Publicado por: MontePituco | 24/05/2011

DOSSIER DE PRENSA POST-ELECTORAL

Faro de Vigo, 24 de maio de 2011. Entrevista de Julio Santos Pena a María Ramallo: http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2011/05/24/clave-sera-administrar-enorme-confianza-vecinos-depositaron/547543.html

Diario de Pontevedra, 24 de maio de 2011: http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/90770.html

La Voz de Galicia: “El resultado abre la puerta a un diputado del PP de Marín“.


Responses

  1. Hay una pregunta de la entrevista donde Julio Santos me gusta en su papel, interpela a la Sr María con la interrogante:
    ¿ “qué ha pasado para que se produjese ese triunfo”?
    Donde se responde más menos de manera convincente.
    El interlocutor no satisfecho con la respuesta –saco mis conclusiones- a degüello continúa a renglón seguido:
    ¿No cree que también hubo algún elemento externo que influyera en el sentido del voto?
    Y nos sorprende la Sr. Ramallo con una salida por la tangente con poco estilo para ser política.(a mi entender)
    La respuesta de inmediato en mi mente y creo que a quienes hemos navegado por este medio claramente sería Erasmo, Breaseixo y Monte Pituco, en un tanto por ciento considerable.
    Puede que no hubiera otra alternativa a la pregunta ………….no lo sé.

    • Estimado Penitente
      Darlle a benvida, en primeiro lugar, a este blogue; e as grazas, pola súa participación.
      Os políticos, prezado amigo, se me permite a expresión, están adestrados/as para saír pola tanxente e por onde se tercie. Discrepo de vostede: a resposta de María Ramallo a esa pregunta máis ou menos capciosa do entrevistador non carece de estilo; é unha contestación prudente que se axusta ao guión e, en certa maneira, á realidade. Porque, efectivamente, os votantes penalizaron ao grupo socialista influidos pola situación de crise, ao que se suman circunstancias particulares da dinámica que mantivo nesta lexislatira o dúo Veiga-Blanco, coas súas respectivas orquestras, e que non cómpre debullar aquí porque son de sobra coñecidas esas “miserias”, comezando polo veto aos colectivos e ás persoas críticas coa súa xestión e coas súas maneiras.
      Se o que vostede pretende é que Monte Pituco se “atribúa” parte do “éxito” acadado polos populares en Marín, está errado. Nesta bitácora virtual non se fixo propaganda a prol do PP. Fíxose “campaña” (remarco as aspas) en contra do PSOE e do BNG polo desprezo co que, especialmente o alcalde (agora en funcións) nos leva tratando dende que saímos á palestra. Aínda están “frescos” os artigos nos que rachabamos a papeleta da candidatura nacionalista, e tachabamos a lista encabezada por Veiga. Pero en ningures atopará unha alusión instando á cidadanía a decantarse por ninguén en concreto. Había outras catro opcións políticas e cada elector/a foi perfectamente libre de escoller a que máis lle encheu o ollo.
      Respectamos o resultado. Felicitamos a María Ramallo e ao seu equipo. Seriamos falsos se lamentaramos a marcha de Veiga-Blanco (&cía) aos bancos da oposición. Non en van gañaron a pulso os seus pésimos resultados. O único que lamentamos é que diminuíra a representación de Mar-In e que Miguel Suárez Briones abandone o seu posto na Corporación. Botaremos de menos a súa agudeza analítica, o seu sentido do humor retranqueiro, mesmo a súa mala uva nos momentos de tensión, e as súas intervencións memorables, que deixaban en evidencia a incapacidade do anterior equipo de goberno. Confiamos en que siga facendo valiosas aportacións ao devir municipal para que o papel de Isabel Martínez Epifanio saia fortalecido nestes próximos catro anos, e que o electorado saiba valoralo nos comicios seguintes.
      Por Erasmo e BreaSeixo profesamos o respecto debido a quen ten a coraxe suficiente de rebelarse e expresarse en termos críticos. Afirmar que Erasmo, BreaSeixo, ou mesmo Monte Pituco, tiveran máis ou menos parte de “culpa” no sentido do voto, non só me parece esaxerado, senón un tanto pretencioso en caso de que calquera deles subscribira esa apreciación. Na miña modesta opinión, estariamos cuestionando a intelixencia dos marinenses. E para nada…
      Saúdos, e ata outra ocasión.

