…Monte Pituco ♥ gospel…
Adicatoria músico-lúdico-festiva, con todo o agarimo do Monte Pituco -das súas árbores e herbas de toda clase, penedos, regatos, bechos vertebrados e invertebrados- para o fato de pailarocos que porfían en atentar contra a súa vida, a súa historia e o seu futuro.
Xenial. Tes un punto de imaxinación xenial.
Escacho de risa.
Apts
By: Lago on 21/01/2011
at 07:49
Ja Ja Ja
Moi bo
By: breaseixo on 21/01/2011
at 07:59
…Como se soe dicir, puxérono ben “a ghüevo”.
Auguramos unha pre-campaña, unha campaña e unha post-campaña electoral gloriosa, chea de momentos-gospel e momentos-pintorescos que darán pé (e man, e brazo, e pescozo e corpo enteiro) para rir con eles e a conta deles. E doutros que se poñan a tiro.
PD: É de xustiza recoñecer (e mesmo agradecer) á xente de SOS Courel que nos puxera na pista deste simpático video, tan acaído para parodiar as ideas que aplica este Goberno local, sempre a remolque do que se fai por fóra, sen pizca de orixinalidade nin iniciativa propias, malcopiando e malreciclando rollos que xa onde vai quedaron resesos e superados, e vendéndoos como se foran el-no-va-más da innovación.
By: MontePituco on 21/01/2011
at 08:40
A foto do teu blog: Un dia de sol, no Pituco…
DEITADO FRENTE AO MAR. Lingoa proletaria do meu pobo, eu fáloa porque sí, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gaña;. porque me sai de dentro….
By: Lago on 21/01/2011
at 12:42
Velahí vai enteira:
DEITADO FRENTE AO MAR
Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño…
By: Lago on 21/01/2011
at 12:44
Eses versos deberían lelos, asimilalos e practicalos os concelleiros que nos “representan” na Corporación.
En calquera caso, que mellor lugar que o miradoiro do Monte Pituco, haxa sol, nubes ou caian chuzos de punta, para admirar coa ollada esa paisaxe da que renegan os “soberbios”, “ruins” e “estúpidos” dos que fala Celso Emilio Ferreiro. É un pracer impagabel que só apreza os que “agoantan rexamente mentiras e inxusticias de cotío”.
Grazas pola túa visita e polás túas achegas.
By: MontePituco on 21/01/2011
at 23:21