Publicado por: MontePituco | 28/03/2011

SEPRONA + POLICÍA = MOTOS FÓRA

 

…Vivimos no monte máis seguro do país. Nunca tal se viu no Pituco, con semellante despregue das Forzas e Corpos de Seguridade. Os coellos, os raposos, os cabalos, as abellas, as formigas, non falan doutra cousa. O motivo? O de sempre: motoristas a fume de carozo ladeira p’arriba e p’abaixo, queimando combustible, curvas, voltas e reviravoltas, pinchacarneiros e derrapes, labrando a terra coas rodas, facendo surcos cada vez máis fondos no terreo, estragando un espazo natural que non hai forma de rexenerar se os pilotos de motos e quads non deixan este monte tranquilo dun raio dunha vez. Será por queixas, por denuncias, por broncas! E chegamos xa a un punto de inflexión, de non-retorno. Presentouse a ocasión inmellorable para petar no chan co pé firme e berrar “non pasarán”.

Esa ocasión protagonizárona dous motoristas que chegaron ao Alto de Pornedo, aparcaron un dos vehículos case enriba dos petroglifos, usaron unha póla de piñeiro a modo de percheiro, e puxéronse a rodar por alí coma se nada. Como se o monte comunal non tivera dono. Como se as pedras e os gravados rupestres de 3.000 anos de antigüidade non mereceran un respecto. E que pasou? Que chegou a Policía Nacional de Marín. E detrás o Seprona de Cangas. E entre uns e outros léronlles a cartilla aos motoristas.

…Que non se pode circular cunha moto sen seguro!!!

…Que está prohibido rodar polo monte agás por pistas habilitadas para o tránsito de vehículos.

…Que esas pistas son vías públicas e, como tales, non se pode atentar contra a seguridade do tráfico circulando a gran velocidade e facendo manobras temerarias.

…Que ese “circuito” (entre aspas) existente no Monte Pituco é ilegal, creado impunemente polos pilotos sen autorización ningunha, está vixiado polo Seprona, que realiza patrullas habituais pola zona.

Javier e compañía pertencen a un colectivo amplo -e respectable- de afeccionados ao motor. Láianse de que carecen de espazos para exercitarse. Pero de ningún xeito non están lexitimados para practicar onde lles pareza, porque alguén lles dixo ou lles deixou de dicir. Recoñeceron que nunca houbo conversas coa Comunidade de Montes de San Xulián e, aínda que as houbera, o resultado ía ser nulo: na última asemblea os comuneiros opuxéronse á presenza de motos e quads no Alto de Pornedo polos graves danos que provocan. Por riba, a instalación dun posible circuito motorístico non lle compete ás comunidades de montes, senón á Xunta, que ten que autorizalo en función de criterios de medio ambiente e patrimonio. E de ningunha maneira o Alto de Pornedo se axusta a esas condicións, pola presenza de elementos arqueolóxicos catalogados, declarados Bens de Interese Cultural (BIC), arredor dos cales existe un amplo perímetro de protección. Ao que cómpre engadir que a zona foi reforestada e, polo tanto, a práctica motorística é agresiva coas especies arbóreas que pretenden sobrevivir nese entorno que os pilotos converten en hostil.

Javier e compañía “pagaron o pato” ao seren interceptados polo Seprona. Agora arríscanse a unha sanción por actuar con irresponsabilidade e neglixencia. O que lles honra é seren educados e comprensivos coas explicacións que lles deron os axentes e, sobre todo, os veciños e os integrantes da comisión do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Cando menos non reaccionaron con agresividade e prepotencia, coma o cenutrio aquel que se puxera en pé sobre os pedais do seu quad, nun intento inútil de amedrentar a quen teclea estas liñas, cando lle foi chamar a atención porque non podía seguir minando a terra “a lo bestia” e metendo un barullo infernal no monte.

Dende DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO), e como parte integrante da comisión a prol da creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, volvemos reiterar o noso firme rexeitamento a que este monte sexa a pista de probas indiscriminada dos afeccionados ao motor que tanto levan danado o lugar a sabendas da irregularidade que cometen circulando fóra das rutas permitidas. Insistimos na nosa estricta determinación de alertar a Seprona, Policía Nacional e cantas autoridades haxa ao alcance, para denunciar os motoristas que irrompan no Alto do Pornedo ou no Monte Pituco cos seus vehículos.

E non rematamos este relato sen volver criticar a directiva da Comunidade de Montes de San Xulián pola súa indolencia, o seu desinterese e a súa desidia ante un problema prioritario e do que os comuneiros teñen manifestado a súa fonda preocupación. Urxe unha actuación -coordinada ou supervisada pola Dirección Xeral de Montes ou a entidade competente na materia- para rexenerar este sufrido espazo. Os propios axentes do Seprona aconsellan que non se deixe a zona no seu estado actual, cheo de fochancas, coa terra poirenta e vencida pola erosión, susceptible de chuvias e riadas que converterían a zona nun barrizal improdutivo. Urxe tamén a sinalización do espazo, prohibindo expresamente a práctica motorística, ou adoptando medidas para impedir o acceso de motos e quads ao Alto do Pornedo. É de vergoña allea que os veciños teñamos que facer o traballo destes directivos lacazáns que, de non facer nada ao respecto, tamén merecerían unha denuncia por omisión e mesmo complicidade cos infractores.

Agardamos que esta mensaxe calle nos seus “destinatarios” e que a experiencia que vimos de expoñer, e mesmo de retratar con imaxes, sirva para COMEZAR A ERRADICAR DEFINITIVAMENTE esta práctica reprobable. Por último, e non menos importante, agradecer a dilixencia dos axentes -tanto do Seprona como da Policía Nacional de Marín- que se persoaron no Monte Pituco.


Responses

  1. Aínda que o efecto no noso monte non é tan devastador, cada fin de semana escóitanse a varios quilómetros os ruídos das motos e quads facendo das súas como se o monte fose deles ou non tivese dono. De momento a Xunta Reitora non tomou ningunha determinación e o que é peor, en moitos casos son veciños.
    Recentemente mesmo un deles sufriu un accidente.

    • Nós tamén temos algún veciño que fai o cafre. É unha mágoa que, por riba, sea xente nova, porque dá que pensar en mans de quen queda o monte o día de mañá. Un dos motivos polos que as xuntas reitoras teñen que ser tallantes na erradicación desta práctica é, precisamente, porque en caso dun accidente serio, a comunidade de montes pode ser resposable civil subsidiaria dos posibles danos, co cal, é un potencial problema para as arcas e os bens do colectivo. En calquera caso, a denuncia ao Seprona é o máis recomendable para atallar o problema: que tomen nota da situación, que patrullen a zona, que impoñan algunha sanción exemplizadora, e que a comunidade de montes actúe tamén pola súa conta sinalizando o espazo cun sinal que prohiba a circulación de vehículos e impedindo con algún atranco físico o paso dos quads e das motos. É o que perseguimos nós da nosa xunta reitora, e nada, non hai maneira, nin senten nin padecen, uns pasotas perdidos, que aparentan facer e, na práctica, todo é fume.

  2. Esta e unha das incongruencias de Laureano e compañia.Mais abaixo van de salvamontes e un pouco mais arriba fan caso omiso de espectaculos destes desaprensivos e depredadores moteros.Sempre tuven claro que a larry and company o monte lle importa un bledo.Parabens para os que se procupan por a vida do Pornedo

    • Moitas grazas, Xan! Benvidas esas palabras túas de alento!

  3. Efectivamente, en caso dun accidente as comunidades son responsables civís subsidiarias e dado que os montes son inembargables, no caso de que os fondos existentes non cheguen para aboala posible indemnización, teríamos que responder subsidiariamente os comuneiros e comuneiras.
    Por máis que no seu día tratei de explicar estas cousas nas asembleas cando tres directivos sen haberme avisado previamente contrataron a dous comuneiros sen ningún tipo de seguro para cortar madeira, viña o presidente e dicíalles que non era verdade o que dicía eu e quedábanse coas súas verbas. Non hai nada como ser un “licenciado” para meter trolas.
    O da xuventude dedicada a coidalo monte, lamentablemente non a vexo pola labor. De pequenos vésenlles moitas ideas, pero cando chegan a certa idade…

  4. Empezo decindo que me gusta o monte, e que o disfruto paseando a pe, ou tamén na moto. Dentro de tódolos colectivos hai cafres ao mando de unha moto, de un quad… ou dun-ha pluma. O que non se pode por decreto é mezclar a uns cos outros porque sí, sin coñecer nin afondar no tema. Gústame respetar aos demáis, respeto as normas de corculación e teño o meu vehículo asegurado do mesmo xeito que os todoterreos ou vehículos que se usan pra desplazarse polo monte.

    Non estou de acordo co da velocidade; hai tolos que van a 200 pola autoestrada, pero non por eso se nos prohíbe circular aos que vamos a velocidades prudentes. Non estou de acordo cos ruidos nos vehículos, nin nas motos de campo nin nos de estrada, pero éso e algo que compete a técnicos que han de medir os ruidos dos vehículos que se autoricen a circular pola vía pública, (Léase ITV).

    Levo moitísimos anos circulando polo monte “estragando pistas coas miñas rodas” desfacendo sementeiras e todo o que me queiran encalomar, pero o certo é que logo do paso de centos de motos por calquera camiño, en dous meses está recuperado. Un só día de choiva estragou en Vilagarcía pistas que usamos durante anos sin que se resentisen.

    Pido tolerancia, entendemento. Ha xeito de facer ben as cousas, hai asociacions que se poden poñer de acordo, hai moitas zonas por donde non se pode pasar e respetámolo. Somos os primeiros interesados en evitar problemas; A fin de contas, o que sobra en Galicia é monte.

    Dende hai uns anos que nos estamos tirando ao monte, por ecoloxismo, por ecoturismo, por sendeirismo, etc… e moitas das pistas que estaban esquecidas as mantiñamos abertas os aficionados a esto. Hai dous domingos me enterei que dende o meu concello, a pista que levo usando vinte anos foi declarada via de sendeirismo. Agora é irresponsable, un delito, sancionable con multas de 3000 a 60000 euros, usala pra outros fins. ¿Tanto dano facemos coma pra merecer esas sancions? ¿Dez millóns de pesetas? Éche ben certo que neste país, as sancions son inversamente proporcionais a gravedade do delito cometido.

    Non pasa nada, vou por outro lado e punto. Ese mesmo Domingo pasou por diante nosa, mentres estabamos parados unha parexa de camiñantes. Apagamos as motos, pedimos disculpas, e lles dixemos que si molestábamos que íamos pra outro lado. Non fixo falta, pois non se sentiron intimidados e aínda se quedaron un rato con nos. Moitos compañeiros meus son xente respetable, con boas posicions e de unha certa idade, que, como dirían en calquera película americana, tamén colaboramos cos nosos impostos a que todo este cotarro funcione.

    Agora, como é costume, pido disculpas si coas miñas opinións ofendín a alguén.

    • Non cómpren disculpas, pois o comentario é do máis educado e respectuoso, polo que che damos as grazas (tamén por visitar o blog e participar). Afeccionados ao motor e ao sendeirismo poden convivir perfectamente no monte; pero as motos, polos espazos autorizados, é dicir, pistas trazadas para o tránsito de vehículos. Nesta páxina o que reivindicamos é a erradicación da práctica motorística irregular que se produce no Alto do Pornedo: un espazo no que existen gravados rupestres catalogados e declarados BIC, arredor dos cales existe por lei un perímetro de protección que actualmente os motoristas se pasan polo arco de trunfo.
      Precisamente, un dos perigos dos que vimos alertando é sobre o risco de que algún día acaben rodando por riba da mesma pedra, destruindo irreversiblemente o valor que atesoura. De feito, ousan aparcar xusto ao carón, sentar enriba dela, pisala… Descoñecemento? Pode ser. Por iso reivindicamos tamén que a Comunidade de Montes sinalice, prohiba expresamente a rodaxe de motos e quads e recupere a zona, tanto para os sendeiristas como para o aproveitamento forestal. De feito, a zona foi reforestada, pero a acción continuada dos vehículos é incompatible co crecemento das especies prantadas.
      A queixa vai enfocada ao “apropiamento” que fixeron os motoristas deste contorno: lonxe de circular pola pista que se adentra no monte, o que fixeron foi crear un circuito ilegal neste Alto, de forma que trazan as rutas que lles dá a gana; cando esa vía lles queda obsoleta ou deteriorada, trazan outra, e outra, e mesmo se permiten o “luxo” de ampliar ao seu antollo o perímetro, chegando a adueñarse de camiños de paso a pé. Esta situación é intolerable e, se a xunta rectora da Comunidade de Montes non toma medidas a prol da protección deste espazo, atendendo á petición dos propios comuneiros, como quedou plasmado nunha asemblea en decembro de 2009, haberá que tomar outras medidas, vía Seprona e Xunta.
      Louvamos a túa sensatez ao volante, o rigor na tenza do teu vehículo pero, por desgraza, como vimos relatando, a experiencia é negativa con respecto a outros “usuarios” cos que tropezamos: motos sen seguro, pilotos agresivos e maleducados… Algúns, mesmo, dispostos a tomar represalias contra os petroglifos ou os propios veciños que os apercibimos. E outro tanto do mesmo acontece con quen vai tirar lixo, cascallos, ou abandoar animais, que de todo hai, lamentablemente.
      En Galicia non “sobra” monte, o que sobran son os agresores contra o medio ambiente, o patrimonio e a propiedade comunal. Insisto: propiedade comunal. O monte ten dono, non é terra de ninguén na que se poida actuar ao libre albedrío. Por iso, sentidiño, e si, tamén apelamos á tolerancia e ao respecto mutuo. Por iso, voltando ao principio… motoristas polas pistas autorizadas, sendeiristas polas nas rutas habilitadas, recursos patrimoniais en bo estado de conservación, superficie forestal en boas condicións de mantemento. É unha simple cuestión de ordenación do monte. Se a Comunidade de Montes fora eficaz na súa xestión, teríanse evitado moitos problemas, de aí que sexamos tan críticos con esta directiva.
      Grazas e un saúdo.

  5. Comprendo e comparto o voso respeto cara o monte, moitos aficcionados as motos sómolo porque nos gusta disfrutar dos nosos montes., das paisaxes.. pero o que vos dicides que é un espazo protexido… é posible que os centos de aficionados o sepan se nunca se lles dixo nada?. Como vos ben sabedes non hai un nin dous aficionados hai miles de aficcionados a práctica de vehículos off-road, en tanto tempo que dicides que estades poñendo denuncias, e críticas… non pensástedes que o mellor sería máis fácil poñer un cartel ou varios carteles de espacio protexido e indicar os motivos… ou simplemente un cartel durante 1, 2 ou 3 meses convocando unha xuntanza con usuarios do monte motorizados para falar con eles e explicarlles as cousas?

    Nos tamén queremos o monte, sen él non disfrutaríamos do noso deporte.

    • Agradecemos o teu respecto e a túa comprensión. Se les algo máis no blogue, en relación a este tema, verás que levamos tempo presionando á Comunidade de Montes para que faga precisamente iso: sinalizar, dirixirse aos colectivos e velar pola protección destas zonas do monte máis sensibles, onde hai elementos arqueolóxicos ou plantacións de árbores novas. Mentres, os veciños estamos facendo o traballo deles: patear o monte, falar razoablemente cos motoristas que atopamos para informarlles de que esa práctica está prohibida nese espazo… Nalgúns casos, máis dos desexados, retrúcannos de malas maneiras, elevando a voz e mesmo amosando agresividade.
      Pola vosa parte, botamos en falta que, sabendo que ides rodar a espazos de monte común, non contactedes coas comunidades de montes para preguntar se existe un lugar habilitado ou cedido para esa finalidade. Os pilotos que atopamos a última vez recoñeceron que se falara con varias comunidades, pero coa de San Xulián en concreto, non. É moi doado actuar por feitos consumados, presupoñer que porque uns afeccionados van rodar a un sitio, xa todos os demais poden facer o mesmo. E non é así. Do mesmo xeito que argumentades que non todos os motoristas son cafres, os que respectades o monte non debedes circular por onde os cafres van arrasando, sen respectar as queixas dos veciños afectados.
      Entendo que a raíz do último episodio, van chover os comentarios nesta páxina. E son benvidos. E a todos lles contestaremos. Só pretendemos erradicar unha práctica irregular dun espazo polo que, por máis que vos amole, non poden circular motos nin quads polas razóns que amplamente foron expostas. E seremos firmes nese empeño. Agardamos contar coa vosa colaboración.

  6. que asco, ecoloxistas vestidos de galegistas, tanto defendedes a vosa terra como decides e o único que facedes e dar polo c… canto tempo levaba ese coche no voso tan querido monte sen que vos dignarades a apartalo, que vergoña, claro había que traballar e eso non vai con vos, solo foros e facebook que da menos traballo.
    Eu si fose Javier mañan plantababos unha denuncia haber porque motivo aparece a sua imaxe nas fotos, vestindo de delicuente, a unha das persoas mais traballadoras que coñezo, co único delito que cometeu e que lle gustan as motos.
    Vergoña sinto do que lin, e asco polo seu autor.

    • Verás, neste blog non se censuran máis que os comentarios ofensivos, insultantes e de mal gusto. Por certo, ese caso nunca se deu porque ata o de agora todos os visitantes que enriquecen esta páxina cos seus comentarios son persoas con dous dedos de fronte e con educación. Iso para empezar, para que te deas por aludido. O teu comentario está un pouco máis aló da fronteira de todo iso e máis, pero ímolo dar de alta como exemplo de que non imos escaquear ningún debate nun asunto que para nós é crucial.
      Noxo danno individuos que se expresan nos termos que ti o fas, amosando unha absoluta falta de consideración polos demais. E probablemente algún dos participantes nesta ristra de intervencións pode estar sentindo vergoña allea ao ler as túas palabras, porque precisamente representas o peor dun colectivo que, como dixo Anxo, loita por limpar a súa imaxe dos cafres que a empañan co seu incivismo.
      Vou pasar por alto o comentario sobre Javier e as circunstancias nas que se tomaron as imaxes, porque non estabas alí, así que non tes nin p* idea. A este rapaz e a outro máis novo que viña con el tratóuselles de forma exquisita, nin unha palabra máis alta que outra por parte de ninguén. Os axentes fixeron o seu traballo e eles non quedaron como delincuentes nin vándalos, posto que aceptaron que estaban cometendo unha irregularidade e comprometéronse a informar ao resto do colectivo de que a práctica motorística estaba vetada no Alto do Pornedo. Se lle cae algunha sanción, cousa que consideramos que non merece posto que a súa actitude foi correcta en todo momento, non é polo feito de circular polo monte, senón porque unha das motos estaba en situación irregular. E punto!
      A fotografía pola que protestas, tomada nun espazo público por certo, tamén lle foi enviada ao interesado, a petición súa, para que te enteres! e porque tiña interese en compartila nun foro para que todos os usuarios tomaran nota de que neste monte non poden volver a circular cos seus vehículos, nun intento por evitar futuros conflictos entre pilotos e Seprona.
      O coche que apareceu queimado, listiño barato, fora roubado. E non se podía mover do sitio mentres a Policía non localizara ao dono. E a quen lle correspondía retirar os restos non era aos veciños nin aos comuneiros, nin tan siquera ao Concello, senón ao propietario lexítimo do vehículo, vale? Así que mide as túas palabras, non fales do que non sabes, non esbardalles nin nos faltes ao respecto.
      E a próxima vez que queiras comentar algo, cousa que dubido, documéntate e vén con menos fumes.

    • Vergoña deberías sentir pola túa falta de educación.
      Non se criminaliza a xente porque lle gusten as motos. O problema é cando se anda cos vehículos de motor por zonas polas que non está permitido. Non todo o monte é orégano. Se quere andar coa moto terá que facelo por onde poida e non por onde queira. Se non, é como se a min me gusta nadar, e me meto na piscina do veciño. Porque o monte ten propietario, sabes?

      Teredes que ir a practicar a zonas habilitadas para ese propósito. E practicar ese deporte cumplindo a normativa vixente.
      Se lle gustan as motos, pois marabilloso. Pero podería dicirse: menos mal que non lle gusta a caza. Porque sería como se a min me gustara a caza e fora por aí disparándolle ó que se me puxera por diante.
      É como todo: a moto non é mala. O malo é o uso que se dá as veces ás moto. Como neste caso.

  7. Por suposto que o monte ten dono! O noso deber ten que ser facer ver que non somos tan destructivos, e pra iso debemos mimar a nosa imaxe de vándalos que, por culpa de uns poucos, ten a sociedade. Mover unha pedra calquera de sitio non debe ser considerado vandalismo, pero respectar uns petroglifos é de sentido común.
    Partindo de esa premisa, tamén creo que a erosion que produce unha roda de tacos se exagera bastante; Me explico: si pasa un cento de motos por unha ladeira chea de ramallos e os tronza e deixa a terra batida, está feo e é un destrozo. Pero si pasa un tractor con unha coroa de ferro facendo o mismo debe de cobrar un soldo, e deixa o chan abonado. Quizás esaxero un pouco, pero é pra que se vexa ben a diferencia. Eu persoalmente estiven en esa zona e non tiven a sensación de facer mal a ninguén. Eu vin un campo limpo, con herba común e ningunha plantacion nin reforestación. Ata ese campo fomos por pistas polas que de seguro circulan tractores, vehículos de todoterreo, e incluso vehículos de turismo. Teño que enterarme por amistades que se prohíbe a nosa presencia e/ou que molestamos. Si vexo un cartel impedindo (Ou pedindo) que non se circule, dou volta e vou a outro lado. Seguiréi pensando que non fago tanto mal, pero darei volta.

