente a Monte Pituco por este premio tan merecido, e recibo moi emocionada esa parte que tan xenerosamente comparte conmigo.
    Unha aperta e moitos Sunshines mais para este blog.
    Non te rindas!

  2. Avatar de Erasmo

    Muchas gracias por tu amable recuerdo Montepituco. Yo también te felicito por tu excelente blog. Siempre me encontraréis a vuestro favor en la defensa de Pornedo como zona natural.

    • Avatar de MontePituco

      Moitas grazas, Erasmo, benvido ao blog unha vez máis. Grazas polo teu inestimable apoio.

  3. […] 09.07.2011 Organización Galega de CMVMC, ORGACCMM: Recoñecemento ao noso traballo […]


Deixar unha resposta

Categorías