O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, vén de contestar o escrito no que DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) lle pide a información que o Concello de Marín se nega sistematicamente a darnos, nunha evidentísima mostra de opacidade e prepotencia por parte do alcalde, Francisco Veiga. O conselleiro exprésase na liña do exposto con anterioridade polo director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Antonio J. Boné, (artigo titulado “CARTA DO IGVS SOBRE O CHAN INDUSTRIAL“) e, sen que pareza que as súas palabras se poidan interpretar nun sentido diferente, afirma o que segue:
“Dentro do plan sectorial de solo empresarial que está elaborando o Goberno de Galicia non hai ningunha previsión ao respecto do emprazamento indicado por vostedes”. (Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas).
Esta frase que, aparentemente non dá lugar a equívocos, e que mesmo sería motivo de ledicia e alivio para os veciños do Monte Pituco, choca de pleno coas declaracións que fixo a candidata do PP á alcaldía de Marín, María Ramallo, nunha entrevista publicada no xornal Faro de Vigo o pasado 27 de febreiro, a propósito do tan traído e levado tema do chan industrial:
“El PP ha sido claro a la hora de hacer su planteamientos de posibles zonas industriales y empresariales en Marín, y que coinciden con las que están planteando a medio plazo por parte de la Xunta en el estudio de zonas industriales para Galicia, que está aprobado, pendiente de estudiar su viabilidad técnica de las zonas propuestas. En Marín son dos las áreas, una que linda con Pontevedra en Pituco y la que linda con Moaña en Cruz da Maceira, en Pastoriza. Hemos peleado porque esta última apareciese en el planeamiento futuro de Marín, al igual que lo contemplan en Moaña, misión que ha sido imposible con este equipo de gobierno. Creo que en un tema tan importante hay que analizar las ventajas e inconvenientes, hay que gestionar iniciativas y generar polos de atracción de industrias y empresas, esperemos que aunque con la crisis que estamos padeciendo no parece un buen momento, sí lo sea para plantear lo que sería nuestro futuro y hacerlo con visión y no como se pretendía”. (María Ramallo, candidata do PP á alcaldía de Marín).
Suponse que un e outro falan do mesmo Marín; nembargantes, as súas versións son diametralmente opostas: unha afirma o que outro desminte. Desautoriza o conselleiro a María Ramallo? Ou míntelle o consellleiro a DEFENDE O MONTE PITUCO? Reafírmanse ámbolos nas súas verbas ou son estas matizables? Tanto custa poñerse de acordo para non dar esa imaxe de bipolaridade, ou é a penas un desliz de Hernández porque non alcanzou a ler a entrevista aludida? Para saír de dúbidas recorreremos a unha terceira fonte de información, por aquilo de desempatar esta fatal contradicción. Ogallá a partida se decantara a prol da versión “tranquilizadora” que ofrece por escrito o conselleiro nesa carta. Mais entre políticos anda o xogo da incipiente campaña electoral, e logo, “onde dixen digo, digo diego”.
…Para cando políticos (de todas as cores, siglas e tendencias) que falen e actúen con honestidade?
entón onde vai colocado o parque industrial recollido no plan e localizado entre marín e pontevedra??????
By: gandalf on 16/03/2011
at 11:21
…Estar ou non estar, that is the question!
By: MontePituco on 16/03/2011
at 11:32
E non será que a documentación do novo PXOM aínda non chegou a mans de Agustín Hernández?
Tende en conta que María Ramallo quéixase precisamente de que o noso equipo de goberno está a retrasar o PXOM todo canto pode e aínda non mandou o noventa por cento da documentación.
E aparte diso, unha cousa é a proposta que se faga dende Marín e outra diferente que a Xunta lla acepte ou non.
Estou seguindo o tema do PXOm de Pontevedra e a Xunta xa lle mandou modificar varias cousas.
By: breaseixo on 16/03/2011
at 17:17
Fiate ti dalgun politico hoxe en dia.
Nin firmando en papel…
By: Lago on 16/03/2011
at 17:56
Vai facer un ano desto que segue a continuación:
https://montepituco.wordpress.com/2010/04/18/relativas-boas-novas/
Así que non o van ter (ou non deberan telo) tan doado, por moito que pidan a desafectación do Pituco do ámbito dos Montes do Morrazo, que “mandatruco” co desleixo e o desapego ao territorio. Cando as Administracións son partidarias de xerar ámbitos de protección urbanística en zonas sensibles, o goberno local de Marín vai contracorrente coa pretensión de arruinar o espazo natural situado xusto por riba da franxa litoral, cun impacto visual brutal en todo o saco da ría, e cunha pendente que a máis de un lle viña ao pelo caer a rebolos por ela para dar coa testa nun cantullo.
By: MontePituco on 16/03/2011
at 19:13
O polígono no Pituco non sólo é irracional, tamén é anti económico.
Hai que ser moi burro para poñer un polígono ahí.
Sinceiramente, non creo que o poñan. Afortunadamente para todos.
By: breaseixo on 17/03/2011
at 08:48
[…] -ALGUÉN MENTE (15 de marzo de 2011) […]
By: PEDINDO A LÚA « DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 05/07/2011
at 17:35