    Hai casos nos que servimos de axuda; O ano dos incendios un camión bomba tropezou con unha arbore que impedía o paso, e foi un compañeiro o que guiou á motobomba por un camiño que coñecía. Nós solemos saír ao monte no inverno, xa chova, vente, ou haxa néboa. Son os mellores días, pois non tropezamos con ninguén nin molestamos a nadie. Si un de esos días nos que o común da xente está na casa hai un temporal que tira unha arbore que cae nun camiño que algún día fará falta, damos aviso. Si vemos vertedoiros (contanse casos por centos), damos aviso. Eu persoalmente vin un vertedoiro de baterías de plomo/acido no monte cerca de un regato, que algún desalmado deixou alí. Dame noxo mirar como actividades “socialmente ben vistas” coma a ocupacion de merendeiros os días de sol deixan un rastro de lixo, botellas… de merda en definitiva que algún outro se preocupará en limpar. Cóntanse por centos os vertedoiros de rodas, de parachoques de coche, de entullos de obra, de mobles… de restos que a os ollos da xente que só vai polos camiñoa anchos onde colle un coche non existen, pois están un pouquiño máis alá…en fin, non sigo que me cabreo.

    Un saúdo.

    • …Mira, non teño moito máis que obxectar. Entendo o teu punto de vista e aplaudo a túa conciencia social a respecto de alertar da presenza de vertedoiros contaminantes, de expresar o teu rexeitamento pola actitude incívica de quen vai deixando un rastro de lixo ao seu paso, de compartir para boas causas o teu coñecemento dos moitos recunchos que hai no monte. Todo iso está moi ben. Pero non vou mover a miña posición, a nosa, posto que representa a vontade dun colectivo veciñal contrario a seguir consentido esa actividade aí. Trátase dun espazo de monte comunal, “okupado”, entre aspas, pola práctica motorística sistemática. Se non viches árbores prantadas foi porque sinxelamente é imposible que veñan arriba nesas condicións tan adversas. E os comuneiros non poden aproveitar para máis nada o terreo mentres non se consiga liberalo das rodadas e das pistas de terra que labrades dando tantas e tantas pasadas. E normativa é clara: circulación por pistas, si; por monte aberto, non; circulación no perímetro de protección dun Ben de Interese Cultural catalogado, non. E non é un principio que saquemos dunha chisteira por comenencia; é unha cuestión lexislativa e quen a respecte contará coa nosa consideración, mentres que quen a vulnere teralle que dar explicacións ao Seprona.
      Se leches algo no blog, verás que somos belixerantes coa Comunidade de Montes, á que lle vimos reclamando que adopte medidas inmediatas, comezando pola sinalización da zona e o acondicionamento do espazo para achandar as surcos e os peraltes feitos polo paso reiterado dos vehículos. Para eles é moi cómodo agardar a que algún veciño lle pase a queixa, darlle conta dela á Garda Civil e quedar de brazos cruzados como se a súa misión rematada aí. Encóllense de brazos por todo: pola proliferación de verquidos, pola presenza de moteiros, polos danos das riadas, pola broza que se acumula por todas partes, polos destrozos dos vándalos na área recreativa. E mentres eles quedan de campións, outros damos a cara e padecemos as iras dos malencarados aos que lles afeas a conducta por tirar cascotes de obra ou por chantar a moto enriba duns petroglifos.
      Aquí expoñemos o que hai, os veciños e os comuneiros estamos no noso dereito de dicir que xa abonda, e que urxe rexenerar o Alto do Pornedo. Se precisades espazos para adestrar, negociade cunha comunidade de montes, buscade un espazo que non teña ningunha obxección ambiental nin patrimonial para que as Consellerías de Medio Rural, de Medio Ambiente e de Cultura non vos tumben a iniciativa, e poderedes rodar sen que o Seprona vos ande enriba. É así de sinxelo, sen necesidade de cabrearse, nin vós, nin nós.

  8. Me quedaba atras: Coñezo a o compañeiro que colleron nesta redada; Foi un dos promotores dunha xuntanza no seu pobo, en Cangas, pra facer unha xornada limpa no monte, da que se fixera eco algún diario rexional. Sei que non tentaría escapar e falaría con vostedes e/ou coa policía. Tamen, lamentablemente, creoque si lle aplicaron a lei, vai ter que afrontar sancións desorbitadas. E creo quenon se fai apropiamento, sinon un uso que de boa fe pensamos que non é dañino. O circuito é ilegal, eso sabémolo todos; Facer un circuito legal é carísimo. Con respecto ás vías obsoletas, non comparto a vosa opinión; canto máis difícil sexa un sendeiro, ou máis roto esté o camiño, máis mérito ten entre nos chegar a facelo. Lamento que dentro do noso colectivo haxa “correpistas” que non respeten nada nin a ninguén.

    O noso é unha práctica que, contrariamente ao que parezca, non ven como moitas de ultramar, onde cada quen pode facer o que lle pete. Curiosamente, onde máis se practica e de onde saíron durante décadas campions mundiais foi de países nórdicos, exemplo de civismo e respeto polo medio ambiente.

    • Con respecto ao rapaz que recoñeces nas imaxes, “chapeau” por el no que respecta á actitude dialogante que amosou, tanto cos veciños e cos sendeiristas que estaban alí, como cos axentes que se presentaron no monte. Falou, efectivamente, das xornadas de limpeza que organizou nalgún monte, todo moi louvable… Pero así como contactou con comunidades de montes que lle negaron a posibilidade de adestrar nun espazo cedido, tamén podía ter feito -el ou o colectivo ao que pertenza- esa xestión coa de Marín, e non foi así. Seguramente a sabendas de que aquí tamén ía pinchar en óso. Velaí a nosa crítica a esa dobre moral dos feitos consumados, por tanto, desconfiamos desa suposta “boa fe”.
      Boa fe sería aceptar que no Alto do Pornedo, polas razóns que se teñen repetido ata a saciedade, e ante a propia evidencia de que o Seprona está constantemente alerta, non está permitida esta práctica. Punto. Non hai boa fe cando, a sabendas de que o circuito é ilegal, se segue rodando nel, de aí que nos refiramos ao “apropiamento”. Non hai boa fe cando este blogue se está convertido na diana de comentarios ofensivos (non é este o caso) por parte de usuarios de motos e quads que están amosando unha actitude infantil e inmadura ante a nosa denuncia, como cando a un neno lle quitas a lambetada, e se pon todo enrabechado.
      …É o que hai, para ben ou para mal. Saúdos.

      • Montepicudo, pienso que NO tienes razón, te estas cerrando en banda y no te olvides que aquí todos amamos la naturaleza y algunos nacimos, crecimos, vivimos y moriremos en el monte.

        Con esa actitud tan despectiva y no atendiendo a razones, estas perdiendo los pocos argumentos defendibles que machacas. Aun por encima siempre acabas las frases con algún tema político y eso si que ya te desacredita por completo.

        Un saludo y respeta para que te respeten 😉

      • Mira, Jose, fálasme de respecto? de actitude despectiva por parte miña? Pero de onde proceden as descalificacións, se non? Do voso lado, non tes máis que ler os comentarios dos teus compañeiros. Estou aturando (estoicamente, non me importa) un chaparrón inmerecido por defender o monte de todos, por apelar unicamente a que respectedes vós as normas, igual que os demais respectamos outras que igual non nos gustan tanto pero coas que non queda máis remedio que apandar. Creste lexitimado para expresarte neses termos tan supostamente indiscutibles porque estades sendo maioría, e estádesvos arroupando uns aos outros. Todos a unha coma en Fonteovejuna. Pero non por iso ides ter razón.
        Estoulle explicando toda esta movida a un amigo moteiro, para que non se diga que o meu punto de vista é unilateral, e sabes cal é a súa resposta? Motos si, pero respectando o medio ambiente, a lexislación e os espazos naturais. Defender unha posición con firmeza non é cerrarse en banda. E se non tivera razón, xa viría o Seprona e a Xunta a quitarma. A quitárnola, en plural, porque esta non é unha protesta individual, senón colectiva.
        Modestamente, penso que, como parte perxudicada que sodes, intentades revolvervos, e como sodes un colectivo amplo, presionades a tope, mesmo recorrendo á descalificación. Pero non por iso ides ter a razón, insisto. Alá cada quen coa súa responsabilidade. De política non se falou neste debate en ningún momento, así que non manipules o discurso con insinuacións retorcidas e fóra de contexto.
        Grazas pola visita, polo comentario, e un saúdo.

    • Aquí do que se trata é que dunha actividade non permitida por practicarse nun circuíto ilegal, e nuns terreos que teñen propietario.
      Iso é o único certo. O resto son opinións.
      MontePituco non está soa. Somos moitos os que pensamos igual. Porque nos asiste a razón e o dereito, a lei. E a lei é para tod@s. Para os amantes da moto tamén.
      Ademais, se fora algún afeccionado ás motos que subira a practicar de cando en vez, pois poderíase facer a vista gorda. Pero cando se corre a voz de que o Monte Pornedo é zona franca, e empezan a vir seguido de todas partes a ese lugar, é cando non queda máis remedio que tomar cartas no asunto, porque chega un momento que o monte xa non é dos veciños, xa pertence ós das motos…
      E pode que todos amemos a natureza, pero os únicos que incumplen a lei e ocupan a propiedade allea sodes vós.
      E por certo, aquí ninguén falou de política, ata que o sacou jose. Pero xa que o dis, igual facía falta algo de política. Porque a palabra política ten moitos significados. E un deles é: “Cortesía e bo modo de portarse”

  9. Se en vez de tanto atacar a xente que nos fai outra cousa que facer deporte e acusala de case delincuentes en busca e captura polas forzas do goberno e a interpol e presuntamente terroristas armados con armas de destruccion masiva, e polo contrario antes de xulgar a ningen tiberas a minima educaccion de falar con eles, levarias moitas sorpresas.

    Claro coma un mendrugo que iva en quad te puxo a ferver claro o resto son/somos uns mendrugos.

    Pero que facilidade tes para atacar a xente. Se ter en conta que o millor o dia de maña podete axutar calquera deles.

    E que dis dos madereiros? eses si que deixan o monte feito unha merda, ou os tractores que destrozan os camiños.
    Claro coma eses deixan os cartiños nas arcas poden facer o que lles veña en gana.

    Ademais se te dedicaras a recoller a merda a que lle sacas fotos o millor o monte estaria moito millor e ti mais ocupada.

    Ou polo contrario buscate on mozo que te leve o cine.

    • Parécenos moi respectable a práctica deportiva. Pero igual que a un atleta non lle dá por botar unha carreira en plena AP-9, porque non é o lugar adecuado para gastar zapatilla, aquí polo que protestamos é porque o Alto do Pornedo non é o lugar adecuado para que as motos e os quads circulen. Para eso están as pistas e os circuitos habilitados. Non é tan difícil de comprender, salvo para alguén duro de mollera ou que, polo interese X que sexa, se negue a aceptar a realidade. Non se trata de demonizar a ninguén, nin atacar inxustificadamente. O recurso ao Seprona é o último, cando xa non queda outra vía, esgotada a do diálogo.
      Que sabes ti das veces e veces que temos falado cos usuarios de motos e quads que atopamos, argumentándolles perfectamente todos os motivos para que comprendan que están no lugar equivocado, provocando un dano innecesario (do que non sodes conscientes? eso diredes vós, pero está aí á vista de todos!). Por suposto, a túa única baza é insinuar que somos uns vendidos. Non tes nin idea, non coñeces esta parroquia, nin a xente deste colectivo veciñal, nin leches nunca este blog, nin conseguirás nunca poñerte no noso lugar, porque ti, que te amosas tan aparentemente indignado, non es capaz nin por un segundo de comprender a nosa indignación.
      E as alusións persoais, pódelas meter onde che caiban.

      • Pues yo veo un camino hecho enmedio de una parte inútil del monte, un camino que sirve para cosas tan variopintas como la extinción de incendios.

        Lei por ahí arriba que era zona de plantaciones, donde yo vivo esas plantaciones se señalan y se cierran para que los caballos, vacas, cabras, jabalies (los otros destructores del monte) no lo destrocen todo.

        A la vista está que ahí lo único que hay es una zona descuidada llena de maleza. Es mas uno que es de monte de toda la vida, te asegura que eso en menos de dos meses vuelve a estar lleno de fento y ni rastro de las “malditas motos” ahí, en esa zona.

        Dejadnos en paz que no nos hemos metido con nadie y ahí no molestamos a nadie, buscad puntos por otro lado, que nosotros también ayudamos al bienestar del monte (por mas que os cueste creerlo)…

        Un saludo,
        P.D: ecologismo SI, extremismo NO

      • Mira, Jose, de extremismo nada. Extremismo o teu, en todo caso, porque estás empeñado en defender unha práctica motorística, ou deportiva, se lle queres chamar deporte, nun lugar que non está autorizado para esa actividade. As leis son para todos, sabes? Para ti, para min, para o veciño de enfronte e para o rapaz da Costa Ártabra que tamén comentou a súa historia nunha intervención anterior. Non che podo consentir que fales de monte inútil; precisamente porque, se é inútil, é porque a presenza de motos e quads impediu nos últimos anos que se aproveite a zona para algo mellor. Aquí todos vedes a palla no ollo alleo pero non vedes, porque non queredes vela, a viga no voso propio ollo.
        Sobre as deficiencias que presenta o monte, que son varias, non imos falar, porque o debate sería amplo e se che interesa, non tes máis que ler algún dos 300 e pico artigos que hai neste blog. Xa sei que non o vas facer. Éche moi fácil entrar por primeira vez nesta páxina, como un elefante nunha cacharrería, e poñernos a parir porque vos vimos desmontar o tenderete de circuito que tedes montado no Monte Pornedo. Si, o fento volverá, tamén temos fotos dese espacio en plena primavera do ano pasado. Pódelas buscar porque aí están. Pero entre os fentos están as marcas das vosas rodadas. E cando veña o calor, a terra agretarase, e non medrará herba por riba. E cando veñades rodar, levantaredes toda a terra e provocaredes aínda máis erosión da que hai. E cando caian catro gotas, vaise armar unha lameira de catro pares de narices, e a terra esa que tedes convertida en pó fino, escorregará monte abaixo… Se xa me sei a película, neno, que vivo aquí ben cerca… E o ruido dos vosos tubos de escape libre atronarán e oirase que hai motos ata na Arealonga, que está lonxe de carallo…
        Pero tranquilo, que te deixamos en paz, oh. Xa o Seprona estará á volta da esquina, agardando a que pases, para pedirche a documentación. E non será porque catro veciños esteamos dando por saco, senón porque a propia comunidade de montes, insisto, está denunciando tamén a situación. Co fácil que é chegar a un entendemento, e así estamos, “a la gresca”… Mimadriñadocarme, como está o patio.

      • jose, nós xa vos deixamos en paz. Sodes vós os que non nos deixades en paz a nós. Porque nós somos os veciños, e non podemos nin queremos buscar casa noutro lado. Sodes vós os que o tendes fácil para deixarnos en paz. Buscando outro lugar para practicar coas motos. A poder ser un lugar legalizado e habilitado. Pero ese xa non é o noso problema. Alá cada quen coa súa conciencia…
        Sobre que “nosotros también ayudamos al bienestar del monte (por mas que os cueste creerlo)” pois si debo confesar que me custa crelo.
        E como os cazadores, que din que tamén aman a natureza e o monte. E tamén me custa crelo. Será unha cuestión de sensibilidade.
        Pero para min amar a natureza significa disfrutar con ela, gozar mirando os cambios de luz, os animais (os poucos que quedan) e as plantas, cheiralas, saborear a auga das fontes…
        Igual que me custa entender como unha persoa que se adica a matar animais pode dicir que ama a natureza (os cazadores sempre o din) tamén me custa entender que unha persoa que chega facendo un ruído infernal a un lugar onde había silenzo, rompendo a tranquilidade, espantando a tódolos animais, enchendo o ar puro de fumes, e agredindo a terra e a vexetación coas súas rodeiras, pode dicir que ama o monte.
        Será unha cuestión de sesibilidades. Pero eu creo que a explicación é que esa persoa non ama o monte, só cre amar o monte, pero en realidade ama a sensación que o monte lle produce, o que sinte cando está no monte facendo o que lle gusta… Pero iso é outra cousa. Non é amor.

  10. eu non sei deste tema pois vivo noutra punta da Galiza pero cheira a rencilla veciñal e intereses supoño que van mais lonxe cos que expresan (cheira a politiqueo e cartos que se poidan coller de subvencions), as pagachedes os rapaces das motos polo que se ve o conflicto cos da comunidade de montes.
    E ainda decides que esta xente ten unha actitude infantil e inmadura … pois leendo cousas coma esta “Esta e unha das incongruencias de Laureano e compañia.Mais abaixo van de salvamontes e un pouco mais arriba fan caso omiso de espectaculos destes desaprensivos e depredadores moteros.Sempre tuven claro que a larry and company o monte lle importa un bledo.Parabens para os que se procupan por a vida do Pornedo” … canto cheira isto a intereses … se isto costara cartos do peto a metade estaba tomando o sol.
    Si e zona protexida coma non ten un cartel?
    Si tanto vos interesa o medio me podedes explicar as actuacions que tivechedes neses vosos montes nestes ultimos anos de limpezas e prantacions? Según comentan nesa zona non hai plantacions feitas …. hai claro non me dera conta que vos terán que dar subvenvions para prantacions …..
    Ale un saudo infantil dende a Costa Artabra.

    • Precisamente, porque vives na Costa Ártabra (un saúdo para Ferrolterra), a túa opinión está totalmente desenfocada e carece de fundamento, se me permites que te corrixa. A persoa que fai o comentario de apoio á nosa causa pertence á Asociación de Veciños está criticando a pasividade da Comunidade de Montes, que é a quen lle corresponde resolver este problema, cando somos un grupo de veciños os que nos estamos comendo o marrón, mentres eles rascan a barriga, se encollen de brazos e deixan pasar coma se nada, facendo oídos xordos ás queixas dos propios comuneiros polo estado lamentable desta parte de monte que estamos intentando protexer e rexenerar.
      Somos un colectivo veciñal que forma parte dunha comisión a prol da creación dun espazo natural e arqueolóxico neste espazo, que abarca tamén montes de Pontevedra e Vilaboa, ademais de Marín. Temos o apoio dunha vintena de entidades de toda a bisbarra: federación de comunidades de montes, ecoloxistas, asociacións de veciños, agrupacións culturais, arqueólogos… E estou aquí chupando un baño de collejas por parte dun único colectivo (numeroso, vale), que nos trata como se foramos uns frikis. Un pouco de mesura, non?
      Nin politiqueo, nin pelas, nin rabo de gaitas. Aquí hai un problema: unha zona de monte comunal, deteriorada pola acción dos vehículos de motor, rica en achados arqueolóxicos catalogados, e cun potencial forestal que non se pode desenvolver porque sinxelamente a presenza continuada dos afeccionados a esta práctica motorística é incompatible, e a proba é que a reforestación que fixeron os técnicos de Medio Rural non consegue prender no terreo porque está totalmente erosionado.
      O Seprona está vixiando a zona para erradicar esta práctica. A Comunidade de Montes, aínda que tamén denuncia a situación ante as autoridades, porque nos consta, non se move na dirección que debera, nin fai por sinalizar o lugar: por desidia, por comodidade, por ignorancia… o que sexa. E somos os veciños os que tomamos a iniciativa, os que damos a cara. Máis nada, para que se aplique o regulamento: o monte é comunal, os veciños queren recuperalo e o circuito, na medida en que é ilegal, tense que desmantelar, sentímolo moito, teredes que negociar con esta comunidade ou con calquera outra, e buscar un espazo autorizado para adestrar.
      É que non acabo de comprender por que é se monta este petate ante algo tan elemental. Por iso esta tolemia máis parece unha pataleta infantil que outra cousa. En fin, cada tolo co seu tema. Saúdos dende o Monte Pituco.

  11. Claro claro
    Y se puede saber donde coño estabais metidos cuanto el estado se llevo medio monte por delante

    ah claro cobrando!!

    pero de limpiar na de na

    y si ahora vienes los cazadores pegando tiros a diestro y siniestro no psa nada por ke han pagado su cuota correpondiente

    y carretera de velocidad en medio del monte no se como la DGT no pone unos cuantos radares fijos y unas cuantas pratullas a controlar el supermegatrafico intenso que acredita la zona.

    Y por que no tambien el helicoptero para gravar los posibles adelantamientos en linea continua y ya puestos por que nos unos cuantos controles de alcolemia.

    Total como estos de las motos salen al monte todos borrachos y colocados.

    y el paisano que va a cojer toxo con el burro le pueden pedir la tarjeta de transporte, el certificado de actividad profesional y el limitador de velocidad del burro, asi como meter el animal en la bascula para ver si se escede de tonelaje.

    Y los que van en bici ya puestos control antidoping no valla a ser ke vallan dopados y levanten demasiado polvo al pedalear.

    lo unico que veo es un ataque indiscriminado y sin conocimiento de causa hacia un colectivo que trata de hacer las cosas bien y que por causa de dos o tres descerebrados pagan justos por pecadores.

    y me vuelvo a remitir a lo dicho antes si te dedicaras a recojer la mierda a la cual le sacas fotos el monte seria distinto.

    Ah no claro eso es trabajar.

    • Pero que dis, rapás… Cobrando que??!! Cobrando a Comunidade de Montes, por deixar que pase a variante e a liña de alta tensión, a cambio dun recheo infame que cando arrolla a chuvia abre unhas zanxas que parecen a falla tectónica de San Francisco!! Insisto, mexas (con perdón) fóra do testo. E non me permito, coma ti, ironías nin cachondeos con un tema deste calibre.
      Xa que tanto che preocupan os verquidos, non te preocupes. Infórmote que xa nos ofrecemos á Concellería de Medio Ambiente (porque a limpeza dos verquidos incontrolados é competencia do Concello, entérate, que para eso pagamos impostos) para traballar voluntariamente na recollida dos cascotes, dos plásticos, das madeiras e das uralitas ciscadas nos sitios máis recónditos. Tamén te informo que nas nosas saídas polo monte levamos bolsas nas que recollemos o lixo menudo que outros van deixando. E nese lote podes incluir tamén aos teus colegas que deixan rodas rotas, botes de refresco, pezas de motor de procedencia para min descoñecida, papeis, cabichas de tabaco e outras porcalladas. Si, si, no tal circuito. Xa
      che mandarei unha foto.
      …Pola sombra.