      • …Post-data: Desculpas polo rollo!

  2. Comparto totalmente a opinión de Monte pituco.
    En primeiro lugar deixádeme que lamente a viva voz que M. S. Briones xa non vaia estar na próxima lexislatura. Con el vaise, como di Monte Pituco a agudeza intelectual, pero tamén esa dose de integridade que tanta falta fai na nosa política.

    Por outra banda quero decir unha vez mais que estamos nunha mala época para o progresismo, e non porque de repente todo o mundo se volvera conservador, senón porque os partidos de esquerdas están mais concentrados en captar votos para que os seus dirixentes poidan seguir vivindo do conto, ca en escoller cuidadosamente ós seus candidatos. xa non se buscan valores. Agora vale a mismísima merda con tal de que sea popular e traia os votos dos borregos.
    xa coñecedes o dito: “A merda é boa, dez mil millóns de moscas non poden equivocarse”
    Con sorpresa e con vergonza allea, fomos vendo cales eran os candidatos que se presentaron a estes comicios: O PSOE levaba algúns que non saben nin quen foi Pablo Iglesias, e o Bloque presentounos a varios que nin falaron galego na súa vida, nin dan a talla intelectual suficiente para sumar dous dedos de frente.

    O malo que teñen as eleccións Municipais é que tod@s nos coñecemos.
    Fran Veiga & Company demostraron unha e outra vez que non defendían a Marín nin ó Socialismo. Sólo andaban na procura de manter un soldos privilexiados durante o mais tempo posible. Se lle sumamos isto a os malos tratos ós que estivemos sometidos os veciños, o resultado é unha bomba de reloxería.
    O lema de Breaseixo durante os prieiros meses de loita foi: PSOE BNG RECTIFICADE XA.
    Que inocencia a miña!
    Os políticos escarallábanse de risa e apenas tiña lectores..
    Hasta que as circunstancias obrigáronme a cambiar a mendicidade pola crítica dura.
    Caramba que resultado me dou!
    Medio Marín prestoume atención, aínda que fora para insultarme. Xa ninguén nos ignoraba. Nin a min nin ós meus veciños.
    Que quede ben craro que nunca usei a difamación nin a mentira e todo canto dixen se pode probar.

    Volvo decir que todo o mérito do éxito acadado por María Ramallo, débese á propia María Ramallo e a súa labor impecable na oposición durante estes anos. Eu puden ser testigo de privilexo porque ó meu correo chegaban continuamente probas de moitísimas cousas que non coñece o veciño común: facturas, documentos, fotos, e outras cousas que nunca cheguei a publicar.
    Ademais, se prestades un pouco de atención, veredes que supo rodearse de xente xoven, que en todo momento contou coa boa organización das xuventudes do PP e supo apartar todo canto pudo ós carcas de toda a vida.
    Onde andaban as xuventudes socialistas?
    E aquel grupo crítico que quería botar fóra a Muradas e que o fixeron calar enseguida?
    En que se convirteu o PSOE marinense?

    Será boa ou mala alcaldesa a Ramallo?
    Iso está por ver.
    Penso que debemos deixarlle traballar uns meses e despois xa criticaremos o que teñamos que criticar.
    Así o fixemos con Fran Veiga, que o deixamos en paz un ano enteiro a ver o que facía. Debemos ser xustos e darlle tempo ó tempo.
    A victoria da Ramallo foi tan aplastante que a Fran Tíñalle que cair a cara de vergonza.
    Os socialistas contaban coa baza de que “Marín sempre foi moi roxo” e nunca votaría ó PP.
    Precisamente por iso Marín foi o pobo con mais abstencións da provincia de Pontevedra. Os mais escrupulosos da esquerda non foron votar. Pero todos os demais, independentemente da súa ideoloxía sólo tiñan unha cousa en mente:
    Largar a este equipo de goberno tan inútil. Era tanto o empeño de todos e tanto o medo de non conseguilo, que os potenciais votantes de Mar-In, inclináronse hacia o PP por temor a que os independentes pactaran co PSOE.
    Esa foi a realidade.
    Monte Pituco e Breaseixo non inventaron nada, o único que fixeron foi darlle voz a todas aquelas persoas que non se atrevían a queixarse.

    Espero que quede claro


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: