É un home moreno e con barba, de complexión normal, fanado. Atopámolo preto do sendeiro de acceso á “área recreativa” do Monte Pornedo, a carón dunha furgoneta granate. Ao redor del había un boxer macho, novo e con bo aspecto, que axiña nos veu uliscar. Por se acaso, preguntámoslle a ese home se non viría cazar -posto que a tempada rematou a principios de xaneiro- e contestou unicamente cun “non”. Continuamos o noso camiño, pero ese home seguíanos coa ollada; sacou da furgoneta outro can atado cunha correa e, co boxer seguíndoos, foi en sentido contrario ao noso.
Nese percorrido polo monte tivemos ocasión de comprobar o mal estado no que se atopan as pistas e camiños a causa da recente riada e do mal estado de conservación no que estaban os regos. Pasou un coche e tivemos a oportunidade de fotografar as manobras que tivo que facer o condutor para esquivar as fochancas e evitar meter as rodas de onde non as puidera sacar. Grazas a ese impulso foi posible captar casualmente a furgoneta granate dese home (aínda que houbo que ampliar moito a imaxe). Porque, cando voltamos ao punto de inicio do percorrido, o vehículo xa non estaba e o boxer seguía vagando por alí, xusto onde fora abandoado, practicamente diante do noso fuciño.
Impotencia, rabia e frustración foi o que sentimos ante a actitude cruel, cobarde, reprobable e sancionable desa -entre aspas- “persoa”. Sendo moi inxenuos, podiamos concederlle o beneficio da dúbida e pensar que o can se perdeu e que o seu hipotético dono non puido agardar por el no momento de marchar. Pero é pouco probable e, de feito, aumentan a un ritmo alarmante os abandonos de animais: cans, gatos, mascotas exóticas e mesmo burros, tan entrañables no noso rural. Mostra da irresponsabilidade, da insensibilidade e do incivismo que, por desgraza, nos asulaga nos últimos tempos.
Demos en chamarlle cariñosamente ‘Babas’ a este cadelo, porque nos deixou a roupa perdida co seu agarimo canino. Animal afectuoso, xoguetón, dinámico e dócil. Fumos quen de conducilo ata a zona das vivendas pero, chegado un punto, amedrentouse e perdémolo. Voltamos máis tarde por el pero xa non o demos atopamos. E preguntámonos que sorte correría: probablemente lograra chegar a algún dos núcleos habitados e algún nobre veciño ou veciña o adoptara, vendo que tiña un aspecto saudable e que estaba afeito a convivir con persoas. Pero pola nosa tranquilidade, se alguén o ve e quere dar noticia del, agradecidos quedamos.
Grazas á asociación protectora de animais Os Palleiros por orientarnos neste caso e por condear connosco este novo caso de abandono animal que nos encolleu o corazón.
mañá difundo e subo a ollo ó can. noraboa pola páxina
By: vir on 29/01/2011
at 04:10
en ollo ó can http://perrosadopcion.blogspot.com/2011/01/contra-o-abandono-de-animais-de-defende.html
By: vir on 29/01/2011
at 12:27
Moitas grazas, Vir, por visitar a páxina, pola túa participación e pola túa contribución a difundir este caso. A ver se entre todos podemos poñer en evidencia a quen maltrata e “aparca” os animais coma se foran trastos vellos. Un saúdo, e adiante no voso labor tan necesario.
By: MontePituco on 29/01/2011
at 13:16
A algúns matalos era pouco, non me refiro ós animales non, refirome as persoas(por chamarlles dalgun xeito) que abandonan un animal. E en algun dos casos ata os chegan a aforcar ou pegarlles un tiro porque non lle buscan vos conexos ou tuberon un mal ano de caza, ou simplemente porque o can xa pasou de moda.
Un día estabamos cas motos no monte e de repente apareceunos un can ó noso lado, era un can de caza que seguramente habría seguido algun rastro e alexouse do dono(cazador), dixenlles os meus compañeiros que apagaran as motos pa non asustar ó can, collín o can e saqueino daquelas pedras porque non era capaz de salir de ali, leveino a pista e intentei localizar o seu dono xa non solo pa devolverlle o seu can sinon pa decirlle catro palabras, ben e mal ditas, de que si ten un animal que o coide e se preocupe por el. Nada mais chegar a pista, foi pousar o can no chan e votouse a correr entre as silvas sin poder seguilo.
O mellor pensades que son un ignorante ou inocente ou quizas algun pense que son subnormal, pero si me volvo a atopar cun caso como este volverei facer o mesmo.
Vouvos contar outro caso, esto e o que pasa por ir todolos domingos ó monte, que teño cincuenta mil historias pa contar. Estabamos indo por uns camiños, uns amigos mais eu, e de repente atopamonos con cazadores, eu amablemente parei ó lado dun pa preguntarlle por onde iban estar pa non molestalos co ruido das motos. E vai o tipo e dime: “idevos de aqui que esto e un pelijro” coooooomo, e dixenlle: “Amijo: o pelijro sodes vos e mais quen vos deixa andar cunha escopeta na man”. O final como me enfadei tanto co comentario dese home, quedamos en esa zona cas motos.
Outro día cando ibamos para a casa, serían sobre a unha e media do medio dia, atopamonos con un cazador ca escopeta nunha man e unha heineken na outra!!!!!!!! Despois hai accidentes, o raro e que non se produzcan mais.
Outro día seguirei contando anecdotas e cagandome en todo canto hai……..
Eso si: Tolerancia co maltrato de animais = 0
By: rvrey on 05/04/2011
at 13:47
[…] artigo titulado: “Contra o abandono de animais” (28 de xaneiro de […]
By: DÍA DOS DEREITOS DOS ANIMAIS « DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 12/12/2011
at 00:48