    • A este non lle contesto. Perdo o tempo.

  12. Perdón pola intromisión…

    Pero entendo que, de fondo, estamos a defendé-lo mesmo (eu son endureiro tamén). Seamos razoables: todos temos fillos, familia, e todos, dun modo o de outro, sabemos que ésto (bonito, feo, bó ou merda) é o que temos, e do modo no que o coidemos, é como llo imos deixar ás novas xeracións.

    Pero entende, MontePituco, tamén, o punto de vista dun colectivo que, por culpa normalmente duns poucos desaprensivos que chaman a atención (porque iso é gratis), acabamos pagando o pato.

    E entende, tamén, que sexa compricado -se non imposible- para nós, dada a “peculiar” división de poderes e terros nesga Galicia nosa, poder contactar con tódalas posibles asociacións, colectivos, administracións, comunidades… nun día que fagamos, por exemplo, 30 ou 40 km de monte… ¿a cántos temos que pedirlles unha autorización escrita?

    A ver, as leis están ahí, eso está claro, pero ante todo, temos que ser persoas. E penso que, a pouco que o pensemos, non pode ser tan complicado. Ás veces, o inimigo non está onde nos emperramos en mirá-lo.

    Como dicía, as leis están ahí, pero ás veces, hai que bordeálas, buscarlle ocos, e todo coa única intención de seguir sobrevivindo. Porque lamentablemente, os nosos gobernantes non acostuman a facélas co celo merecido.

    O que importa, ó remate, é a convivencia pacífica, vivir e deixar vivir. Eu non querría, por nada do mundo, dañar ningún patrimonio. E se mo avisan, tranquila, non me vou acercar.

    Pero de ahí a acabar esperando agochado a que veñan dous cordeiros para chamar “ó poder” no nome da túa asociación e xodélos vivos… Mira, se iso apagóu a túa ansia de venganza (porque é o que parece) pois case que non me parece un “intento de convivencia”.

    Se eu fora veciño da zona e considerara esos petroglifos importantes, e vira que a comunidade de montes non fai nada por marcá-los, primeiro, de entrada, trataría de convencélos que pode ser un proxecto que lles aporte beneficios (dun modo u outro), e se inda así non se acolleran a razóns, inflaríame a denunciálo tanto pública como administrativa ou penalmente.

    Porque o que fixeches, ó fin e ó cabo sería o mesmo que nesta pequena parábola: vivo diante dun cruce que non ten pasos de peóns, insístolle ó concello que ten que por ún, pero nin caso, cando vexo cruzar alguén dígolle que por ahí non se pode pero coma algún se “rebota” ou se pón “gallito”, remato por esperar ó seguinte penitente, ó que pararéi e chamaréi a Guardia Civil para que lle multe, e logo, eso sí, poréi unhas fotos del, e farei moitos comunicados de prensa… a ver se así me poñen o paso de cebra que eu quero.

    En definitiva, que as formas che perderon, e que o de que paguen xustos por pecadores, estará de moda entre os gobernos de Irán, Libia, ou Israel, pero nesta Galicia nosa, segue moi en boga.

    Triste.

    Sobre todo, cando se usaras algo máis o sexto sentido que de seguro posúes, o que farías sería porte en contacto con algún de nós, saber por qué foros andamos, e organizar unha quedada alí, facendo fotos, chamando a prensa, que nós, de boa gana, levaríamos os cartéis indicativos e picaríamolos no chan para que quedaran ben feitiños e visibles.

    Que nós, a estas alturas da nosa mala imaxe, con tal de darlle un pouco de lustre (e se aproveitando, podemos andar nas motos e tomar un churrasco todos xuntos), estaríamos encantados.

    • …Por fin alguén sensato, despois de ter lido tanta descalificación gratuita. Benvida sexa a cordura a este longo debate. Irei por partes, pero xa de entrada, douche as grazas por visitar a páxina e por intervir.
      Que saibas que, efectivamente, por cada tres afeccionados que atopamos e cos que intentamos falar pausadamente, dous reaccionan coma bordes ou energúmenos, ou fan como que entenden, pero que por unha orella lles entra e por outra lles sae, que para o caso é o mesmo.
      Descoñezo o sistema de funcionamento do voso colectivo, pero levamos falado con moitos pilotos e motoristas no último ano, e ningún falou da existencia dun foro de endureros no que plantexar a problemática, nin se ofreceu a mediar entre os veciños e a comunidade de montes cos usuarios destes vehículos. O cal indica que hai moitos que se moven pola súa conta, que circulan por onde lles cadra ou lles apetece, sen ninguna información nin permiso dos propietarios do terreo. (Tampouco é tan difícil elaborar entre todos un mapa de lugares autorizados e non autorizados, para que cada un saiba en que terreo se move. De todos modos, polo que di o Seprona, non se sabe de ningún circuito oficial).
      …O único que tendeu a man nese sentido foi o rapaz de Cangas ao que nos levamos referido nalgúns comentarios, e do que, unha vez máis, teño que eloxiar a súa sensatez, polo menos naquel momento. O tipo quedou, falando mal, “fodido” por ser el quen pague o pato. Pero verás, o que lle pode acarrear unha sanción non é tanto circular pola zona, como facelo cunha moto sen seguro. E aí, meu (perdoa polo abuso de confianza), non lle temos a culpa. Cada un asume os seus riscos e el simplemente tivo mala sorte ese día.
      A decisión de notificarlle ao Seprona a presenza destes pilotos no monte non foi unicamente de quen teclea estas liñas. Naquel lugar estaba, ademais, o presidente da comunidade de montes veciña da nosa, arqueólogo para máis señas, un representante dunha asociación cultural marinense, e varios sendeiristas cos que se participara nun roteiro. E de pronto chegan eles, aparcan a moto xusto ao pé da pedra na que se atopa un dos gravados máis importantes da zona, e xa nos pareceu o colmo. Eu nin sequera lles oín dicir un bos días de cortesía (logo resultou que si, que un deles saudara).
      Podiamos ter falado con eles? Por suposto. Como con toooooodos os anteriores, que pasaron olimpicamente, que nos insultaron, que nos intentaron asoballar. Pero esta vez non foi así, caeu a gota que colmou o vaso e decidimos manternos á marxe e que viñera o Seprona. Non por facerlles a pascua aos pilotos, senón máis que nada para que os propios axentes dixeran sobre o terreo se esa práctica nese espazo é lícita ou ilícita. Quen somos nós para chamarlles a atención? Uns pringados que pasamos por alí, que non pinchamos nin cortamos, e que lles imos tocar o fuciño, dirían eles no peor dos casos. A fin de contas, se fora certo que non estaban facendo nada irregular, o Seprona tería dado a volta sen facer ningún parte de intervención, e nós teriamos que tragar as nosas palabras. Pero aconteceu que os axentes dixeron que os pilotos non estaban actuando correctamente, que nesa zona de monte non se pode circular por motivos ben xustificados. Por iso non comprendo tanto pifostio e tanto revuelo. Comprendo que haxa a quen lle amole, pero se iso é o que hai, non queda outra que apandar. E alá quen queira seguir infrinxindo a normativa.
      Se non nos parecera unha actividade lesiva para o monte, pois non teriamos nada que dicir, “a otra cosa, mariposa”, porque ganas de enredar por enredar, non temos. Nin de perder o tempo. Pero os veciños e os comuneiros decidimos que “ata aquí”, e un día ten que marcarse o punto de non-retorno. O contrario é deixar que o problema siga, e siga, sine die. E adeus monte, adeus petroglifos, adeus reforestación e adeus todo. Por desgraza, non me cansarei de repetilo, temos unha comunidade de montes que é unha auténtica calamidade (opinión persoal) e houbo que poñerse as pilas. Porque dende que en decembro de 2009 (esto xa o debín explicar 20 veces) os comuneiros protestaron pola situación, nada se fixo. Din os “artistas” que non van poñer un colchón no monte para durmir nel pola noite, nin se van arriscar a chupar unhas hostias por parte dos desaprensivos que van tirar lixo ou que van facer o gamba polo circuito de marras. Sabes que nos din? Que nos limitemos a pillar a matrícula, e denuncia ao canto. Iso si que é traizón, vinganza e puñalada polas costas.
      …Nós non, imos de cara. Cando se presentaron os motoristas puidemos ter marchado e que o Seprona os trincara pola brava. Pero non, agardamos, intervimos, mediamos, demos argumentos, pasámoslle a un dos rapaces as imaxes da intervención para que lles quedara constancia gráfica e puideran dar testemuño a todos os afeccionados da situación que alí se viviu. Igual o fixo a mala fe, para propiciar que agora todo motero vivinte se bote en plancha enriba deste blog e nos poña a pan pedir. Pero non pasa nada, a todos lles estamos contestando coa mesma educación coa que se dirixen a nós. Como eu teño claras as miñas conviccións, respectando a vosa postura, tamén estou no meu dereito de pedirvos amablemente que respectedes o noso posicionamento.
      Se hai alguén nese colectivo voso con quen se poida falar deste tema, por nós non hai ningún inconvinte. Temos un enderezo de correo electrónico no que podedes contactar e estariamos encantados de poder intercambiar impresións con algún interlocutor, visitar a zona e falar de todas as problemáticas que afectan a este monte. Efectivamente, son moitas. Botáronnos en cara que nos adicamos a perseguirvos en vez de limpar o lixo que hai tirado. Menudos valentóns: a responsabilidade de erradicar os verquidos incontrolados é do Concello e nós, como quedou constancia nun dos artigos, xa nos ofrecemos ao Concello a colaborar. E organizaremos unha xornada de limpeza cando o tempo mellore, xa está planificado. E recolleremos tamén os neumáticos, as latas de aceite, as pezas soltas, os botes de bebidas isotónicas que moitos moteros deixan tirados no Alto de Pornedo. Ningún problema, non se nos van caer os aneis por eso.
      Pero de aí a insultarnos, a cuestionarnos e a poñernos de volta a media, vai moita diferenza.
      Un saúdo, e grazas por ler este tocho.

    • Pola miña banda, só quero aclarar que nós non estabamos a facer a espera a ninguén. Ese día había un roteiro. Por ese lugar pasa a “Ruta arqueolóxica dos Sete Camiños” e coincidiu que ó pasar por aí, que é onde remata o roteiro, chegaron os endureiros.
      https://montepituco.wordpress.com/2011/03/24/roteiro-polo-espazo-sete-caminhos/
      http://www.facebook.com/home.php?sk=group_204004419623764#!/event.php?eid=190408990995643

      Que xa se levan dous anos facendo esa ruta con diversos colectivos.
      https://montepituco.wordpress.com/2010/10/27/os-montaneiros-no-espazo-sete-caminos/
      E que xa se levan moitos anos traballando na recuperación deste monte.
      http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=17784

      O da comunidade de montes xa se intentou e séguese a defender. Pero eles están pola construción dun polígono industrial. Con iso xa se di todo. Eles si que non queren o monte, queren os cartos.

      O da quedada igual aínda non é tarde para facelo. Pola miña parte estou de acordo.
      Saúdos!

  13. Realmente é unha mágoa e dame moita pena… sacáchedes unha foto recoñecemento e orgullo, como quen obtuvo o premio pola captura dun delicuente perigoso… eu dende logo non vos vou felicitar, tratástedes os meus compañeiros como delicuentes, non como deportistas que son, simplemente están entrenando e non fan dano a ninguén, máis ca 2 persoas que pensan que o monte é deles…

    Pero non vos equivoquedes, para saber que é o monte antes hai que estar metidos moitas horas nel, e cando levedes tan solo 5mil km de monte despois poderedes empezar a saber o que é o monte, empezaredes a odiar a xente que o utiliza como vertedoiro descontrolado, empezaredes a comprender que o rendemento que se lle saca o monte pódese usar para telo decente… Eu non vexo a ningún de vos con ningunha iniciativa de cara o verán para ter o monte máis protexido de cara a incendios, tampouco vin nunca a ningún de vos ilo limpar despois de temporales; pero si vin moitos endureros, (porque eso é o que somos, practicamos un deporte que se chama enduro) en tódolas partes de Galicia, non nos queda outro remedio que baixar das motos e limpar os camiños de paus atravesados, eucaliptos tirados polos vendavais, pedras arrastradas polas augas…

    Cando realmente queirades os montes nos que vivides ides comprender que non son as motos o que o danan, un solo madereiro nunha semana arrara máis ecosistema que 5 mil motos nun ano, porque eu non sei se despois de gardar os cartos vos pasades a mirar como queda… pero nos si nos paramos, e lamentamos que sexa así, porque podemos entender que haxa explotación forestal, sabemos que vai rexenerar… pero o que non entendemos é porque se tanto queredes o monte, non o ides limpar despois desta práctica, porque non invertides os cartos que sacades en adecenter as pistas que quedan desfeitas por eles…

    En fin… se todo é por uns debuxos nas pedras que levan 3mil anos, gastade 20€ e poñede un cartel para que a xente os vai ver, porque se duraron 3mil anos malo será que agora porque pasen motos polo lado vaian desaparecer.

    Eu tamén pertenzo a unha comunidade de veciños posiblemente 3 veces máis grande que esa, abarcando toda a ladeira sur da serra do barbanza, e é unha mágoa que non tomedes un pouquiño de exemplo deles e cedades unha parte do monte para a práctica do enduro. Na nosa comunidades todos usuarios teñen cavida ( motos enduro, motos trial, motos de cross, quad, atv, senderistas, ciclistas, 4×4…) é aseguroche que é un monte moito máis concorrido que o voso, e tamén temos conxuntos megalíticos… levan ahí non sei cantos anos, pero outros tantos seguirán… xa que nos non somos delincuentes, somos deportistas é o noso único pracer é disfrutar das motos e do monte.

    E xa para rematar, e a modo informativo, debería ser motivo de orgullo para vos contar que nos “vosos” monte entrenan endureros de índole nacional.

    • Mira Xana, paréceme correcto o xeito no que te expresas e fágome unha idea do aprezo que lle podes ter ao monte en xeral, pero a nós preocúpanos a situación precaria “deste” monte. Nós non temos que demostrarlle a ninguén canto o apreciamos en número de quilómetros rodados; bástanos con dicir que levamos toda a vida vivindo a carón del e que estamos fartos do trato que se lle leva dando dunha longa tempada a esta parte, sen que ningún responsable da súa conservación faga algo por ordenar os seus usos.
      Penso que non entendes que o colectivo en Defensa do Monte Pituco non ten nada que ver coa Comunidade de Montes, que é a que ten a potestade e os recursos para actuar, sinalizando a zona, negociando a cesión (ou non, dependería do que os comuneros decidan) dunha parcela para o voso uso. De feito, un grupo de afeccionados chegou a plantexar esa petición nunha asemblea en 2009, e algo seica dixeron ao respecto os da xunta rectora, pero ao final todo quedou en nada. Non dan ningunha información. O caso é que esta comunidade de montes funciona dun xeito moi peculiar, por dicilo suavemente, e bastante cruz temos nese aspecto.
      Nós opoñémonos á instalación dun polígono industrial que, mira por onde, vos perxudicaría tamén a vós porque quedariades sen sitio para practicar, tanto no Alto do Pornedo, como no resto dunha superficie equivalente a 400 mil metros cadrados. Tremenda animalada nun lugar cun importante desnivel, entre outros inconvintes.
      E nesas estamos, chamando a atención sobre as moitas problemáticas que presenta o monte e das que nos gustaría abarcar todas, pero que por capacidade e limitacións dos que participamos neste tinglado, non nos queda máis remedio que ir traballando pouco a pouco. Como todo o mundo, cando unha iniciativa veciñal e social parte practicamente de cero; pero non nos faltan ganas e o primeiro que estamos facendo é traballo de información e sensibilización. Xa virán tamén as accións ao pé do terreo e a posta en valor.
      O que non é de recibo pola vosa parte é que cando os veciños e os comuneiros facemos ademán de recuperar o monte que é de todos, atopemos semellante cerrazón, como se estiveramos arrebatándovos algo que fora voso. Paréceme moi respectable que haxa endureros afamados. Que entrenaron no Alto do Pornedo mentres ninguén lles puxo obxección? Pode ser. Pero vai sendo hora de que o monte retorne aos seus lexítimos donos. E conforme o Pornedo foi a vosa pista de rodaxe ata agora, de vós ten que saír buscar unha alternativa.
      É como se nun concello peatonalizan unha rúa. Oia, dirán os condutores, é que eu transitaba todos os días por aí co meu vehículo para ir ao traballo, ou á casa. Vale, diralle o concelleiro de turno, pois a partir de mañá esta rúa queda restrinxida ao tráfico rodado e vai ser para uso exclusivo dos peóns, e se vostede non vai por unha ruta alternativa e persiste en seguir circulando por aquí, arríscase a unha multa da policía local.
      …Pois esto é o mesmo, ou parecido. Presionamos á Comunidade de Montes para que recupere este espazo, a petición ademais dos propios comuneiros, e o Seprona avala esta actuación, posto que o uso de vehículos de motos neste espazo non conta con autorización.
      O das fotos xa quedou explicado en comentarios anteriores que podes ler. Non son ningún trofeo; fixéronse a mantenta para que quedara constancia gráfica de que esta zona ten que quedar excluida das rutas de motos e quads. Parece que o piloto que pediu que se lle mandaran pretendera armarnos unha campaña de acoso e derribo. Nós actuamos con lealdade e por ben, co ánimo de aclarar puntos de vista e tratar de evitar, no futuro, máis incidentes. Que somos os malos da vosa película? Pois seremos logo, pero cremos firmemente no que expuxemos e seguirémolo defendendo. Non hai volta atrás.
      E máis nada.

  14. Entón, MontePituco, ¿en qué quedamos? Porque eu o que quedo é parvo coas túas incoherencias.

    “Se non nos parecera unha actividade lesiva para o monte, pois non teriamos nada que dicir, “a otra cosa, mariposa”, porque ganas de enredar por enredar, non temos.”

    E logo dis -non encontro ónde- que aparcaron e sentaron cerca do petroglifo que non está sinalizado. Non dis en ningún momento que pasaran por riba dél (que coas gomas, sinceramente, non lle ían facer nada, inda que estou de acordo en que non se debe facer e punto), logo mal non lle puideron facer.

    Circularon, como moito, por unha explanada que tí dís que plantaron árbores para rexenerála. Nas fotos non hai indicio algún de que plantaran ningunha árbore. En calqueira caso, o que non fan as motos é cortar árbores, eso o fan as motoserras, logo se hai que rexeneirar, é pola actuación (nalgún intre) destas últimas. Porque na explanada, as motos, sí, fan surco, pero a terra non a levan para casa, e con un poico de choiva queda todo tal cual. O que se dí dano, literalmente, é ridículo.

    Moito máis dano fan as motoserras, os camións das madereriras (que arramblan co só, perden gasoil e aceite…), os cazadores (co plomo que queda ahí por decenios contaminándoo todo)… E non encontro no teu blog denuncia algunha contra este tipo de actuacións.

    Eiquí, no monte, todos sabemos bastante. A lexislación é -probablemente a conciencia e escoitando só a unha parte dos usuarios do monte- moi restrictiva pero sobre todo -e iso é o peor dela- pouco definitoria, o cal leva a múltiples lecturas e á súa mala utilización coma arma arroxadiza.

    Realmente, todos sabemos que por ese “circuito” (imos definílo así para entendernos), non se pode circular. Pero outra cousa é que, como che dicía, ó final, lexisle quen lexisle, regule quen regule e mande quen mande, o monte é noso (DE TODOS) e sabemos que temos que convivir. Igual que os agricultores permiten ós cazadores ír ós coellos nos seus campos, sempre que non lle fodan a cosecha… todos, nalgún momento, temos que facéla vista gorda para non impedir a coherente convivencia entre todos. Porque, ca lexislación e unha lectura estrica dela, e un seprona ó meu lado, xúroche que se te sigo unha mañán polo monte e cáente unhas cantas multas 😀 😀 😀 sin necesidade de que vaias en moto.

    Pero non remato de ver en tí ningunha frase conciliadora ou de buscarche amizades… tal vez te consideres totalmente autosuficiente e contes que na túa “loita” ca comunidade de montes non precisas de ninguén máis que do “arqueólogo”… eu penso que cando realmente un pensa no ben común, hai que SUMAR, nunca dividir, e calqueira colaboración debe ser sempre benvida. Nembargantes tí, falas coma defendendo que todo ese monte (non o coñezo) debe ser aislado das motos.

    De entrada xa che digo: ten coidado, se non nos queres como amigos, vale… pero buscarche enemigos porque sí, non vexo que sexa unha decisión moi intelixente, e con esas afirmacións xa che digo eu que chos estás a buscar.

    Ademáis, penso que debes ter coidado con estas reclamacións e manifestacións. Se prohibes o acceso total ó monte ás motos, estásllo a prohibir a tódolos vehículos a motor. E te arrepentirás delo. Non só porque o día de mañá unha familia quedará sen coñecé-lo monte por non poder subir no coche cos fillos, se non porque o monte que non se coñece, o monte que non se visita, acaba perdido, e os seus valores (ecolóxicos, monumentáis ou “petroglíficos”) acaban comidos pola broza ou o que pode ser peor: polos madereiros, que son os realmente interesados en que ó monte non suba ninguén para que non podamos ver o que están a facer con él.

    Un monte con “valores”, debe ser un monte que todo o mundo poida disfrutar e visitar, con subida, con guías, con sinalización, con camiños de todo tipo (motos e 4×4, bicis, paseantes), se pode ser con mirador… e se, por riba, pode ser rentable para a comunidade de montes que o xestione SÓ DE ESTE MODO poderemos garantir a preservación dos seus valores. Só así TODOS poderemos estar fachendosos do monte, por télo, por visitálo, por coidalo, ou porque lle saco cartos e por riba podo presumir de monte bonito…

    É a miña humilde opinión. Tal vez pequena, pero sempre fun dos que penséi que a unión fai a forza e se para estar unidos, teño que ceder un pouco, benvido sexa.

