De onde eres? De Marín non, dende logo. É moi doado chegar a un sitio sen ter nin idea do que acontece nel e poñerte a opinar, porque falar non ten cancelas. E todo porque che amola que uns veciños queiramos recuperar un espazo noso, comunal, que agora está convertido nun labirinto, cada vez máis grande, de surcos e rodadas. Para a túa información, todos, absolutamente TODOS os partidos con opcións de goberno neste concello inclúen no seu programa electoral a instalación dun polígono industrial. Punto primeiro.
Punto segundo. Porque non se pode chantar no medio da ría, nin tampouco en pleno centro da vila, o único espazo viable para estas propostas é no monte. Pero non en calquera parte do monte, que é o que nós reivindicamos. Na zona que nos afecta, en plena fachada marítima, a pendente está por riba do 15% en máis do 90% da superficie. Así que faite unha idea dos taludes desproporcionados, dos desmontes e da desfeita que conlevaría todo iso a nivel paisaxístico e ambiental.
Punto terceiro. Formamos parte dun grupo de colectivos a prol da protección INTEGRAL dos montes do Morrazo. E aí nos xogamos o peixe, capisci? Porque évos moi bonito que os partidos prometan montes e moreas, cando hai polígonos baleiros en todos os concellos da redonda.
…E sobre o artigo da prensa ao que aludes, está posto a título informativo, porque neste blogue fáiselle un seguemento a temas vencellados co urbanismo e co chan industrial. Se queres criticar que esteamos en contra do voso circuito ilegal de motos e quads, faino no apartado correspondente, e non mestures o touciño coa velocidade, intentando buscarnos as voltas e sacarnos incongruencias onde non as hai. Se che parece, para ecoloxismo, o voso. Para amantes do patrimonio histórico, vós tamén. Como legais no manexo de vehículos motorizados, vós os primeiros. Vós, vós, e sempre vós. Os malos, os demais. E temos que aturar que nos veñan dar leccións á nosa propia casa, manda c*.
por qué non criticas a MAR-IN por facer un polígono industrial no monte?…onde está o ecoloxismo desta xente?
By: Afrodita on 31/03/2011
at 06:52

By: MontePituco on 31/03/2011
at 07:51
parque industrial no pituco NON!
By: gandalf on 31/03/2011
at 07:46
e na Pastoriza tampouco!!!!!
By: gandalf on 31/03/2011
at 08:19