    • Imos ver, estou en parte de acordo contigo. Toda esa parte conciliadora está de p.m. e por aí, xa cho dixen no comentario anterior, somos os primeiros en tender a man e seguir afondando co propósito de atopar puntos comúns de entendemento, que segurísimo que os hai, e cos comentarios razoables que se plasmaron aquí demos mostras ben evidentes de cordialidade; o que non imos facer é agachar a cabeza e meter o rabo entre as pernas cando “todos a una” nos vides dar tortas ata no carnet de identidade, metaforicamente falando, solo por defender un espazo de monte que está pedindo a berros un “cambio”, dende o noso -tamén humilde- punto de vista. A fin de contas estamos no mesmo barco: somos usuarios do monte, interésanos que estea nas mellores condicións posibles, que non sufra agresións por verquidos, nin madeireiros desaprensivos, nin vándalos que veñan prenderlle lume ou facerlle cafradas.
      O que non me gusta un pelo do teu comentario son os visos de “ameaza” que se trasloce nas seguintes palabras: “ten coidado, se non nos queres como amigos, vale… pero buscarche enemigos porque sí, non vexo que sexa unha decisión moi intelixente, e con esas afirmacións xa che digo eu que chos estás a buscar“. Porque se tanto apelas á conciliación, con esta frase acábache de lucir o pelo. Que pasa, que como te ves arroupado polos teus compañeiros, inundando de comentarios (uns máis ofensivos e provocadores que outros) este blogue, xa te cres en posesión da verdade absoluta? Que insinúas, que ides tomar represalias contra nós, contra o monte, contra os petroglifos?
      Mira, non nos coñeces de nada, non sabes todo o traballo que levamos detrás nun curto espazo de tempo, e tampouco tes idea dos colectivos que nos apoian. Non imos de outsiders e sabemos o terreo que pisamos. Todos estes sapos tiñan que estar tragándoos os directivos da comunidade de montes, que están a velas vir comodamente estarricados, sen facer nada por poñerlle coto a unha situación enquistada que urxe unha solución. O único que reclamamos é a erradicación do tránsito de vehículos rodados, non no monte enteiro, non me atribúas palabras que non puxen intentando malmeter; senón nunha zona concreta, a do circuito. E se non viches árbores prantadas é porque non estiveches nunca no lugar, porque alí están, intentando medrar as poucas que sobreviven. E onde só ves pedras, que saibas que hai petroglifos catalogados, e só por iso en todo o seu contorno está prohibido realizar actividades potencialmente agresivas: edificacións, talas de árbores, circulación de vehículos…
      Non entendo por onde queres ir referíndote a unha suposta incoherencia pola miña parte. Xa levan corrido moitos ríos de tinta neste artigo e por escrito é moi difícil facerse entender. Pero non hai máis cera que a que arde. A nosa postura é ben clara. O que me apena é que os inflexibles sodes vós, se me permites que faga esa modesta observación. Aquí o que pasa é que levades moito tempo facendo un uso libre, que non autorizado, do espazo, cunha permisividade que clama ao ceo por parte da comunidade de montes (cousa inepta e inoperante), e cando vén alguén chamarvos a atención (educadamente, ollo! porque antes do que vós calificades no voso foro como “redada” xa houbo moitos apercibimentos verbais, moitas conversas con motoristas, pilotos, endureiros… e nin p* caso) reaccionades desta maneira desproporcionada e raiando o asoballamento.
      Dende aquí volvemos unha vez máis, e as que fagan falta, a facervos un chamamento á sensatez. Que temos que convivir, por suposto, pero o circuito do Alto do Pornedo pedimos que por favor desapareza e se rexenere a zona. E xa haberá máis arriba, ou noutro monte próximo, unha zona na que poidades seguir adestrando, que ninguén vos quita de exercer a vosa afección, pero nun lugar axeitado. Non me cabe na cabeza que sexa tan difícil de asumir.

  15. En difinitiva, a min o que me parece e que tes moito cuento e estás abusando do teu poder na Asociación de Veciños para facer o que che dé a gana. Buscas votos e amizade publicando 4 chorradas na túa web e no facebook, fas camisetas e botas en contra do teu presidente de comunidade de veciños… noto certa frustación…

    O teu toniño, do texto publicado máis arriba xa ven en forma de ofensiva, e non veñas agora decindo que nos falta educación e respeto, porque antes repasa ven os textos e respostas, publicados nesta páxína…

    Pero xa sabes o que tes que ir facendo en vez de tanta foto e protesta… Estamos en Abril, espero que teñas xa as pautas redactadas para a limpeza do monte que se esta achegando o verán e ainda non vin ningunha iniciativa por parte túa e os teus seguidores… ainda que visto o visto irás ti sola…

    E si eu tamén vivo o lado do monte, e por experiencia sei a rapidez na que vai rexenerar se as motos deixan de andar alí, pero ti non sei se saberás o que tardaría en rexenerar se hai un incendio…

    Veña un saudiño e modérate cos teus idealismos…

    • Coñezo esta páxina coma a palma da man e non es quen de instarme a repasar nada do que se pon nela. Desculpa que insista, pero tes unha ensalada mental entre Asociación de Veciños, Comunidade de Montes e Defende o Monte Pituco. Se fixeras un esforzo por comprender a problemática de xeito global, non falarías de frustración, nin poder, nin votos, nin lerias en vinagre… porque non é nada diso. Ti só vés ao teu, mirando polo teu interese, rebotándote porque uns veciños estamos protestando pola presenza de motos e quads nunha zona de monte que está estragada pola erosión que provoca o paso sistemático de centos de rodas.
      Para toniño o teu, perdoa. Somos xente currante que, ademais do noso traballo, estamos adicándolle un mogollón de horas á recuperación e á posta en valor do monte e dos seus recursos. Quen te cres que es para marcarnos a nosa axenda de traballo, para esperarnos á volta da esquina coa escopeta cargada, acusándonos de facer ou deixar de facer. Que sabes ti das frontes que temos abertas e das xestións que temos feito para procurar ter un monte limpo e en boas condicións para o verán, o outono, o inverno e a primavera. Se tanto te picas, agardámoste apañando escombros cando fagamos a convocatoria. Xa te avisaremos.

      • Ides convocar unha xuntanza para limpalo monte… moi ben así me gusta que vos unades o noso colectivo, pero nos xa fai anos que o levamos facendo

        http://www.lasextanoticias.com/videos/ver/ecologistas_y_motorizados/391813

        Veña saudiños e tomar un pouco de exemplo.

      • Exemplo… ata certo punto, posto que a nós ningún axente da autoridade nos terá que ler nunca a cartilla por circular por espazos do monte restrinxidos ao tránsito de vehículos.
        Saudiña e aire fresco.

      • si tes razón, como o monte o pisades pouco, vos nunca ides ter ese problema… eso si gobernar co cú sentado no sillón da casa parece que o facedes case ben.

      • …Máis respecto, oh. Non custa nada (ou ben pouco). Pisamos o monte, este monte, moito máis ca ti, que por iso vivimos a carón del, xeración tras xeración. E ninguén de fóra nos pode vir asoballar con palabras ofensivas. Non che temos máis que dicir.

  16. Estou de acordo con moitas das cousas que dis. Como que a unión fai a forza. Ou con que: “Un monte con “valores”, debe ser un monte que todo o mundo poida disfrutar e visitar, con subida, con guías, con sinalización, con camiños de todo tipo (motos e 4×4, bicis, paseantes), se pode ser con mirador… e se, por riba, pode ser rentable para a comunidade de montes que o xestione SÓ DE ESTE MODO poderemos garantir a preservación dos seus valores. Só así TODOS poderemos estar fachendosos do monte, por télo, por visitálo, por coidalo, ou porque lle saco cartos e por riba podo presumir de monte bonito…”
    Ou en que: “o monte que non se coñece, o monte que non se visita, acaba perdido, e os seus valores (ecolóxicos, monumentáis ou “petroglíficos”) acaban comidos pola broza”
    Ou que: “tal vez te consideres totalmente autosuficiente e contes que na túa “loita” ca comunidade de montes non precisas de ninguén máis que do “arqueólogo”… eu penso que cando realmente un pensa no ben común, hai que SUMAR, nunca dividir, e calqueira colaboración debe ser sempre benvida”

    Pero hai moitas outras cousas coas que non estou de acordo. Cando dis: o dos petroglifos. E que non están protexidos soamente os petroglifos. Tamén está protexido todo o seu contorno, nunha área de 200 metros. E o “circuito” está dentro desta área.

    Cando dis. “na explanada, as motos, sí, fan surco, pero a terra non a levan para casa, e con un poico de choiva queda todo tal cual. O que se dí dano, literalmente, é ridículo”. É mentira. Como se nota que non coñeces o lugar. Hai surcos cun reborde de case un metro de altura (fíxate na terceira foto, no surco que está no casco do que está de pe. Nese circuito ilegal están a danar gravemente o monte. E iso non se vai con un pouco de chuva.

    Que hai que buscar unha solución para vós, e buscar sitios para que podades practicar a vosa afección. Totalmente de acordo!
    Pero non en calquera lugar. E menos neste.

    Saúdos!

    • Lukas: Dis que os petroglifos están protexidos, e un contorno de 200 metros pero ¡¡¡é imposible sabélo se non están INDICADOS!!! E se ún tén que supor que pode haber petroglifos, entón apaga e vámonos, porque non sabes se 20cm debaixo da terra que pisas pode haber ún. Refírome a que ningúen dos que eu coñezo, montado na moto, ve un petroglifo e pasa por riba, mais ben ó contrario, avisará ó concello ou quen sexa de que o atopóu. Unha vez todo sinalizado, non se pasa e punto.

      Os surcos son surcos, quitas terra dun sitio para movéla medio metro máis aló. Eso non é un problema e o clima e maila vexetación van rexenerá-la zona en pouco tempo. Eso é a o que me refiro.

      Miro e remiro as fotos e non hai por ningún lado plantación de árbores (a non ser que comer unha cereixa e escupí-lo oso sexa considerado “facer unha plantación”.

      MontePituco: aproveito este post para dicirche que leas ben ó meu anterior… non había intención amenazante de fondo. Só indicar que hay que ter coidado con no buscarse enemigos. Eu non son rencoroso, nen me fichedes persoalmente nada, pero igual, se o seprona me pon unha multa de 3000€… (tí dis que non pero…) digo “igual”… non sería tan educado a partires desa coma os compañeiros. E sexamos persoas, por favor, cada quén xa temos “inimigos” de sobra como para ter que buscarnos máis… ese era o senso da miña expresión. Se a queres entender polas malas, ou polas boas, é a túa decisión.

      O que quero dicir con todo isto, e a ver so entendes dun c*rall* dunha vez é:

      – Gústanos respetar, e ser respetados, e se sabemos (pero só se o sabemos) que por un sitio non se pasa, pois non pasamos. Pero non temos dones celestiales (nin ubicuidade, nin coñecemento infinito), se non sinalades (vós, a xunta, a comunidade de veciños, de montes o san pitopato) NON PODEMOS ADIVIÑÁLO.

      – Gústanos disfrutar do monte e, polo tanto, respetálo e como ademáis estamos moi mal vistos por algúns sectores -e o sabemos-, disfrutamos tamén facendo campañas e actividades que limpien a imaxe que -inda hoxe- hai algúns que se empeñan en ensuciar (incluso algúns cazurros en moto, non o podo negar, para vergoña propia)

      Pero deixas todavía sen resolver as incógnitas de:

      ¿queres todo o monte reservado para protexé-os petroglifos ou só os 200m?

      ¿defendes que -en boa convivencia- diferentes colectivos y actividades poidan disfrutar deste monte?

      Ollo, non vaias mezclar temas outra vez (que vexo que se che dá moi ben entortizar as conversas para que vaian por onde tí queres): eu non vou defender a alguén que circula sen seguro, esa é unha multa moi ben posta e punto, pero as multas do seprona non son unha broma, e poden arruinar unha familia.

      • Aínda que vai para Lukas, permítome puntualizar o comentario sobre os petroglifos. Efectivamente, non están sinalizados. Pero é que esa actuación vímola reclamando dende hai tempo. Non se pode ir cunhas estacas polo monte e poñelas onde a un lle pete, por conta propia. Ten que ser unha acción coordinada entre a Comunidade de Montes, a Dirección Xeral de Patrimonio, e tal vez tamén o Concello. Do contrario, quen probablemente se expón a un tirón de orellas somos nós, por moi boa intención que teña a nosa iniciativa. Levamos tempo percorrendo e mapeando a zona, cos seus elementos, tanto arqueolóxicos, como etnográficos, naturais, paisaxísticos, para que o catálogo de recursos sexa o máis amplo e diverso posible. É un traballo que non se fai da noite para a mañá, senón que require moita dedicación pola nosa parte. E estamos niso. Alguén por aí nos recriminaba que non limpamos os verquidos, que non isto e que non o de máis aló. Mira, nós cando subimos, levamos bolsas e recollemos o menudo que atopamos para depositalo nos contenedores, e non por iso nos sacamos fotos nin saímos na tele. Para retirar “o gordo”, hai que ter medios materiais e mecánicos: palas, contenedores de obra, carrocetas para transportar cascallos, uralitas, mobles… Medios que ten que poñer o Concello, que é a institución á que lle corresponde asumir esa actuación. Por dobrar o lombo, non hai problema, que xa nos ofrecemos e a Concellería de Medio Ambiente xa agarda que se concrete unha data, cando o tempo se estabilice e deixe de diluviar, para esa laboura comunitaria na que o presidente da comunidade de montes tamén se comprometeu a colaborar na convocatoria dunha peonada. Iso por unha parte. O da sinalización dos petroglifos é outro obxectivo. Temos tantos…
        O dos surcos ten solución, claro. Pero de pouco ou nada vale achandar o terreo por aquí para que á semana seguinte nos veñan as rodas facer o surco por aló. Se coñeceras a zona decataríaste de que está convertida nun labirinto de rodadas. Cando un itinerario queda gastado, veña, ábrese outro. E non só iso, senón que cada vez o circuito estase facendo máis grande, porque os pilotos xa está collendo parte dun camiño a pé e dando a volta xusto por detrás dos petroglifos, pasando case a rente deles, cando antes o circuito non estaba tan enriba desta parte do espazo.
        As árbores están prantadas, son moi novas e non teñen apenas envergadura. Nas fotos non se ven porque son panorámicas e non detalles, e porque ademais ao colgalas na páxinas perden moita resolución. Pero se queres que che mande por correo fotos das árbores que hai espichadas xusto na entrada do circuito, non hai problema. Como se as queres ver ti mesmo cos teus propios ollos.
        …Sobre o amago de ameaza: vale, baixo o escudo, pero garda ti tamén o coitelo ese que levas entre os dentes, metaforicamente falando. Con todo esto non pretendemos gañar inimizades, nin enfrontamentos, nin malos rollos. De feito, o día do “incidente”, saímos satisfeitos de alí. Sentíndoo en parte polos rapaces que tiveron que apandar co sermón, pero alí quedamos, eles e nós, e Lukas pode testemuñalo, en que isto podía ser o principio para resolver a problemática. Nós contactamos cun deles a petición súa para darlle toda a información e as facilidades, e resulta que nos atopamos con este aluvión de mensaxes de xente coa que non se pode case que nin falar, porque todo é virnos á chepa, como se foramos os malos da película cando estamos botando man de algo que é “noso” por dereito.
        Insisto no que lle dixen a “nonseiquen”, por aí arriba: o que pedimos é que se deteña a práctica motorística nesta zona, no Alto do Pornedo, no espazo que vai dende o mirador, ata a pista principal, e que engloba dentro a zona dos petroglifos, porque forma unha unidade territorial. É unha vaguada, e non se trata de partillala a cachos, en plan salomónico, metade p’a min, metade p’a ti. Máis arriba do monte, ou noutra zona, ou noutro monte próximo, ten que haber terreo “de sobra”. Entrecomillo eso porque non me corresponde a min decidir esa cuestión. Teredes que negocialo coa comunidade de montes, ver se non hai, eu que sei, unha mina de auga, por exemplo, que tamén supoña un problema para que a vosa práctica e o uso veciñal do monte poidan coexistir. E dito isto, xa contesto a segunda pregunta sobre a convivencia de usos. Porque é o problema de fondo, non me cansarei de dicilo. Neste monte, pola falta de visión de futuro, de interese e de intelixencia por parte dos seus responsables directos, non hai un plan de ordenación, está todo a eito, non hai criterio para decidir que uso se lle dá a cada parte, de maneira nun sitio se fai unha actividade inadecuada, noutra non se fai nada cando podía estar producindo algo, noutra onde tiña que haber sinais advertindo da existencia de petroglifos, ou prohibindo os escombros, ou alertando contra os lumes, non hai absolutamente nada. E así estamos.
        E xa por último: non quero enredar, ao contrario, quero clarificar. Enredan outros, mesturando temas que non veñen ao caso. Lavándonos a cara cos verquidos, cos cazadores, cos madeireiros. Mirade, xa faremos (ou intentaremos que se faga) o que corresponda en cada caso. Agora do que se trata é de determinar onde motos si e motos non. Máis claro, pola nosa parte, auga.

  17. xa que queredes votar as motos do monte por que se desfai,depaso tamen podedes votar os cazadores xa que son os que mais enchen de merda o monte (cartuchos ,cartuchos y mas cartuchos)que nunca recollen ,e se non savedes non son biodegradables.

    Tamen tendes que votar do monte a xente que practica descenso que si non o savedes tamen desfan o monte.

    E despidome de vostedes recordandolle que os das motos son os que perden o seu tempo mantendo camiños, cortafogos ,sendeiros e moitas mais zonas do monte limpas e que despois son utilizadas moitas veces polos servicios do estado (seprona, bombeiros, etc) por que se non non podrian acceder a moitas zonas do monte xa que estan sempre impracticables.

    UN SALUDO

    • Imos ver, amigo ou amiga… Non te tires da moto, nunca mellor dito, se me permites a expresión. Que queiramos botar as motos do monte, non é certo. Queremos erradicar o tránsito de vehículos motorizados dunha zona específica do monte, do Alto de Pornedo, concretamente, que é unha parte moi sensible por motivos medioambientais (especies forestais repoboadas), patrimoniais (gravados rupestres catalogados) e sociais (roteiro do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños). E porque se trata dun espazo de monte comunal do que os comuneiros levan tempo queixándose polo aspecto de deterioro que presenta: surcos marcados no terreo, peraltes dun metro de alto, erosión galopante… Que hai máis problemáticas que a dos motos e dos quads? Por supostísimo: verquidos incontrolados, animais abandoados, caza… certo. Pero agora estamos abordando este asunto en concreto. Ou cres que temos unha variña máxica para resolver todo de vez recitando un esconxuro? Se quixerades colaborar, buscando outro espazo para seguir exercendo a vosa afección, ou deporte, aquí paz e despois gloria.
      O problema é que non hai maneira de facervos comprender que esta zona na que se creou o circuito irregular, coa permisividade da comunidade de montes (que tamén se opón a el, aínda que teñan a cobardía de non dar a cara e deixar que sexamos os veciños os que nos mobilicemos e lles fagamos o traballo suxo), non reúne as condicións para que sigades rodando. E non lle quitamos mérito á vosa contribución no mantemento de pistas e cortalumes. Porque precisamente por pistas e rutas habilitadas é por onde ninguén, nin comuneiros, nin veciños, nin Seprona, nin Xunta, nin deusbendito, nin mariasantísima, vos pode impedir que circuledes libremente (non facendo cafradas, suponse).
      …E non hai máis cera que a que arde. Esta polémica é totalmente artificial e saiuse totalmente do testo dende o momento en que vos empeñades en buscar conflicto onde non o debera haber.
      Saúdos e grazas por participar.

  18. gustame este blog ja,ja, dende lonxe sempre vese doutra maneira, polo que se desprende sodes moitos deportistas do off road os que usades esas zonas … e eu me pregunto si a asociacions estas que defenden este entorno eu supoño que o que queredes son masivamente que todolos colectivos vos axuden na causa porque se supon que cantos mais pois mais forza.
    Se desprende dos comentarios que ninguen sabia da existencia de gravados rupestres e mais cousas … enton que mellor que informar e si e un colectivo grande pois mellor pois facedes mais forza na causa … pero sendo veciños porque supoño que moitos serán rapaces da zona ou zonas limitrofes creades un mal ambiente e xa se sabe que a xuventude fai a forza e o boca boca entre eles fan piña e con isto penso que creades mais enemigos na causa que amigos e iso deveriades de pensalo porque a xente nova vai pensar mais co colega que anda en moto que nunha asociacion de veciños que como diran eles protexen unha pedra.
    Comprendo que non querades que anden ali pero das a entender que o monte como e voso que non o toque ninguen … cando e epoca de caza (eu non o sei que non coñezo a zoa) lle fas retrato os cazadores que usan o teu monte para asasinar os poucos animais que nos quedan? te enfrentas a eles?
    Quedan pouco mais de 2 meses para que escomenze a epoca desgraciada de incendios, supoño que tanto queres eses montes que pasarias moitos dias deste inverno coa desbrozadora o lombo e coa fouce (aqui dise asi non sei ahi) e os teus camaradas deixando todo limpiño sen maleza que poida ser provocador dun incendio … eu sei moito diso si necesitades vos deixo a desbro e a fouce … o lombo non que xa o teño mallado de limpar ja,ja.
    Ale seguide co debate … guerra entre colectivos e da mesma zona nunca acaban ben porque fixo que a maioria se coñece ainda que sea de vista.

    • A este circuito vén xente dos sitios máis insospeitados: de Cangas, que está preto, pero tamén de Pontecaldelas e doutros puntos máis afastados. Por iso se supón que descoñecen a problemática, mais tampouco ningunha desas persoas nin o colectivo ao que pertence se preocupou nunca de verificar se o espazo que estaban usando para practicar contaba coa aprobación da comunidade de montes correspondente. E iso éche moi elástico. A sabendas de que non poden rodar noutros espazos de monte porque as comunidades de turno non llelo permiten, veñen a este sin facer ningún tipo de averiguación previa, evitando o contacto coa comunidade que, por outra parte, vos fai o “favor” de facer a vista gorda coa única excusa de evitar meterse nun berenxenal. A regulación das actividades que se levan a cabo no monte é competencia da comunidade de montes ao abeiro do estipulado pola Administración autonómica. O noso é un colectivo que xurdiu coa finalidade de evitar a instalación dun polígono industrial na zona; pero vendo a situación de desamparo na que se atopa o monte (verquidos, maleza, circuito, etc.), e ante a pasividade da comunidade de montes, non podemos mirar para outro lado como se non fora connosco, aínda que a solución non estea directamente nas nosas mans. Exercemos presión sobre a Comunidade de montes, sobre o Concello e sobre a Xunta para que cada entidade asuma as súas respectivas responsabilidades e as cumpla.
      Que doado é xulgar dende fóra, sen ter p* idea do percal, valorando situacións ailladamente e das que non tes ningún tipo de bagaxe. E claro, así metes/metedes a zoca ata o fondo e máis aló.

  19. No que dí Carlos ten tamén a súa parte de razón. Eu, dende o Baixo Miño, non vou ir a Monte Pituco pola miña conta, eso é seguro. Se vou, vai ser con alguén da zona. Entendo que digades que estades cansos de avisar ó personal pero realmente, hai que plantearse que non o estábades a facer moi ben, pois seguen indo. Mirade, sinceramente, se me interesa a conservación do petroglifo e considero que é a miña causa, reclamo e non o sinalan ou protexen, poucos días hei tardar en por eu a miña sinalización, que non é máis que catro palos e cinta de balizar, e un carteliño, canda menos, se non son os 200m, que a xente non lle pase por riba (porque imaxinade o que lle pasará se un 4×4 pega un golpe co cubrecárter na rocha).

    E agora (é a miña opinión) fixéchelo inda peor, facendo pagar a xustos por pecadores e -dun modo u outro- enfrentándovos a un colectivo que non pinta nada na verdadeira solución ó problema.

    • Polas túas últimas palabras, queda claro que a intención do motorista que nos pediu as imaxes da intervención era facernos unha encerrona para favorecer que todos vós vos botarades enriba nosa. E volto dicir, boa parte da reprimenda que lle botaron os axentes do Seprona NON FOI POR CIRCULAR POLO ALTO DO PORNEDO fóra da pista habilitada para o tránsito de vehículos, senón POR MANEXAR UNHA MOTO SEN SEGURO. E aí, repito, a culpa non é nosa. Ao contrario, estádesnos facendo “pagar” a nós por unha neglixencia e unha irresponsabilidade dun dos vosos compañeiros. Así que nada de xustos por pecadores. Quen está actuando de mala fe non somos nós que, ao contrario, estamos respondendo educadamente e con argumentos a todos e cada un dos comentarios recibidos, sen censurar ningún. Este é un enfrontamento artificial que estades alimentando vós mesmos, con comentarios cada vez máis encendidos e que non veñen a conto.
      E quen queira explicacións directas, sen o rollo este das mensaxes escritas que, en máis dos casos embarullan máis do que aclaran, que contacte connosco e, alí no mesmo monte, dialogaremos con quen o pida. (Verás como ninguén o fai).

      • Eu non podo facélo, e tampouco podo falar polos demáis, pero non che permito que pongas na miña boca cousas que non digo, nin dixen, nin deixei entrever. Entre outras cousas, porque eu non estaba, non fun, e nen sequera coñezo persoalmente a ningún dous pilotos. Tampouco son lider de nada nin de ninguén. Así que, por favor, deixa de supoñer tanto. As fotos, tanto dá se chas pediron… o que importaría en calqueira caso é qué fotos publicades e ónde.

        O Seprona pon unha multa (instantánea) por circular sen seguro… ¡¡¡BEN FEITO!!!

        Pero tamén, polas vosas indicacións -según ún deles e polo que lles dixo o axente do seprona- teñen que enviar a Santiago un informe cos datos. Esto levanta un expediente administrativo con multa de ata 60000€. A él non che sei pero a min, se me multan con 2000€, teño que deixar de comer para que a miña filla poda alimentarse (e mal)… e se me multan con 10000€, xa poden quitarme o sangue porque non vai haber modo de sacrmos… e se me multan con 30000€, vaime compensar que sexa o estado o que me alimente e dé vivenda dende o cárcere… non che digo máis. 😀 (non o tomes literalmente, muller, é unha expresión)

        Tí/vos non estás/estades “pagando” nada, é moito máis sinxelo: Fixéchedes algo, expoñedes públicamente e con orgullo o que fixéstedes, e hai certa xente á que non lle parece correcto. Cada quen co seu tono, forma de falar, ou educación, expón o seu parecer (pero recorda que a educación, moitas veces, nos fai falar medias verdades e recorta a sinceridade).

        Dis que vos non actuades de mala fé. Non cho vou por en dúbida pero gustaríame que se pensas que nós o estamos a facer (actuar de mala fé) sexas sincera e o digas porque entón, sei que non teño xa máis que dicir neste sitio.

      • Mira, ColdBeer, nin ganas de botarlle máis leña ao lume, nin de cabrearnos nós nin de provocar o cabreo de ninguén máis. Actuamos como cremos nese momento, os que alí estabamos, que era o correcto. Nin por asomo se nos ocorreu que fora levantar semellante polvareda, nin que fora saír “petróleo” a raíz da intervención dos axentes. O único que procurabamos era que alguén autorizado lles deixara claro aos motoristas cos que nos atopamos se o que estaban a facer era correcto, ou non, como nós pensabamos. E co apercibimento, para nós era máis que abondo. Se logo resultou que había “tomate”, lamentámolo pola parte de quen lle tocara. Fin (ogallá) da historia.

  20. Me da que debes de estar en el paro ó ser funcionari@, por la cantidad y prontitud de las respuestas. No me extraña.

    Cuando dices que el monte tieñe dueño, me encanta, efectivamente tieñe dueño, es de todos, me gustaría que me dijeras cuandi y cuanto pagaron las comunidades de montes por los susodichos.

    Así está el país, con mangantes sin oficio ni beneficio que pretenden hacer carrera política en “asosiasións de vesiños” y demás gaitas, apropiándose indebida y exclusivamente de la “galeguidade”

    • A min dáme que non debes ter moitos argumentos para xustificar a túa actitude cando te dedicas a facer descalificacións de tipo persoal. Por iso, e porque non merece a pena que che dea unha lección de historia sobre a orixe da propiedade xermánica do monte, que se remonta á época dos suevos, vou pasar de afondar máis no teu pobre comentario. Un saúdo rural e galeguista.

  21. Monepituco soy javier.
    Pense cuando hable contigo cara a cara que eras una persona de bien y que solo estabas luchando por tus ideales.
    Pero una vez leido todos los comentarios que has puesto en este sitio ,no me queda mas remedio que cambiar mi opinion sobre ti y sobre vuestros verdaderos intereses en esta historia.
    Ademas mientes descaradamente pk yo en ningun momento te pedi fotos ni historias.
    En lo que quede contigo y con todos tus campeñeros es que me enviaras via email un comunicado de tu asociacion en la que expusieseis el motivo de pk esta prohibida la utilizacion de la crono para publicarla yo en el foro y que todos mis compañeros se diesen por enterados.
    Y lo que me encuentro es un titiritada que montasteis con las fotos de los motoristas denunciados a modo de trofeo y con unos comentarios totalmente fuera de lugar.
    Es evidente que cometi un error circulando con mi moto de cross sin seguro en un circuito en el que pensaba que se podia rodar sin problemas,entre otras cosas pk llevo años haciendolo,y en algun caso con el seprona presente para que te enteres.Pero creo que tu error es todavia mayor utilizando esta historia como una forma de publicitar y de justificar tu asociacion a la vista de vuestra gente y de todos lo que os apoyan.
    Te aseguro que nunca hubo mala intencion por mi parte pero visto lo visto,no te quede duda de que voy a poner en conocimiento de mi abogado la publicacion de esta farsa con las fotos a modo de trofeo sin la correspondiente autorizacion y veremos lo que pasa.
    Siento que todo esto acabe asi pero me considero una persona de bien y no me gusta que me tomen el pelo ,y menos todavia que me ataquen y me utilicen como trofeo de una caceria.
    Piensalo.Todo esto se habria evitado si en el momento que aparecimos por alli con las motos nos hubieseis hecho un gesto para parar y dialogar como personas de bien.No te quede duda que te hubiese ayudado en todo lo posible para erradicar el uso de a crono.
    Pero ahora sospecho que vuestras verdaderas intenciones son muy distintas.
    En fin una verdadera lastima sin duda ,pk seguro que dialogando como adultos y como personas racionales podriamos haber solucionado todo este tema de forma amistosa y sin ninguna complicacion.Mas que nada para que ambas partes podamos seguir disfrutando de nuestros maravillosos y hermosos montes como hermanos.

    • Javier, díxenche, diante dos meus compañeiros, que tomara imaxes do acontecido e que chas ía enviar, como así fixen, para que puideras amosarlles aos demais motoristas que, efectivamente, o Seprona estivera no monte para intervir e apercibir a quen rodaba con vehículos por ese espazo. Un dos meus compañeiros que se atopaba ao teu carón mentres eu estaba a outra cousa, escoitouche dicirlles aos axentes que era unha mágoa que non levaras cámara para retratar o acontecido porque, por máis que o contaras, non che ían crer. Non vou poñer en dúbida o comentario do meu compañeiro. E, de aí, o envío das imaxes. Envieichas esta semana e non tiveches nin a cortesía de contestar, nin tan siquera de dicir, se che tivera molestado, que non saíra a túa imaxe. As fotos, por suposto, están retocadas para que non se identificaran nin as caras dos axentes, nin as matrículas dos vehículos oficiais, por razóns de seguridade. Polo demais, ti estabas nun lugar público, e saes como saen tamén os compañeiros que estaban comigo. Non cómpren leccións sobre dereitos de imaxe, porque coñezo ese terreo e teño a tranquilidade de ter obrado correctamente, valorando o interese informativo do material publicado. Non tes máis que abrir calquera xornal ou ver na televisión calquera programa de noticias para comparar as situacións. Outra cousa é que foras menor de idade, e que a túa imaxe, por lei, estivera sometida ao máximo nivel de protección.
      Quedei tamén contigo en que che enviaría un documento da Comunidade de Montes, non do noso colectivo, senón da Comunidade, que é a xestora do monte e dos seus usos, informando da imposibilidade de circular nese espazo concreto, con motos ou quads. E teralo, por suposto, se tes a ben recibilo. E tamén terás, se a queres, porque vouna pedir, unha copia da acta da última asemblea de comuneiros, de decembro de 2009, se non me trabuco de data, na que o secretario da comunidade debeu tomar nota da queixa que formularon uns comuneiros sobre a situación de deterioro do monte. Un asunto do que tamén che falei ese día, e do que hai testemuños.
      Cando nos despedimos non percibín que houbera ningún rebote nin mal rollo pola túa parte (alén do que puidera acabar informando o Seprona), nin por parte do outro motorista que te acompañaba. E cando che enviei as fotos, volvinche agradecer a comprensión e mesmo a sensibilidade amosada ante as explicacións detalladas que vos demos sobre cal era a fonda problemática que tiñamos entre mans. Efectivamente, cos axentes alí no monte, amosaches unha actitude razoable e dialogante. Probablemente, se non acabaran aparecendo os do Seprona, e foramos os meus compañeiros e mais eu os que falaramos directamente con vós para pedirvos que deixarades de rodar, a actitude pola túa parte sería a mesma; non o vou poñer en dúbida. Simplemente hai xente coa que se pode falar, e outra, coa que non. Lamentablemente, a nosa experiencia é negativa neste sentido, porque xa expuxen en varias ocasións a cantidade de insultos, malos modos e amagos de agresividade que nos temos atopado entre xente do voso gremio, por dicilo dalgún modo. Levo/levamos moitos chascos e a gota que colmou o vaso fostes vós, máis para mal que para ben, polo visto.
      Nin buscamos nin precisamos publicidade. Levamos certo tempo traballando discretamente, sen máis conflictos que os estrictamente necesarios na defensa dos nosos “ideais”, como dicías ao principio. E o único e verdadeiro interese que perseguimos, en relación ao estado que presenta o Alto de Pornedo, é podelo recuperar para que os elementos rupestres estean a salvo e para que se poida levar a cabo unha actuación de rexeneración da zona, nos términos que marque a Comunidade de montes ou a Dirección Xeral de Montes. Se por riba conseguimos que neste monte, o Pornedo e a área máis extensa que lle dá continuidade, non se instale o polígono industrial que planea o Concello, mellor que mellor, porque estaremos preservando a riqueza forestal da parroquia, e protexendo a fachada marítima da vila, ademais de garantir a conservación dos abundantes elementos arqueolóxicos, e dos acuíferos naturais, que abundan aquí. Esa é a razón da nosa existencia. E porque o monte nos doe e queremos contribuir a melloralo, tamén nos preocupamos pola proliferación dos verquidos incontrolados, dos animais abandonados e dos cabalos impedidos con pexas, do mal estado que presentan as pistas, as canalizacións de auga atoradas polos temporais, da maleza que medra sen control e, tamén, da presenza de vehículos motorizados en espazos non autorizados para ese uso.
      A “titiritada” á que te refires é un aluvión de mensaxes dos afíns ao foro no que participas. Vendo o respaldo dos teus compañeiros, sénteste lexitimado para descalificarme e para brindarme toda clase de pestes e de denuncias, para amosarte sumamente ofendido por un artigo no que simplemente me limito a expoñer a miña experiencia e a dos meus compañeiros ante un problema co que mesmo nos estamos xogando o físico dependendo dos dedos de fronte do motorista co que temos o infortunio de tropezar cando saímos ao monte. No artigo resumo as impresións, non só dos feitos que aconteceron o fin de semana pasado, senón de toda a problemática en conxunto, cos seus múltiples episodios, porque non de todos se deu conta, unicamente dos máis significativos.
      Quedou perfectamente plasmado no artigo que nin o teu compañeiro nin ti resultastes ser da pasta da que estaban feitos outros pilotos cafres, senón que se eloxiou a vosa receptividade e o voso respecto. E nese sentido teño a conciencia tranquila. Que as cousas puideron ser doutra maneira, certamente. Como xa expuxen nalgún comentario anterior, que seguro que non tiveches o detalle de ler, porque son moitas (demasiadas) as intervencións, a presenza do Seprona non foi para metervos un paquete, nin para empapelarvos, nin moito menos para presumir de trofeo ningún, senón para que vos apercibira alguén con autoridade e competencia, máis aló do que puideran dicirvos un grupete de sendeiristas que pasaban por alí. O do seguro da moto foi algo co que non contabamos, pero tampouco vou cometer o erro de xulgarte por eso.
      E xa por último, coincidir contigo en que efectivamente, é unha mágoa que a situación dexenerara ata este punto. Levamos aturando estoicamente este chaparrón, contestando a todo o mundo da mellor maneira posible, en consonancia cos termos nos que se dirixen a nós. Do único que se trata en realidade é de procurar que se deixe de realizar esa práctica deportiva nesa parte do monte que se atopa deteriorada. E se de paso se pode atopar unha alternativa para que sigades rodando noutro espazo que non supoña perxuizo para nada nin para ninguén, perfecto. Pero moi ao noso pesar, parece que o voso colectivo non está polo labor de contribuir, como se lle incomodase ceder o que para vós representa unha especie de tesouro irrenunciable. Mágoa porque, como ben dicías, o importante é “disfrutar dos nosos marabillosos e fermosos montes”. E non me doen prendas en disculparme contigo se en algo te ofendín, pero xa van preto de 400 artigos publicados nesta páxina, e cada vez atopo máis motivos para indignarme.

      PD: Falando de indignación, recoméndoche a lectura de “Indignádevos”, de Stéphane Hessel. Son a penas 50 páxinas. Lectura motivadora e enriquecedora.

  22. Por favor, monte… pódesnos indicar con exactitude onde queda a pedra esa? poderías poñer fotos de localización? Mapa?

    Porque como sabes a nos tamén nos interesa o noso patrimonio… parece mentira que tanto como aprecides estas cousas, e tanto tempo de protesta e non tiverades tempo de sinalizar a zona esta nin outra…

    noutros montes hai carteles ven grandes con planos para poder localizar estas riquezas do monte, incluso todo sinalizados para que todo o mundo o poida comtemplar e respetar.

    En canto vos saiu facer as camisetas de protesta pola conservación do monte, en canto vos sae manter esta web? en canto vos saería poñer un cartel ben grande para manter a xente informada?

    Sen ánimo de ofender e con moito respeto un saudo.

    • Este colectivo pertence a unha comisión a prol da creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños (www.espazosetecaminhos.tk). Levamos traballando algún tempo na catalogación dos elementos patrimoniais, tanto arqueolóxicos como etnográficos, dos montes de San Xulián, Lourizán, Salcedo e Vilaboa. Estase elaborando un documental do que xa se fixeron algunhas proxeccións en asociacións culturais como Almuinha. Nas nosas saídas polo monte estivemos sinalizando en gps a localización de todos estes recursos con vistas á presentación, ante as comunidades de montes e as Administracións, dun proxecto global de actuacións encamiñadas á súa sinalización, recuperación e posta en valor. Non pode ser unha actuación unilateral pola nosa parte porque, como xa comentei nalgunha intervención anterior, ten que facerse necesariamente coa supervisión, polo menos, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e co permiso das comunidades de montes. Así como se agradece a vosa sensibilidade e o voso interese pola conservación deste patrimonio, non podemos dicir o mesmo, por exemplo, dun sector da Comunidade de montes de San Xulián que, ante a presenza destes gravados rupestres, só ven “pedras que non dan de comer”, cito literalmente. Comprenderás entón que nos atopamos ante un panorama un tanto hostil que, por descoñecemento ou simple arrogancia, non só non aprecia, senón que desprecia esta riqueza que, noutros lugares, como ben apuntas, se potencia mesmo a nivel turístico e redunda nas propias arcas da comunidade. Pero non me enrollarei, certo.
      As camisetas pagueinas cos meus cartos. Manter esta web custa o meu tempo e o meu sacrificio persoal. Pagar un cartel grande non sei o que custa, pero tamén estou disposta a poñelo do meu peto se fai falta. Defender os meus ideais, non ten prezo.

  23. Como che dicía agradecería enormemente FOTOS DA PEDRA E DA SÚA LOCALIZACIÓN.

    Por un ben común.

    Ainda que non o vai sinalizar saberemos todos por onde non pisar.

  24. Atendendo a túa demanda, publicaremos este fin de semana un artigo específico sobre o Alto de Pornedo que aborde a situación dos petroglifos, do mirador, da repoboación realizada e do aspecto que presenta a zona. Polo pronto, anoto a seguinte ligazón, na que se pode ver unha relación dos gravados catalogados, entre eles o conxunto rupestre de Pornedo polo que preguntas.

    https://montepituco.wordpress.com/arte-rupestre/

  25. pois estou ollando cousas e comentarios do Facebook e da gusto ver comentarios tan fascistas hacia outro gremio … que pasa que só son boas as vosas ideas e os temas que vos gustan sen respeta-los gustos doutra xente.

    “Aturando estoicamente unha tremenda campaña de acoso e derribo por parte dos integrantes dun foro de motoristas e pilotos, que non atenden a razóns cando reivindicamos a erradicación da práctica motorística do Alto do Pornedo por razóns ambientais, patrimoniais e sociais. ¡¡¡S.O.S.!!!”

    “Hoxe o Seprona comunicounos que xa lle remitiu á Xunta o informe sobre os perxuizos que provoca a práctica motorística irregular no Alto do Pornedo, para que se adopten medidas correctoras.”

    “…É tanto pedir que, por favor, deixen “respirar” a este anaco de monte, ceibe de fume, de ruido, de rodas…? O Alto de Pornedo NON é unha pista motorística. ”

    e este comentario xa e para quedar abraiado e destapase a falsedade de que non ten nada esta xente contra a xente que practica o DEPORTE do off road…. foi sobre unhos rapaces cuns Quads

    “.Salvemos o Monte Pituco (Pornedo) Home, Víctor, non sexas tan drástico. Cun salpullido nas xoias de familia ían servidos. Os moto-cafres, polo menos. Ademais, non sei que lle poden ver a ese deporte. O cretino do outro día, cando sacou o casco do pedrusco que tiña por cabeza, tiña terra ata entre os dentes. Un noxo…”

    “…Os petroglifos de Pornedo, gravados rupestres milenarios. Ao fondo, a moi pouca distancia, a pista de rodaxe ilegal creada impunemente polos chalados das motos e dos quads. Cando poderemos acabar con esta lacra no monte?”

    Non hai peor cousa de descalificar a unha persoa con comentarios coma este ” O cretino do outro día, cando sacou o casco do pedrusco que tiña por cabeza, tiña terra ata entre os dentes. Un noxo…” “polos chalados das motos e dos quads”

    E sendo tan lista e tendo tanto tempo livre como dis “unha práctica motorística, ou deportiva, se lle queres chamar deporte” … informate un pouco haber si encontras algo sobre TRIAL, MOTOCROSS, ENDURO. Verás como encontras algo por ahi con campeonatos en todalas partes da Galiza, Espanha e resto do mundo. O mellor non te soa este deporte nen deportistas pero podes indagar sobre Nani Roma, Arcarons, Isidre Esteve, Jordi Tarres …… bueno e de rapaces unha tal Laia Sanz que moito saliu na tele no Dakar deste ano, como podras ver e DEPORTE.

    Un saudo Nacionalista e hai mais deportes despois da estornela, clave, bilharda etc … respeta e serás respetad@

    • Os rapaciños cos quads -benditas criaturas- aos que me refirín, un deles concretamente, porque o outro non interviu, son da caste dos que vos dan a mala fama que motiva comentarios coma os meus, por exemplo. Comentarios que non son aillados, por certo. Pode ser moi respectable a vosa práctica deportiva, non o vou cuestionar, sendo xusta; pero eu, e calquera que opine coma min ou parecido, podería ter unha mellor opinión e consideración pola vosa afección se non tiveramos a mala pata de topar cos pilotos menos indicados para “representar” o voso deporte. O rapaciño de marras foi un dos últimos apercibidos, e nunca ningún de vós me tratara tan mal na miña vida. Non contento con ignorar os sinais para que parara o vehículo cando me dispoñía a falar con el, en canto por fin se dignou en prestarme atención, era tal a indiferencia coa que me atendía, que ata a máquina me estaba a facer máis caso ca el. E cando xa se lle inchou a vena de escoitarme, sen que eu o tivera provocado nin insultado, o que fixo foi poñerse de pé enriba dos pedais e poñerse a berrar, intentando asoballarme desde unha posición de altura superior á miña, que estaba de pé. Por iso, por moito que che doia ou che fastidie, como piloto que es, reafirmo a miña opinión sobre esa persoa: un cretino, un chalado e un maleducado.
      Non teño nada en contra da práctica motorística, pero nos espazos habilitados onde non se perxudiquen bens naturais e patrimoniais; como tampouco teño nada en contra da billarda, da petanca, do trompo ou das canicas.
      E non te molestes tanto en buscarnos as voltas e mirar ata debaixo das pedras o que poñemos ou deixamos de poñer segundo en que contexto, que non somos tan importantes. Por permitirnos a “licencia” de tomarnos o tema con sentido do humor con alguén, de forma distendida, cando xa un/unha está ata a coronilla de que o/a vacilen, non nos vas deslexitimar nin máis nin menos. Por cada risa que nos poidamos botar cando facemos unha paréntese na seriedade, aforramos en diván e psiquiatra. Que a vida sonche dous días.

      • Haber que me entere… eu non sei que lle dixestes o rapaz… non estaba alí para ver o que pasou…

        Pero dunha vez fostes sacar unha foto o famoso coche e un compañeiro noso que estaba alí despois dunha conversa contigo dou a enterder que nos acusabas de pirómanos…

      • Bueno, bueno, buenoooo… menuda trola!!! Anda, non difamedes, por favor!!! O que pasou co coche está requeteexplicado no blog. O día que o atopamos non coincidimos con ningúns motoristas, senón cuns cazadores, e o único que pasou foi que lle sacamos unhas fotos aos restos do vehículo e llas levamos á policía para que identificaran a procedencia. E o coche tardou en ser retirado e nese tempo alguén o foi desmantelando quitándolle case toda a chapa queimada. E protestámoslle á Comunidade de Montes, ao Concello, á Xunta, ao Seprona… e finalmente o que houbo que agardar foi a que o propietario, a quen llo roubaran, o fora quitar. E resultou ser unha persoa de orixe marroquí co que seica houbo dificultades para localizalo. E máis nada. Pero que paranoia é esa de tildarvos de pirómanos. Que ganas de malmeter, de crear mal rollo inutilmente e de terxiversar. Paso de polémicas estériles.

      • eu non che podo dicir que foras ti… eu non estaba alí…

        eu solo digo que igual vos estades aproveitando un pouquiño de abusar do noso colectivo porque sabedes que tendes un respaldo dos veciños non polo mal que poidamos facer simplemente polo feito do ruido que fan as nosas motos, que entendemos que poida ser molesto… pero ata agora SEMPRE fomos moi respetuosos e consecuentes co que podemos chegar a molestar…

      • Non nos aproveitamos de nada, estamos a defender o monte COMUNAL ante a pasividade e a permisividade da comunidade de montes, que non actúa en consonancia coa vontade dos comuneiros ao demandar que ese espazo do monte quede restrinxido ao tránsito de vehículos motorizados.
        Os que abusades sodes vós, invadindo con comentarios, uns máis admisibles que outros, esta páxina. Amparándovos en que sodes moitos e que deste outro lado da pantalla só hai unha persoa facéndovos fronte. Eu en varios comentarios tendín a man para falar directamente sen ter que estar aquí deixándome os dedos para contestarvos a todos e cada un de vós moi educadamente sobre asuntos que, ademais, non merecen discusión.
        O ruido? Eso é unha minucia comparado con todo o demais. E por suposto, respectuosos hai que ser sempre, TODOS, só faltaría que o respecto estivera en entredito.

      • Eu non fun quen fixo esta publicación, expoñendo como trofeo a captura dun endureiro…con estas maneiras… se te cansas de responder tes fácil solución non respondas ou retira a publicación.

        Pero non olvides que por moito que ti queiras gobernar, a última palabra tenna a presidencia da comunidade de montes… por moita asociación que ti teñas.

        Un saúdo dunha moto-cafre.

      • Moto-cafre defíneste ti soíño ou soíña. A publicación non se vai retirar porque reflicte unha situación real -nada de trofeos nin revanchas pola nosa parte, así que menos victimismo pola vosa- avalada polas persoas que se atopaban comigo nese momento. Non imos rendernos, estamos defendendo algo xusto desde o punto de vista legal e colectivo. E a xunta rectora da comunidade de montes xa está ao tanto de todo esto e van seguir facendo o que nós facemos: rexeitar o uso do Alto do Pornedo para a práctica motorístico-deportiva. Só que eles, insisto, tiran de teléfono do Seprona sin mediar palabra, mentres que nós levamos unha chea intentando razoar con integrantes do voso colectivo.

  26. home o do quad o mellor era un f.p. que ainos en todolos gremios e en todolos colectivos e no que eu milito dende fai moitissiiiimos anos tamen, ninguen se libra de ter unha ovella negra na familia.
    Haber o tema non e que queiran usar ese monte pa andar pois ningun che di que queiran andar ali … sendo como acontece un espazo que se debe protexer agora que se sabe pois a mimalo entre todos, niso parece que todos os que escribiron estan dacordo.
    O fondo da cuestión meramente son as formas na que se fixo a actuación. Pensas que para pedir que poñan un paso de peóns hai que coller o coche e atropelar a un paisan@ … a que non, pois isto foi igual para pedir que deixen de andar ali non hai que apresar a un como moeda de cambio coa Xunta para que declaren o lugal coma patrimonio e deixen de andar ali entrenando coas motos.
    A min persoalmente o que fixeche de poñer nome o rapaz e a foto penso que sobra e senon pois tapa a cara o todolos personaxes da foto e omite seu nome, que todos temos familia e intenet.

    • …A ver, por enésima vez (non me importa repetilo as veces que faga falta, conste; xa perdín a conta de “que” lle conto a “quen”). A decisión de notificarlle ao Seprona que se estaba a rodar no monte foi unha cuestión práctica; á parte de que o episodio co garrulo (con perdón) do quad estaba moi fresco e xa viña moi escaldada. A súa presenza non tiña por obxectivo endosarlle unha “receita” a ninguén, senón que foran os axentes os que determinaran sobre o terreo se a actuación dos motoristas era correcta ou non (o propio “afectado” dicía nunha mensaxe anterior que tiña estado alí co Seprona diante e non pasar nada). Á parte de que nós non somos máis que uns paisanos que vivimos preto do monte, ou que nos gusta facer sendeirismo, ou que estamos estudando o que hai de valor nel para sacarlle lustre e potencialo, e non temos a “autoridade” que teñen eles para “impoñernos” a unha xente que está nunha posición diametralmente oposta á nosa, e que pensará que esa é a nosa opinión, pero que eles teñen outra ben diferente, co cal, non se avanzaría nunca.
      …Eu non fun quen lle puxo nome nin tiña a menor intención de que ese dato saíra a relucir, porque no artigo non consta en ningures; quen o chamou primeiro polo seu nome foi unha das persoas que comentou ao principio. E non lle tapei a cara porque, precisamente, non é ningún delincuente. Só “desfigurei” a dos picoletos e as matrículas dos vehículos oficiais por motivos de confidencialidade (fano todas as publicacións, é obrigatorio). Pero a un “civil”, nun espazo público, non tiña por que. Tamén saen os meus compañeiros, quizais nesas non se lles ve tanto, pero si noutras fotos. E ademais, mandeille as fotos ao interesado e non me dixo (porque non contestou ao correo) que preferise non ser identificado. Non obstante, insisto, se nalgo o ofendín, non foi a miña intención. A firmeza do artigo é froito do compromiso e do empeño colectivo que temos aquí por facernos oír e entender, sumado á frustración e á rabia que nos dá topar con “merluzos” como o do quad xa referido.
      Saúdos, e a ver se podemos chegar entre todos a un entendemento cordial.

  27. ….si no le tapas la cara por estar en un espacio publico, ¿que problema hay por que ruede con su moto EN UN ESPACIO PUBLICO….

    • Para empezar, non se van tolerar máis saídas de ton verbais neste blog por parte dos visitantes, así que o teu comentario, para que todo o mundo que lea isto o saiba, está manipulado a mantenta por quen escribe estas liñas, suprimindo frases ofensivas que non veñen a conto.
      Pero non penso eludir a túa pregunta, e aí vai a resposta: este monte é un espazo aberto ao público, pero a propiedade é comunal. Ata aí séguesme? É como se no pobo hai un parque público, pero no que a titularidade da propiedade dese lugar é municipal. É dicir, ti vas, como calquera cidadán, das un paseo, sentas a tomar o sol, sacas fotos da paisaxe ou do que che interese, e marchas cando che peta. Pero o que non podes é chegar ao parque, merendar e deixalo todo feito unha merda co teu lixo ciscado, encender un pitillo e tirar a cabicha de calquera maneira e sen apagala, romper as pólas das árbores, emprendela a patadas co mobiliario urbano… porque daquela vaiche ir o guardia e vaite empapelar.
      Pois iso é este monte: un espazo aberto e público, pero onde o chan que pisas e o que hai nel, é de propiedade comunitaria. E os comuneiros, aplicando ademais unha lei que non está feita por eles senón que é xeral, opóñense a que nese espazo de monte (por onde non pasa pista nin camiño ningún que por lei vos permita circular) sigan rodando motos e quads indiscriminadamente.

  28. o que tiñades que facer e por un carteliño que vale dous duros, para que todo o mundo sexan motoristas ou non soubesen deste lugar ,e que nese lugar hay restos arqueoloxicos.
    se este lugar estibese ven señalizado, poño a man no lume de que o 95% da xente que fai offroad repetaria este entorno.
    e se algun dia tiveches algun encontronazo con alguen seguro que esa porsoa non non e amante do offroad nin dos montes .
    a xente que verdadeiramente lle gusta este deporte (por que si e un DEPORTE)
    moitos fins de semana sea coa moto polo monte non a destrozalos senon que van co sacho a reparar rejos producidos polas riadas das choivas e non so polas rodas das motos e,e tamen van con fouciños e serras a limpar malezas e arbores caidos no medio dos sendeiros.

    Eu estou seguro de que se vostedes tiveran señalizado devidamente o lugar, a dia de hoxe non haberia pasado o que pasou .

    un saludo

    PD : eu penso que se en vez de chamar a seprona se ouvera falado antes ,e esposto a xente ,o proxecto que tendes en mente de mellorar as condicios do monte pituco estou seguro de que esta xente vos axudaria gustosamente,
    xa que son amantes do monte en xeral

    • Sobre este tema xa contestei antes a outra persoa: non podemos señalizar pola nosa conta, tanto se o cartel custa 2 éuros, como 200… Ten que haber supervisión da Dirección Xeral de Patrimonio, permiso da Comunidade de Montes e un proxecto de intervención. É un rollo de burocracia pero as cousas, ou se fan ben ou non se fan. A comisión do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños está elaborando un proxecto global de catalogación dos bens arqueolóxicos, etnográficos e naturais, que inclúe a realización dun documental con todo este material.
      E con sinal ou sen sinal, nós o que pedimos, por favor, é que se respecte a lei. E que os pilotos offroad non circuledes por este espazo de monte comunal por onde non está permitido rodar, simplemente porque por aí non pasa ningún camiño nin pista autorizada para o tránsito de vehículos. Simplemente porque a Comunidade de montes non ten autorizada esa práctica, e non ten por que correr ningún risco en caso dun accidente. E con ese sinxelo argumento falamos con moitos, pero que moitos pilotos, uns máis educados, outros máis alterados, e outros cos que definitivamente, non había forma humana de falar. E a billa vai pingando, pingando, ata que o vaso rebosa.
      Parécenos moi ben todo o que dis sobre as boas intencións dos que practican este deporte con sentidiño e respecto tanto polos demais usuarios do monte, os que imos a pé, como polo lugar polo que circulan. Pero se lle botas unha ollada a unha boa parte dos comentarios dos teus compañeiros, que atopas? “Deixádenos en paz”, “ide limpar o lixo”, “onde estabades cando…” e expresións malsonantes que non veñen a conto. Así que, síntoo moito, pero ese 5% polo que non pos a man no lume ten máis forza da que cres e déixavos en mal lugar aos que ides de legais.
      E ante ese tipo de actitudes, como o diálogo é inútil, e non podemos distinguir a simple vista entre pilotos túzaros e pilotos civilizados, pois non nos queda outra recorrer ao Seprona para que impoña o cumprimento da lei. Nós, de todo modos, estamos a pé de monte para informar a quen queira escoitar con receptividade e amplitude de miras.
      Grazas pola túa intervención, e un saúdo.

    • Ola!
      Este fin de semana falei co vicepresidente da comunidade de Montes de Lourizán (porque os límites entre as dúas comunidades de montes aínda non están aclarados, e no caso menos favorable a Lourizán, aínda tería unha parte do circuíto ilegal) e díxome que xa puxeron fai un par de anos, sete carteis en todo o monte, pero os que estaban próximos ó Pornedo foron arrancados.
      Falamos de que se poderían volver a poñelos pero de nada vale se os volven arrancar.
      Quedei con el en colocar un cartel nesa zona nas próximas semanas.
      O problema é se o arrancan.

      O dos carteis pode convertirse nun círculo vicioso: é un pouco frustrante que se coloquen, os arranquen, e logo se diga que se se colocaran carteis, se solucionaría o problema, e os enduros respectarían a zona.
      Con que haxa un deses “cafres” que dicides que abundan no voso gremio que se adique a arrancalos podemos estar así sine die.
      Saúdos.

      • Eu tamén falei co vicepresidente da Comunidade de Montes de San Xulián e quedou en plantexar a situación na xuntanxa que terá a xunta rectora mañá, martes, ou pasado, mércores. Non descartou a idea da sinalización, sendo conscientes de que, quen queira seguir rodando e non lle conveña o atranco do cartel, pódeo arrincar e acceder ao Alto do Pornedo coma se nada. De todos modos, este directivo foi tallante en canto a que o caso está denunciado no Seprona (mesmo citou o xulgado, extremo no que nós non temos nada que ver, que quede claro), e remitido ás consellerías de Medio Rural como de Medio Ambiente para que tomen as medidas oportunas. Neste sentido, rexeitou calquera intención pola súa parte de “enfrentarse” cos pilotos, dixo el, non en sentido físico, senón verbal, argumentando que hai tempo tivera problemas con algún deles, en alusión a certo amago de agresión polo que deu a entender (que ninguén o tome a mal, pero foi o que dixo).

  29. Pois eu agradezoche que me indiques a ubicación do petroglifo… pero como che dixen anteriormente NO MONTE PODEMOS CONVIVIR TODOS…

    Estiven repasando a paxina que me indicastes e vexo os proxectos, o seguinte paso vai ser sinalizar roteiros senderistas…

    o que vai supor que vas descubrir camiños moi chulos abertos e/ou conservados polos distintos usuarios do monte motorizados, (esa xente que da “noxo”, moitas veces carganse de fouces e serras e van limpar os sendeiros e camiños olvidados…) así que antes de apropiarvos tan gustosamente, pensadeo ben…

    porque se te paras a pensar daraste conta que todo eso está así porque somos nos quenes facemos que estén limpos… o día que nolo prohibades e poñades o carteliño os pasos esos non permanecerán máis de 2 anos abertos… porque a xente que vai a pé vai só 3 meses o ano… nos imos todo o ano, menos os 3 meses do verán… despois non nos digades que podemos volver a pasar…

    eu sei do que falo…

    Non sei se é a primeira vez que te metes nun proxeto desta índole pero esto fíxose en moitos montes galegos, e unha cousa non ten porque sacar a outra… como che dixen e repito a Serra do Barbanza, ten moito patrimonio rupestre e arqueolóxico, alí conviven motos, quads, 4×4, cazadores, explotación forestal e gandeira, sendeirismo…

    Non sei a que ben tanta protección e restricción, o que as motos roden na crono non vai a facer que os petroglifos desaparezcan… se fuches algunha vez a “casota do páramo” verás que está xusto o lado dunha carretera e o outro lado 3 ou 4 mámoas e todo o redor plagado de patrimonio… o maior enimigo desto non foron as motos… foron persoas de a pé. Hai como en tódolos colectivos xente que aprecia esto e a outra resbálalle e non por iso se vai a prohibir que a xente deixe de ir…

    Cando vai o monte hei de respetar como ata agora das riquezas que me da, pero así como eu respeto espero que o resto de usuarios me respeten a min cando vaia rodar a crono e procurarei deixar os 200m.

    • …Vaia coa que dicía que eu me enrollaba. Para persiana, persiana e media…
      Dito con todo o agarimo do mundo: estaste trabucando. Queres que che diga onde están os gravados rupestres? Ídelos romper? Porque comprenderás que despois de todo o que levo lido e contestado, de “confianza” en vós andamos moi xustiños.
      Eu non sei se ves moito por este monte, ou se algunha vez viñeches. Probablemente non. Porque os camiños polos que andamos non teñen marcas de rodas. As únicas marcas de rodas que se atopan son nas pistas, que para eso están, para transitar por elas con motos, con tractores, con quads, con camións, ou a pé. As únicas rodadas que atopamos, e ademais imprimíndolle un impacto moi agresivo ao espazo, son as do Alto do Pornedo. E de aí é de onde pretendemos que se erradique a práctica motorística. Pero non só nós sós, senón todos os comuneiros.
      Ata agora gozastes dunha permisividade inexplicable e inxustificable pola parte que lle toca á comunidade de montes, que debe estar a outras “cousas” menos ao que ten que estar. Por iso un grupo de veciños vén tomando a iniciativa, simplemente para que se cumpra a lei. Que vos sentides perxudicados? Normal! Ata agora faciades coma se o Alto do Pornedo fora o patio do voso barrio, pero resulta que ese espazo ten dono, comprendes? Prescindir de rodar no Alto do Pornedo non vos quita de facelo noutro lugar onde non haxa ningún inconvinte por parte dos comuneiros, sempre que á Xunta lle pareza ben. Pero claro, hai que buscar o sitio, negociar, oi, moito engorro, moito rollo… co ben que estabades aí… e véñenvos “dar polo c*”, como alguén se atreveu a dicir e a pedir que “vos deixaramos en paz” dunha vez porque se non…
      E nestas estamos, amiga miña. O Alto do Pornedo forma unha unidade territorial, na ladeira do monte, xa non sei a quen llo dixen tamén. O que non pode ser é poñerse a medir 200 metros p’acá e p’alá en función da ubicación duns petroglifos. Porque entre outras cousas, o espazo libre que vos quedaría sería unha miseria. E por riba, insisto, por aí non pasa ningún camiño nin pista que vos lexitime para rodar nese lugar. É que só me falta escribirlo en chinés mandarín, para que me comprendades dunha santa vez.
      E non lles quito o mérito aos motoristas sensibles que reparan camiños. Ora ben, unha cousa é que o fagan por altruismo, ecoloxismo ou conciencia ambiental, e outra por necesidades de mantemento porque, se non o fan, evidentemente, o sitio para rodar quédalles impracticable.
      No Alto do Pornedo non vin nunca a ningún piloto desbrozadora en ristre, entre outras cousas porque alí solo medra fento, e unhas árbores novas que quedaron vivas de milagre da última repoboación e que moitos de vós vos negades a admitir que existen, porque non se ven nas fotos. Non se ven porque son pequenas e no inverno os tallos están pelados.
      E xa para ir rematando, a restricción e a protección son unha cuestión legal, por unha banda, e unha cuestión de propiedade comunal do monte. O monte é un espacio aberto ao público, pero a propiedade é comunal dos veciños da zona, que así como permiten que vaian cazadores, ou sendeiristas ou mesmo motoristas (polas pistas), NON queren que se siga utilizando “ese” espacio de monte para “esa” práctica deportiva. Outro lugar haberá que buscar para favorecer a convivencia cordial entre usuarios a pé e usuarios sobre rodas. Se no Barbanza todo esto está regulado, fantástico. Aquí, polas razóns que xa deixei entrever, o monte está en cueiros, e do que se trata é de empezar a poñer as cousas en orde. Vós sodes uns usuarios, pero a propiedade é dos comuneiros, e non queda outra que respectar a súa vontade. É como se vés á miña casa: podes estar no salón, na cociña, no cuarto de baño, no xardín, no faiado, pero non na miña habitación, pola razón que sexa, que neste caso xa está sobradamente explicada, argumentada, trillada, sobada…
      E xa toca ir parando de tanto teclear, non? Mirade, por enésima vez, quen queira coñecernos, falar tranquilamente, expoñer ideas, mesmo discutir amigablemente, que contacte por correo electrónico, e xa arranxaremos. De verdade. Isto ten solución, entre persoas razoables. Saúdos.

      • Si xa toca ir rematando… non teñas medo, creo que xa explicamos claramente que NON SOMOS UNS DELINCUENTES… non teñas medo polo petroglifo…temos cousas máis interesantes que facer que ir por ahí fastiando a xente e o patrimonio.

        E si ando por ese monte máis do que te poidas imaxinar, e por moitos máis… a cuestión é que ti tamén te equivocas, se algún día comezamos a andar foi con permiso, a lástima foi que non nolo desen por escrito…

        Un saúdo dunha moto-cafre e vémonos por algún monte de Galicia.

      • …Erre que erre. En ningures se dixo que forades delincuentes, só que unha parte -máis da desexada- dos motoristas que atopamos fixeron caso omiso, ou mesmo actuaron con prepotencia e certa agresividade ao pedirlles que non seguiran a rodar polo Alto do Pornedo. Que alguén da comunidade de montes vos dera, supostamente, permiso para circular por aí, sería de forma fraudulenta, porque para autorizar semellante uso do monte: primeiro, hai que convocar unha asemblea de comuneiros para tratar o asunto, e segundo, contar coa autorización da Xunta. Porque precisamente, insisto por enésima vez, en decembro de 2009 os comuneiros queixáronse en asemblea de como está de degradado ese espazo. E de feito, un grupo de motoristas da zona, sabendo que aí está prohibido transitar, pediron que se lles cedera unha parcela. A cesión desa parcela, por certo, está en stand-by porque os interesados teñen que presentar un proxecto na Xunta para obter autorización. E mentres, é o que hai.
        E si, probablemente nos vexamos neste monte. Só espero que cando che pidamos, por favor, que respectes o Alto do Pornedo, sexas razoable, dialogues e comprendas, sobre o terreo, o noso punto de vista. Nós, sen coñecerte de nada, comprendemos o teu, pero non o compartimos nin podemos ceder porque nos parece incompatible o uso das motos e dos quads neste contorno. Así de simple, e así de complexo.

  30. muy buenas.

    he leido este blog hasta la mitad, mas o menos, y la conclusion qq me llevo es la de siempre, todos tenemos parte de razon.

    Teneis razon en proteger la arqueologia, el uso adecuado del monte….., pero lo q veo es que si esta persona (Javier) aparca al dado del petroglifo sera porque no esta protegido (con vallado, señalizacion….) realmente tiene la culpa de hacerlo???, yo he estado en esa zona y no tenia ni idea de la existenciaa de ese arte rupestre, en este caso de quien es la culpa??? porque si yo no puedo pisarlo, porque si puede una vaca o caballo…. la degradacion es la misma, …..

    La existencia del circuito, esta claro q es ilegal, porque se usa?? por lo de siempre todos rompemos las leyes (quien cumple todas las normas de trafico, stops, limites….??), cuando consideramos que no hacemos daño o mal nos creemos con “legitimacion” para saltaros las leyes. Cuando recorres los montes y ves su estado (sobre todo en talas, incendios….) y ves el destrozo de parajes consideras que el daño que hace con una moto es infimo y regenerable y si ves q hay algo en uso pues lo mantienes en vez de dañar otro lugar (como sucede en eeste circuito)

    El incivismo en los colectivos es habitual, los ciclistas bajan los montes mas rapido que las motos y no por ello se consideran peligrosas (q no estoy diciendo que lo sean). Si bien el colectivo motero se siente perseguido por leyes generalistas y reestrictivas q solo buscan la desaparicion del mismo cuando para nosotros supone un modo de relajarse, relacionarse, cargar las pilas en esta vida “puñetera” como para el ecologista sentarse al lado de un arroyo y escuchar el borboteo del agua. Lo q explica para mi los comentarios de muchos de los presentes e incluso de alguno de los pilotos q habreis parado.

    Lo mas importante es aprender a convivir, y respetar la situaciones de los demas, cuando se dice que los moteros aman los montes no es lo mismo que un ecologista ame la naturaleza, los moteros quieren conservar el medio porque es su medio y si lo destrozan se les acaba y para un ecologista es incompatible el termino conservar la naturaleza q presupone el motero. Por ejemplo, mi mujer es animalista, pero no entiende q se le compre un conjunto de ropa a un pero para que salga mono a la calle,

    como conclusion diria q teneis razon en proteger pero tambien tolerar porque habra vecinos vuestros q tb sean endureros y porque le debeis prohibir el disfrute del monte que, dado el caso, tb es de ellos. Deberia vallarse y protegerse y señalizarse las zonas q se desean conservar y permitir zonas para los demas usos, ya sea para explotacion forestal, para descensos de BBT y tb para nosotros siempre bajo el respeto por los demas ( ya sea por ruido, velocidad,… educacion social)

    • Para empezar, agradezo que te tomaras a “molestia” de ler o artigo e boa parte das intervencións posteriores (moito me temo que seguirá o chorreo de comentarios, por máis que xa esté todo dito). Tamén che agradezo o ton da túa mensaxe (ogallá os demais tamén foran, dentro das súas lexítimas discrepancias, tan tolerantes e razoables). Polo demais, o teu punto de vista é comprensible e mesmo compartido nalgúns aspectos, como nos que se refiren á convivencia e ao respecto mutuo.
      Pero comprenderás que opinemos e actuemos por coherencia e principios cando argumentamos que, á vista das cualidades que reúne o Alto do Pornedo, nos opoñamos a que se continúen realizando prácticas deportivas. Para nós, é incompatible a presenza de motos e quads “labrando” o terreo, coa existencia de elementos arqueolóxicos catalogados e protexidos, e coa necesidade de favorecer a repoboación forestal desa ladeira. E porque, por riba, se trata dun terreo de propiedade comunal, onde os seus donos lexítimos rexeitan o uso que estades facendo del, pola vosa conta e risco, aproveitando que a directiva da comunidade de montes pasa de todo e se comporta cunha “aparente” indiferenza.
      …Aparente porque, para a vosa información, acoden tanto ou máis que nós á Garda Civil para queixarse e pedir unha maior vixiancia do Seprona na zona. Mentres que nós damos a cara, estamos no monte todo o que podemos, e intentamos mediar con todos os motoristas e pilotos cos que atopamos (ata o episodio referido no blog, que xa foi un pouco o culmen do fartazgo pola nosa parte), mentres que eles están comodamente co cóbado aparcado na barra da taberna.
      Para nós, a solución pasa porque negociedes un espazo expresamente habilitado para as vosas rodaxes. Non é de recibo dividir o Alto do Pornedo coma faría Salomón, posto que se trata dunha unidade territorial completa. Alguén apuntaba por aí que “sobra monte”. Tampouco estamos de acordo. Do que se trata é de atopar o espazo apropiado, sexa no ámbito desta comunidade ou doutra. O que non se pode é seguir á gresca porque si: por un lado, cos veciños e comuneiros demandando que se erradique o uso deportivo dese espazo, e por outro cos pilotos apelando a “facer a vista gorda” e actuando como se a propiedade fora vosa.
      Ninguén vos prohibe, insisto, disfrutar do monte, pero a pé onde teña que ser a pé, e sobre rodas onde poida ser sobre rodas. Na ordenación do territorio, en teoría, xa a comunidade de montes fará o que corresponda: sinalizar (vallar é moi drástico), rexenerar e contribuir a buscar posibles alternativas. Ou así llo terán que esixir os propios comuneiros se fan omisión das súas funcións. En calquera caso, nós mantemos o noso posicionamento, estamos abertos a achegar ideas e intercambiar opinións con representantes vosos, se os hai, pero apelando á vosa flexibilidade e á vosa boa vontade.
      Saúdos.

  31. A ver, tu dices que el monte es comunal…es decir, está controlado y explotado por al comunidad de montes de Xan Xulian….¿eres de la comunidad de montes?, porque cuando fuimos a hablar con ellos hace un año y medio….no estabais allí, y ellos no nos pusieron pegas por andar con las motos por sus montes, es más, nos dijeron que era bueno que anduviesemos de vez en cuando por sus montes que así evitabamos que hubiese cazadores furtivos, que en el monte habia sitio para todos.
    Llevo usando ese monte más de 30 años y nunca hubo problemas, esa “crono” lleva ahí más de 10…..¿donde estabais entonces?¿porque protestais vosotros cuando la casa más cercana está bastante lejos?¿por que protestais vosotros si no sois de la comunidad de montes?¿por que no protestais de que la autovia pase cerca de vuestras casas?

    • …Dígoche o mesmo que a outra persoa que tamén quixo entrar por aí, que xa tiñades permiso, e blablabla. Ningún directivo da comunidade de montes (outra cousa é que falarades cun impostor) vos puido dar permiso para facer un uso do monte que non fora aprobado pola asemblea de comuneiros. E na última asemblea, lémbroo perfectamente e ten que estar recollido na acta, os comuneiros protestaron polo galopante estado de deterioro que presenta o Alto do Pornedo. Que hai un proxecto para cedervos unha parcela? Certo, a petición dun grupo de afeccionados que se dirixiron á xunta rectora para poder rodar legalmente sen incordiar a nada nin a ninguén. E para que ese proxecto de parcela (que estaría situada na parte alta de Macenlle, polo que onte mesmo me dixo o vicepresidente da comunidade) prospere, hai que elaborar un proxecto detallado e presentalo na Xunta, que é onde corresponde que dean a autorización definitiva.
      …E non hai máis que falar. As túas preguntas están completamente fóra de lugar porque non teñen nada que ver con este tema, por máis que intentes desacreditarnos. Somos veciños de San Xulián e por cada casa nosa hai un comuneiro, así que a representatividade témola máis que asegurada. E non se trata de estar máis lonxe ou máis preto da zona, nin das molestias que produzan o ruido dos motores, que xa case é o de menos, senón de rexenerar unha zona de monte que leva, efectivamente, moitos anos sufrindo unha agresión innecesaria, habendo outros espazos acordes para a vosa actividade. Deixa de desviar a atención coa autovía, que xa bastante mal feita está, e xa bastante caciqueo se trouxeron as obras. E deixa de atacarnos con argumentos retorcidos e interesados.

  32. Levo horas lendo este blog. Despois de lelo e ver os comentarios das fotos do facebook, e despois de falar contigo un día teño unha pequena opinion persoal sobre todo isto…
    Un día, uns amigos mais eu iámos polo monte e chegamos a ese “circuito” donde sí, xa habia estado antes, e puxémonos a dar unha volta cando nos percatamos de que había unha persoa ali que nos fixo xestos de que parásemos e así o fixemos.
    Falounos: “Hola, mirade, XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX aqui non se pode andar nas motos porque e un espazo protexido… (anda, esta ben sabelo porque ninguen o sabia) e aparte os das motos andan deixando merda, rodas e incluso queimaron este coche aqui, que xa está denunciado… (¿Acabanos de acusar “os das motos” de queimar ese coche?)
    Como o tono da conversa era amigable pero as palabras que se decían non o eran tanto, e tras insistir que se pusese algun aviso porque ninguen sabía que non se podía rodar ali, marchamos pois o que precisamente non queremos son problemas, e dende aquel día non volvin por ali.
    Reafirmome (eu e meus compañeiros que escoitaron o mesmo ca min) en que relacionache a queima do coche co colectivo motorista, quizáis foi un erro de comunicación pola tua parte, XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX Por outra parte non nos queiras engañar, pois tamen relacionache nos pes das fotos as rodas de coche, latas de aceite e todo tipo de lixo cos motoristas ¿Ou tamen vas decir que minto?
    Penso que mantés esta cruzada tanto por motivos ecolóxicos XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX
    O movimento demostrase andando e eu non volvin por ali, pero ti pos fotos facendo acusacións agresivas e falsas contra un colectivo e non medias palabra antes de avisar o seprona… penso que quen actúa a mala fé eres tí, e despois de isto teño a impresión de que aquel día se foramos nos os que estivesemos ali e chegases ti farías o mesmo, chamar o seprona para ver se nos “crujian”…

    PD: seguimos esperando a sinalización que dixeches que se ía poñer

    • …O que levas é horas lendo o que che interesa e como che interesa; interpretando artigos e comentarios á túa comenencia co único obxectivo de manipular, terxiversar, malmeter e confundir deliberadamente; e facéndome perder o tempo a min, de paso. Lémbrome perfectamente de cando te atopei no monte: un día de cans, con néboa, vento, frío e chuvia. Bo esforzo fixen -empapada e aterecida como estaba- parando a razoar con vós, para o pago que me vés de facer. O único que comparto das túas palabras é que foi (aparentemente o fora) unha conversa “amigable”. Pero polo visto viráronche as tornas e agora amósaste como o que es, un falso.
      Porque é moi “valente” pola túa parte vir a esta páxina, alentado polos comentarios “en masa” doutros compañeiros teus, para dar a túa versión particular do noso encontro, que non deixa de ser a túa palabra (a vosa, posto que ías acompañado) contra a miña (que estaba completamente soa). Pero nesta páxina mando eu, que xa na vosa mandades vós e ben pingando que me estaredes poñendo; mais tanto me ten, porque non me penso rexistrar para ler trapalladas e calumnias. Así que, para empezar, vou aclararlles a todos os lectores deste texto que, grazas ao teu marabilloso comentario, amplíanse as restriccións: porque non só non vou tolerar expresións ofensivas, como lle dixen con anterioridade a algún outro, senón que tamén vou restrinxir as alusións personais e as mentiras.
      Porque é mentira, reitero, que se vos acusara de calcinar o coche que apareceu abandoado no Alto do Pornedo; se a conta diso che dá por montar un drama teatreiro e adoptar un rol victimista, é problema teu. A proba é que dende o primeiro momento de saberse en novembro da existencia dese coche, inmediatamente se deu conta no blog de todos os datos sobre as circunstancias que rodearon o roubo e a queima posterior, así como a retirada dos restos polo seu propietario. Ti e os teus amigos aparecestes en decembro e o único que se vos dixo daquela foi que, ademais do problema que para nós supón o tránsito de motos e quads pola zona, había “xente, en xeral”, que se viña ao Alto do Pornedo para facer o que lle petaba: botellón, armar fogueiras, emporcallar todo, crebar árbores…
      Queres que che fale de lixo? Non vou caer na túa provocación de culpar a ningún motorista da presenza de botellas de alcohol barato, nin de vasos de tubo de plástico, nin de bolsas de larpeiradas. Pero pódesme explicar a procedencia de envases baleiros de líquido de freos? de neumáticos? de botes de bebida isotónica? de toalliñas, que non sei para que raios serven, pero que igual se usan para limpar das mans a graxa dos motores? Ou vasme dicir que os sendeiristas beben sustancias de marca Repsol, ou que acaso as usan paran enceitar os xeonllos, por exemplo? Por suposto, todo ese lixo menudo xa non está porque o limpou a menda lerenda e o depositou nun contenedor (amarelo), non sen antes sacarlle a fotiño oportuna.
      En canto ás alusións de tipo persoal que fas na túa mensaxe, están totalmente fóra de lugar e non veñen a conto, por iso non chas permito. Porque eu tiven unha conversa “contigo” e cos teus compañeiros. E se vos dixen cal é a miña profesión -tanto dá se antes, durante ou despois- foi para que souberades que fago este blog, aplicando criterios profesionais, con toda a convicción e o compromiso ¿persoal? por suposto! porque vivo aquí e dóeme de veras o dano que se lle leva facendo de forma sistemática ao Alto do Pornedo. É como se che digo que son arqueóloga, ou avogada, (que non é o caso) para que teñas a certeza de que os argumentos patrimoniais ou legais que manexo para defender esta causa, non os saco da manga por capricho; nin son unha paisana calquera que pasa por aí de chiripa, e á que lle poidas dicir amén coma aos tolos, cando che pide educadamente, por favor, que non vaiades rodar máis a ese lugar.
      Polo c*… sabendo como sabías -despois do noso encontro- que non estaba permitido circular por este espazo, e que os veciños queriamos recuperar a zona, fixeches algo por poñer un aviso a navegantes no teu foro. Moi ao contrario, calaches a boquiña, non informaches a ninguén e consentiches que outros pringaran, en vez de contribuir a dar a coñecer a situación. Así que es ti quen ten máis que calar, e vergoña che debería dar a túa actitude hacia os teus propios compañeiros, vindo, como viñas, de volta e media.

      PD: a sinalización porase cando se teña que poñer, se así o considera quen o ten que considerar, e mentres tanto, o feito de non habela, non te exime de acatar a prohibición.

      • Haber se o entendes deste xeito, no noso espacio virtual hai máis de 1500 endureros registrados só de Galicia… eso non significa que só haxa 1500 persoas que practiquen enduro en Galicia, SON SOLO OS QUE ESTÁN REXISTRADOS…

        Ainda que agora moita máis xente esté enterada, hai xente que entra de pascuas en viernes e pode que non vexan o tema, o resto de usuarios que non están están rexistrados pode que nunca cheguen a saber que non está permitido rodar… esto só da parte que toca o enduro… o resto motocross e quads son aparte…

        Como tes pensado avisar a todo o mundo? Saberás que as motos de enduro se desplazan en carros e tanto hoxe estamos en Pontevedra como mañan en Ourense…

        TANTO TRABALLO CHE COSTA POÑER UN CARTEL?, ou é que non tes o suficiente poder para facer iso? Enton deixa gobernar a quen lle corresponde.

      • …Un aplauso polo comentario número 100!!! Yupiiii…

        PD: A ver (escríbese así), por min como se o cartel custa 20 ou 200. Queres que os pague eu? Que me pasen a factura, que tamén a enmarco. Te cres que non teño outra cousa que facer que ser a “anfitriona” dos vosos comentarios, e maiormente dos teus? Se a comunidade de montes fixera o seu traballo a zona, no mellor dos casos, levaría sinalizada moito tempo e non estaríamos a marearnos mutuamente. Que te cres que lle levamos pedindo? Que resolvan o problema. E sabes que contestan? Encóllense de ombros, din que non van ir durmir nun colchón ao monte para vixialo, que nin moito menos se van “enfrontar” a vós, e a única solución que dan é o recurso ao Seprona. Se a iso lle chamades gobernar…

  33. Hola

    Vou expoñer unhas ideas a ver que vos parecen, a min parencenme a via para a solucion desta e futuras incidencias entre os membros da asociacion, comunidad de montes e usuarios de motos offroad:

    Para empezar “o feito, feito está”, o sea que o que habría que facer e un punto de partida para abrir un dialogo entre asociacion, comunidad e usuarios de moto. Para que entre todos se poida chegar a un acordo de: POR ONDE PODER ANDAR E POR ONDE NON, QUE PODER FACER CAS MOTOS PARA PODER AXUDAR A COMUNIDADE DE MONTES EN CERTAS TAREAS, ETC.

    Son unha “persona” que pensa que FALANDO ENTENDESE A XENTE. Entonces creo que podríades entre todos(asociacion, comunidad e usuarios) intentar organizar unha reunion para aportar cada un os vosos puntos de vista(eu penso que esta e a unica via para poder chegar a un acordo e evitar futuras incidencias entre uns e outros).

    Si algún dia chegades a facer a reunion, intentade empatizar cas outras partes reunidas.

    Empatizar significa: Poñerte no lugar de outra persoa, e intentar comprender o porqué se pode sentir ofendido por algunhas situacións, ou o porque lle gustan alguns deportes que practican, ou o porque lles pode parecer mal que se estea cunha moto en certo lugar, etc.

    Tamen ter en conta de que non todolos usuarios de motos offroad son iguales, o sea que non lle fagades pagar a uns o mal de outros.

    INTENTALO NON COSTA NADA, PENSADE QUE E POLO BEN DE TODOS

    • Dende o principio, nós quixemos resolvelo falando cos directamente afectados, individualmente, a pé de monte, nuns casos con máis fortuna que outros. O recurso ao Seprona xa foi o último cravo ao que agarrarse, visto que nos podiamos pasar así toda a vida, facendo o primo, e sen sequera reducir a afluencia de pilotos á zona. Pola túa mensaxe das a entender que nos falta capacidade de diálogo, e ao contrario: en varios comentarios que fixemos neste artigo, respondendo a outras tantas intervencións, tendemos a man amigablemente para reunirnos con algún voceiro do colectivo, se é que o estades organizados como tal. Preguntamos se alguén interesado, a título particular ou asociativo, quería contactar con nós por correo electrónico. E nin por estas, nin pío. E iso que (modestamente) nos consideramos máis dialogantes que a directiva da comunidade, que non só non pisa o monte os fins de semana para evitar coincidir con vós, senón que actúa polas costas, sen dar a cara. O único que fixeron hai xa máis dun ano foi “negociar” cun grupo de rapaces que pedía un espazo para rodar, e aí quedou a cousa, pendente da elaboración dun proxecto; pero polo que percibín onte falando cun dos responsables, non se lles ve moi pendentes de procurar que a cousa prospere, de interesarse ante a Xunta pola evolución do asunto, nin moito menos por estar en contacto co voso sector.
      …Nós facemos por poñernos no voso lugar, por máis que nos acusedes do contrario. Pero a empatía ten que ser mutua, tamén pola vosa parte. Porque non nos cansamos de repetir que o monte é para todos, que non nos opoñemos a que veñades rodar, facer crono ou calceta, pero “non aquí”, preto dos gravados rupestres, polo medio das árbores novas, ou dos cabalos, se están na zona. O feito de levar tempo facendo esta actividade coa flagrante connivencia da comunidade de montes facendo caso omiso ás críticas dos comuneiros polo estado do Alto do Pornedo, nos vos dá dereito a actuar agora como se este espazo fora da vosa propiedade e puiderades dispoñer del cando e como quixerades. Por tanto, coincidimos contigo (louvado sexa estar por fin de acordo nalgo cun de vós!) en que o máis práctico para todos é regular o uso do monte. E aquí paz e despois gloria.
      Grazas pola visita e polo ton cordial do teu comentario.

      • É compricado, amiga “MontePituco”… é un pouco coma tentar buscar un representante dos “ciclistas”, ou mesmo dos “peóns”, ou un representante dos “pelegríns”…

        Tí poderaste sentar a falar (maiormente cunha cervexa diante 😉 ) cún representante dunha asociación concreta de motoristas, ou dún motoclub… pero él xamáis vai poder representar a todo un colectivo. Entre outras cousas, porque non todos estamos asociados, hai multitude de asociacións, etc.

        O que penso que sí che interesa (poñéndome na túa pel) é buscar ós motoclubes, ou asociacións da túa zoa (eu niso, síntoo, non che podo axudar) e falar con eles, a troques de axudarlles coa comunidade de montes a ter un sitio onde disfrutar das motos, eles faríanse responsables de colaborar en vixiar que esa zoa que queredes manter sen motos queda así, so pena de perder o “privilexio” da zoa reservada.

        Sei que non che há soar moi bonito… pero ben, tí xa sabes cóma está o mundo, é todo un troco contínuo de intereses ¿non sí?

        Dende logo, se no meu pobo fixéramos así, eu ía ser o primeiro que, en canto escoitase un tubo de escape na zona “intocable”, ía ir correndo a cantarlle as 40 ó cantante de turno. 😀

        ¿Non te parece un bó xeito?

        Todos saen gañando: os motoristas temos unha zoa de “libre uso” (por suposto, dentro duns límites, peso diso non te preocupes que xa os sabemos nós), a asociación, que non vai estar soa na defensa da protección da zona protexida, e a comunidade de montes, porque ninguén (nin vós nin nós) vaille tocá-los ….óns con cousas que non lle dan €€€ se non quebradeiros de cachola.

        😀

      • Agradecemos o apelativo amistoso, pero ata hai ben pouco eramos/somos os malos da película.
        Por suposto, a representatividade é un tema complexo porque nun colectivo hai afeccionados, asociados ou non, hai outsiders que van á súa bola… e están tamén os túzaros, aos que supoño que non queredes representar. Pero é evidente que estades organizados, ou cando menos, conectados. A min, particularmente, tanto me ten a fórmula, nin me corresponde tomar esa decisión. O único “mérito” (por chamarlle dalgún xeito, maldita ou bendita sexa a hora, segundo como se mire) que nos cabe, é o de abrir o melón, destapar a caixa de Pandora. Pola parte que nos toca, e por coherencia, despois dos ríos de tinta virtual que se levan verquido aquí, queremos o Alto do Pornedo “ceibe” de motores, tubos de escape libre, cronos, carreiras, derrapes… O que me parece alucinante (será que aínda non conseguín comprendervos de todo) é que a comunidade de montes, por narices, teña que ceder, do seu propio terreo, unha parcela “a cambio de” que se erradique a práctica motorística do Alto do Pornedo, como se os comuneiros foran reféns vosos. Isto é como o do can de raza chunga, que che trinca o brazo, e non cho solta a menos que lle ofrezas un chuletón.
        Pero bueno, que por parte da comunidade xa había certa vontade, non sei ata que punto firme ou non, de propoñer un espazo alternativo nun lugar neutral, a petición dun grupo de pilotos da zona. E oes, como en contra dos motoristas offroad non temos nada, salvo daqueles que circulan por onde non deben… Como se soe dicir, que todo sexa por ben. Amén.

    • Hola Rauliño, o dialogo é a mellor saida pero para dialogar hai que ter con quen… eu non fun a crono este finde, pero dudo da existencia dun cartel que se ven raclamando… porque agora nos sabemolo, pero a señora esta cree que xa o saben todos moto-cafres así que a sua idea e Seprona, Seprona e máis Seprona…

      a esta muller non lle importa pisar a quen sexa con tal de conseguir o que se propon, NON lle IMPORTA que a persona que denuncie teña fillos, familia ou ten sequera traballo…

      e peor de todo e que hasta lle molesta que se plantexe a idea de ir falar con quen realmente hai que falar, porque sinceramente por moita asociación que teñades a solución solo ten un camiño é quen temos que por unha solucion é a COMUNIDADE DE MONTES e os moto-cafres (off-road).

      • …Pois non, aínda non hai cartel. As cousas “de palacio van despacio” nesta comunidade de montes. Por suposto, a falta doutros argumentos de máis peso, utilizarás esa excusa tan pobre para seguir machacando e atacando aos promotores desta páxina e aos colectivos a prol da Defensa do Pituco e do Espazo Sete Camiños. Ti mesma. Cada tolo co seu tema: díxenche, e vólvoche repetir as veces que faga falta, que a idea de “Seprona, Seprona e máis Seprona”, non é nosa, senón da xunta rectora da comunidade de montes (repasa as mensaxes anteriores e non fagas remendos extraños). E por suposto, os que teñen que tomar cartas no asunto xa son os seus directivos, que nós xa bastante levamos aturando sen ten por que, só polo feito de facer unha reivindicación absolutamente lexítima que, ademais, é compartida por eles mesmos, coa diferenza (por enésima vez o digo) de que nós damos a cara e eles non.
        …E vai falar de “pisar” a persoa menos indicada que, erre que erre, persiste en seguir pilotando -e vanagloriándose deso- nun espazo onde non está autorizada esa actividade. Se agora para xustificar ese uso, e criticar que o Seprona faga o seu traballo, recorres a cuestións personais (os fillos, a familia, o traballo, as facturas…) xa é o colmo do victimismo.

  34. Xa estou aquí… si o dialogo é o mellor, e neso estamos, pero mellor falaremos con quen hai que falar, ca presidencia da comunidade de montes…non me arrisco a que Montepituco chame ós antidisturbios e logo colga unha foto no blog.

    Un saudo.

    • Dende logo, agardo que quen teña que falar coa comunidade de montes -que é a quen lle corresponde asumir esta responsabilidade en vez de ternos facéndolle o traballo suxo- teña menos soberbia e menos chulería. Polo pronto, a túa actitude é un desprezo rotundo e ben lamentable aos veciños e ás persoas que levamos dando a cara por este asunto que urxe solventar dunha vez. E ogallá a comunidade de montes obre como corresponde, porque non se lle vai esixir outra cousa que non sexa conforme ao cumprimento da lei. Polo demais, xa che dixen o que hai por parte dos directivos: Seprona, Seprona e máis Seprona. Denuncia, denuncia e máis denuncia. E de “enfrentarse” a vós, rien de rien.
      Saudiña.

  35. Amiga montepituco, ainda que recoñezo válido argumentos por ámbolos dous bandos, como pouco mereces a miña particular medalla a pacencia. Penso que xa as dito de mais en todo este asunto que se está a converter nun “dialogo de besugos” que torna en tomadura de pelo por parte da maioría dos que eiquí verteron algunha que outra soberbia tamén.
    Dillo quen gusta de percorrer o monte ao lombo do seu quad pero nin vou de off-road, endureiro, motero-cafre nin nada que se lle pareza, que nin pajolera do que é a prática en cuestión ainda que imaxino que a moitos evitalle horas de siquiatra pola descarga de adrenalina que derroxa.
    Eu ainda que non frecuento asiduamente a zoa, si que a visito de cando en vez porque únenme recordos e imaxes a o luar privilexiado que temos aí e que debemos conservar impoluto. Contas coa miña colaboración e respeto pola tua defensa. Moitas Gracias.

  36. Primeiro: que quede claro que só expresei a miña opinión, e nin insultei nin faltei o respeto.
    Segundo: o que acabas de facer chámase CENSURA (1).
    Terceiro: sigome reafirmando no dito, en TODO o dito ainda que o borres porque non che gusta.
    Cuarto: recordas ben, pero a túa actitude aquel día foi ben distinta dos comentarios das fotos do teu blog, e da actitude cun compañeiro endureiro. Aquel día eras una ecoloxista con boa educacion inda que cunhas ideas un tanto inculpatorias de mais, pero agora pareces a dona do monte poseedora da única razón verdade e solución.
    Quinto: si que no seu dia se avisou a xente que eu coñezo do noso encontro e do que ti expuseche, e que eu sepa ningun deles volveu por ali. Asique non te pases listiña, xa vexo que che gustan as acusacións gratuitas.
    E deixo de escribir mais porque creo que censurarían menos a Santiaco Carrillo na Cope que a min aqui…

    • (1) Insultas e faltas ao respecto aínda que non utilices palabras malsoantes porque fas alusións personais fóra de lugar. Por iso te CENSURO, porque non vés a esta páxina a opinar, como finxes, senón a manipular e a contar verdades a medias, que son peores que a censura mesma. Montas este número por simple revancha, para quedar coma un campión diante dos teus colegas. E decepcióname profundamente a túa actitude porque o tempo que pasei contigo argumentando e explicando, foi tempo perdido. Puideches colaborar e ter sido de moita axuda para atallar este conflicto, e non só non moveches unha palla (“a los hechos me remito”), senón que por riba preséntaste aquí de forma oportunista, cando contigo non pasou nada e, ao contrario, o trato foi do máis correcto por ámbalas partes. É o único que podo dicir no teu favor, a diferencia doutros motoristas cos que literalmente, me xoguei o tipo, e a eles están dedicados os artigos que leches e que tanto che “ofenden”. E non busques no meu ollo a viga que tes no teu, porque acusando gratuitamente tampouco te quedas curto. Podo con calquera, teño respostas para todos, amigables ou firmes, conciliadoras ou tallantes, cada unha no ton co que se dirixan previamente a min, respectando a quen respecta. Pero aturar a falsidade? Non grazas. Neste blog non es, para nada, benvido.

  37. no vos matar tanto no tema de protexer o monte pituco e de intentar andar coa moto nel por que co tempo os grabados e a crono van desaparecer

    POR QUE SI OU SI VAN FACER O POLIGONO INDUSTRIAL
    VIVA O PP

    • Mira, veciño, eres un pobre indocumentado, á parte dun maleducado e un soberbio. Para empezar, cando un vai á casa (este blog) dunha persoa descoñecida, compórtase con máis humildade e menos arrogancia. Impórtanos ben pouco a quen lle vaias votar nas próximas eleccións, si é que vas exercer ese dereito. Pero para que te enteres, máis que nada porque se nota á legua que non tes nin idea, a candidata do PP sabe perfectamente que este terreo é inviable para instalar un polígono industrial, tanto a nivel técnico como económico. E se xa hai dez anos o descartou a Autoridade Portuaria da que ela mesma foi presidenta, non ten sentido volver sobre o mesmo a estas alturas, sacando do caixón un proxecto que non se sostén de ningunha maneira. Por iso, para que te enteires un pouquiño (e se non pásate por sitio que se chama biblioteca e pregunta por unha sección que se chama hemeroteca), o teu PP que tanto vitoreas é partidario de estudar a instalación do polígono de marras noutra ubicación.
      Hala, rapás, tómate unha tila mentres sigo contestando os teus tristes comentarios.

  38. VIVA LA LIVERTAD DE ESPRESION que en este sitio la unica verdad que hay es la de la amiga monte pituco
    yo naci en marin y me crie en marin de arriba (xan xian) y sigo viviendo en marin
    osea me parece muy bien que quieras salvar un cacho de roca llena de musgo y cagadas de pajaros
    pero que prefieras antes ese cacho de piedra a que monten un poligono industrial el cual generaria muchos puestos de trabajo para el pueblo eso si que es de juzgado de guardia
    ojala que te balla bien como ecologista
    y si no deseas que el pueblo prospere ,perdona que te diga pero el pueblo de marin no te quiere .
    Y AHORA HAZ LO QUE TE VENGA EN GANA SI QUIERES CENSURAR ESTO CENSURALO Y SI NO TAMBIEN

    PD: de que asociacion de vecinos eres?
    di de una vez la verdad y di a la gente que es lo que realmente quieres .

    • De liberdade (con b) de expresión (con x) non tes nada que ensinarme. De ortografía, tampouco, dito sexa de paso.
      Ti e mais eu (por certo, son da asociación de veciños de San Xulián) temos un problema, veciño: OS TEUS COMENTARIOS NON APORTAN NADA, solo son ansias de protagonismo pola túa parte. Un humilde consello: teste que facer mirar ese problema teu de ansiedade, que é moi mala para a tensión arterial. Porque saturarme de comentarios o buzón, acusándome de censurarte e non sei cantas parvadas máis, polo mero feito de que non “publicarte”, é síntoma de que, por unha parte, tes moi pouca paciencia e, por outra, que te cres moi importante.
      Podemos ter opinións moi diferentes en materia política. Ti estás a favor do polígono (non o comparto, pero respéctoo) e eu NON polos motivos -MOITOS E BEN DOCUMENTADOS- que levo expoñendo dende hai tempo e que a ti “te traen al pairo” simplemente “porque si”, como se a túa palabra fora máis válida que a miña porque ti o digas.
      …Pero que te refiras a uns petroglifos catalogados e declarados Ben de Interese Cultural, como “un cacho de roca llena de musgo y cagadas de pájaros” di claramente que, a parte dun indocumentado, tamén es un ignorante. E se eu fora un dos pilotos que leva participado neste blog, agora mesmo che estaba cantando as corenta, porque “vale, ata certo punto”, que aparques a túa moto a carón da pedra se non sabes que nela hai uns gravados rupestres milenarios. Pero que, sabéndoo, teñas o “valor” de escribir semellante burrada, clama ao ceo. Iso si que é de xulgado de garda, e vergoña me dá que sexas veciño desta parroquia. Poderíache recomendar que leras libros, que asistiras a conferencias, que aprenderas un pouquiño sobre historia e cultura. Pero o teu non ten remedio, eres unha causa perdida. E só por iso, acabas de entrar na lista de persoas non gratas. Así que, simplemente, ADEUS.

  39. Montepituco”que a idea de “Seprona, Seprona e máis Seprona”, non é nosa, senón da xunta rectora da comunidade de montes (repasa as mensaxes anteriores e non fagas remendos extraños)”

    Si pero quen chamou o seprona agachandose para que non te viramos foches ti e mais os teus amigos.Preferiche iso que vez de usar o dialogo e a boa vontade para solucionar o problema.
    Non me gustou como actuaches ese dia que nos coñecemos.Ainda asi monstreiche a miña parte mais amigable e conciliadora.

    Pero unha vez analizado friamente o acontecido e mais a TITIRITADA que sigues alimentando aqui,non sei con que fin, non me queda mais que mostrarche a miña mais ROTUNDA REPULSA a tua actuacion nese dia e mais a que estas tendo neste blog.
    Pola miña parte dou o tema por finiquitado.

    Arrepintome do acontecido na crono pk non tiña ,e sigo sin ter,a mais minima intencion de molestar e facer daño.Pero tonto non son ,e si me queren joder(falando claro)pois nada a vida e larga e si hay un dios xa me dara a oportunidade de devolverche o favor.

    Saudiños e adeus

    • Pois si, chamamos o Seprona, diso non hai volta atrás. Fixemos exactamente o que tería feito a Comunidade de Montes, pero con varias diferenzas. Para empezar, nós non nos agochamos, como acabas de poñer, senón que quedamos alí e demos a cara, mentres que os directivos da comunidade primeiro terían avisado e inmediatamente despois terían desaparecido. E a estas alturas non me teriades de chivo expiatorio das vosas iras, críticas e mesmo insultos. Quedamos alí, xa o dixemos, porque queriamos corroborar co propio Seprona se a actuación dos pilotos nese espazo era correcta, co cal non tería pasado nada, ou incorrecta aínda que se levara anos consentindo, co cal pasou o que pasou.
      A outra diferenza é que nós levabamos moito tempo avisando de palabra aos motoristas que atopabamos no Alto do Pornedo de que non estaba permitida esa práctica deportiva nese lugar. Que non usamos o diálogo? Mira, falamos con moitos pilotos, uns máis receptivos que outros. A última experiencia fora tan negativa, que nese momento a decisión tomada foi un impulso colectivo, síntoma de que o vaso xa rebasara o límite da tolerancia. Porque dialogando un día, e outro, e outro máis, e o seguinte, sen resultado ningún, pasa factura. E cabrea máis aínda cando, atendendo este chorreo surrealista de comentarios, comprobamos que houbo algún piloto co que chegamos a falar cordialmente e que, tendo na súa man a oportunidade de facervos a todos partícipes da situación, coa simple iniciativa de ter posto unha mensaxe no voso foro, non fixo absolutamente nada, e así chegamos a este extremo lamentable.
      O que eu alimento -cun grande esforzo persoal, por certo- é o meu compromiso cunha causa xusta na que creo: a necesidade de protexer este monte contra a voracidade e a avaricia dos que o queren “vender” por catro patacos a cambio dunha mole de taludes desproporcionados e formigón en cantidades industriais. Unha causa da que vós poderiades ser mesmo partícipes, porque nós quedamos sen monte, pero vós quedades tamén sen terreo para rodar, non solo no espazo concreto do Alto do Pornedo, senón en calquera outro punto próximo en moitas hectáreas. Porque se efectivamente sodes tan defensores do monte, como podedes consentir que o leven por diante as excavadoras, habendo tantos motivos como os que se levan exposto nesta páxina, para conservalo no seu estado natural? U-la vosa coherencia? Sigo pensando que actúas con revanchismo ao verte apoiado polo teu colectivo, así que NADA DE TITIRITADA. Quen lle bota leña ao lume sodes vós, con esta campaña brutal de acoso e derribo, porfiando unha e outra vez nun tema que xa está máis que manido. REPULSA A NOSA pola situación insostible na que se atopa este espazo, e a vosa reticencia a contribuir á súa recuperación buscando outro lugar onde poidades seguir rodando sen molestar a ninguén e sen afectar o patrimonio dos comuneiros.
      Non tiñamos nada persoal contra ti, nin o temos; e nin de lonxe puidemos imaxinar a que nos tiñas montada á volta da esquina e a touro pasado. Pero se te empeñas en buscar vinganza ameazando con “devolverme” (persoalmente a min) o “favor”, ti mesmo. Temos a conciencia do máis tranquilo.

  40. Eu penso que en vez de pelexar tanto por Internet, os afeccionados a facer filigranas coa moto polo monte, poderían aproveitar a coxuntura das eleccións e facer unha manifestación moteira diante dos concellos de Marín e Pontevedra reclamando un circuito para a vosa actividade.
    En moitos lugares de España xa existen.
    O alcalde de Marín tamén é moteiro, sería moi fácil para vós, agora que están ahí as eleccións, convencelo para que vos prometa un circuito dos sentidos ou algo así.
    Tendo en conta que Fran Veiga é un pioneiro especialista en facer que o noso concello teña cousas que aínda non existen no resto de Galicia. E tendo en conta que lle encanta ser amigo da xuventude con inquietudes, téndelo fácil.

    Como sabedes, en Marín temos un goberno bipartito. Os do Bloque xa teñen pensado un circuito para as bicicletas dende o Ecoparque de Cadrto ata pastoriza.
    Estou segura de que o PSOE estaría encantado de contar cos votos da peña moteira prometendo un recunchiño de monte adaptado para a vosa actividade.

    Vedes que fácil?

    • Amiga BreaSeixo, moito me temo que os incisivos participantes neste aluvión de comentarios non “pillan” os teus comentarios irónicos sobre o “circuito dos sentidos” e as ideas super-mega-hiper-vangardistas deste alcalde “pioneiro especialista” en prometer cousas de cumprimento dubidoso. Tendo en conta que Veiga quérese cargar un “mundodediós” de monte para facer un polígono, cábenlle dúas posibilidades: animar aos endureiros a que se fagan trialeiros e cambien a crono monte a través por saltos de talude en talude e de nave en nave; ou ben propoñer un circuito mixto bicis-motos alá no ecoparque, para crear unha hermandade “dos sentidos” entre pedais e tubos de escape.
      Que nunca nos falte o sentido do humor. Graciñas pola visita.

  41. El unico proposito de vosotros los ecologistas de barrio cuando actuais en esta clase de problemas entre comillas, es la de joder al personal y hacerlos participes de vuestra amargadas vidas, ya que si de verdad os preocupaseis por algo , estariais encadenados en alguna obra ilegal o en las obras del ave que estan arrasando nuestra galicia, y no estarias tocando los huevos a un colectivo como es el motorista que se preocupa por los montes, los vigila, limpia y mantiene caminos abiertos, y que ademas no es mas que un deporte.
    Acaso haceis algo para que se dejen de plantar eucaliptos por ejemplo.
    Lo dicho , sois unos amargados asociales.

    • …Outra vaca no millo. Verá vostede, don Víctor: antes de entrar en calquera sitio coma elefante en cacharraría, infórmese do terreo que pisa. Esta NON é a páxina da Asociación pola Defensa da Ría, nin de Verdegaia, nin de Adega, nin de Luita Verde, nin de Adenco, nin de Vaipolorío, nin da Federación Ecoloxista Galega, nin de ningún colectivo ambiental, senón dun grupo de VECIÑOS. Iso para empezar. E aínda que foramos ecoloxistas, estamos no noso lexítimo dereito de defender o monte que é NOSO, comunal, colectivo… capisci? E non temos por que aturar comentarios prepotentes e chulescos de quen nos veña insultar gratuita e alegremente. Aquí hai unha acción: un circuito IRREGULAR nun terreo medio “usurpado” por un colectivo que, sen permiso de ningunha clase, nin da comunidade de montes, nin do Seprona, nin de “cristobendito”, se lía a dar voltas cos seus vehículos, causando un perxuizo grave e perceptible no terreo, na repoboación forestal (de especies frondosas, nada de eucaliptos), nos elementos arqueolóxicos (catalogados, por certo)… e non pasa nada?! A toda acción, séguelle unha reacción: os veciños, cansos da situación, din que xa está ben e que xa é hora de botar man da propiedade e recuperar a zona. E os “okupas” revólvense, por riba.
      Mire, o seu comentario está de máis, despois de TODO o escrito e o discutido con anterioridade. O seu comentario non aporta NADA, é puro RUIDO, e en vez de contribuir a solucionar, só serve para EMBARULLAR. Alá vostede e a súa gradilocuencia “de barrio”. A realidade élle a seguinte: a Comunidade de Montes estivo traballando para nivelar o terreo que estaba totalmente erosionado e máis pronto que tarde o espazo vaise sinalizar con paneis prohibindo a circulación de vehículos. Xa sabemos que non lle fai graza ningunha; váialle protestar á directiva, ou mellor, ao Seprona, ou á Xunta, se tan beneficiosa é a súa presenza no monte. Pistas hai a punta e pala, e a súa presenza sobre rodas será benvidísima nelas, pero non no Alto do Pornedo, por onde non pasa ningún camiño que a vostede lle permita circular legalmente.
      O dito, se non lle gusta, bótelle azucre.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: